5 mar 2008


Ética e estética.
Pan por Pan mércores 5 marzo

Nos felices anos 20 do século pasado o movemento de liberación da muller asumiu tamén a liberalización do corpo feminino fronte á tiranía da moda e os tabús sexuais. Apostou pola sinxeleza e unha suposta naturalidade, escribe Carme Blanco: un novo modelo de muller delgada, con saia e cabelo curtos, usos máis axeitados para un novo estilo de vida áxil e deportivo. A “nova Eva”, figura andróxina e sen curvas marcadas, co seu cigarro e carné de conducir, que faría popular o cine con actrices como Louise Brooks. O noso poeta Roberto Blanco Torres retratou este modelo de muller, melena curta, pintura nos beizos, ollos de carbón, no seu poema “O cepo”, con certa ironía:

Moi feitiña, eso sí,
moito refinamento:
tés, automóbles, tangos,
e latricar moderno.
Moito aquel por afora,
pero ren por adentro.
¡Ja sei quén eres,
Euménide destes tempos!.

11 comentarios:

  1. Suárez Canal acórdase de Apicultor:

    Medio Rural convoca axudas destinadas á formación de apicultores, programas sanitarios para colmeas e apoio á repoboación de abellas.

    ResponderEliminar
  2. Apicultor non lle é o que se dedica as abellas, senón que foi quen escomenzou sendo o anónimo político-cultural, logo ap-c e agora apicultor.
    En todo caso non estaría demais que se adicaran fondos para fomentalos.
    Tómese un arábigo a miña saúde Api.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas, avogad@.

    Tomarei a súa saúde non un arábigo, porque me tiraría o sono e os soños, senón un rapantiños ben frescos e fritidos de aquí a poucos a minutos.

    Pero antes teño que baixar ao bar de abaixo a procurar dez chapas para a rula-ruliña.

    ResponderEliminar
  4. ¡Quen lle dera a Roberto Blanco Torres unha daquelas seductoras, modernas e divertidas "flappers"!

    ¡Vaiche boa o manido contraste entre exterior e interior, entre corpo e alma, entre aparencia e verdade!

    Nestas uvas, o tío de Blanco Valdés exerce o papel do raposo: "¡Están verdes!"

    ResponderEliminar
  5. Si, a verdade é que o texto é malo de solemnidade. Recoñezámolo.

    ResponderEliminar
  6. Chámolle "texto" porque poema sería moito dicir.

    ResponderEliminar
  7. Non me cabe na cabeza que se poida criticar a unha muller... ¡por guapa!

    Iso xa vai máis alá da misoxinia. É misocalia.

    Misocalia. Creo que acabo de inventar non só unha palabra nova, senón tamén un concepto novo que debería dar moito que falar.

    Como son de natural rumboso, regálollo anonimamante á Filosofía e ás Ciencias Humanas e Sociais.

    ResponderEliminar
  8. E, sen querer, acabo de inventar no post anterior outra palabra, "anonimamante", que podería dar moito xogo neste blog.

    ResponderEliminar
  9. Ostias, Leituga1, debe vir hoxe dun mítin do Touriño, como mínimo. A leituguipedia.

    ResponderEliminar
  10. Eu nunca lle follarei, Arume.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.