25 abr 2008









25 abril, San Marcos
Imaxe: San Marcos,
de Angelo Bronzino.

Nunca celebrei o meu santo, pero sempre hai alguén que me felicita nesas datas. Xa o fixeron no Instituto onte, por adiantado.

Din que foi o autor do segundo Evanxeo e teño entendido que o teñen por protección os notarios, ópticos, vidreiros, educadores (aquí si que me toca) e intérpretes (Santos. Diccionarios del Arte, Electa 2002).
(Escoitei algunha vez que tamén os xornalistas, estou errado?)

20 comentarios:

  1. Saint Mark the Evangelist

    Also known as
    John Mark
    Memorial
    25 April
    Profile
    Believed to be the young man who ran away when Jesus was arrested (Mark 14:51-52), and the "John whose other name was Mark" (Acts 12:25). Disciple of Saint Peter who travelled with him to Rome, and was referred to as "my son Mark" by the first Pope. Author of the earliest canonical Gospel. Travelled with his cousin Saint Barnabas, and with Saint Paul through Cyprus. Evangelized in Alexandria, established the Church there, and founded the first famous Christian school.
    Died
    martyred 25 April 68 at Alexandria; relics at Venice, Italy
    Name Meaning
    God is gracious; gift of God (John)
    Patronage
    against impenitence
    against struma
    attorneys
    barristers
    captives
    Creazzo, Italy
    Egypt
    glaziers
    imprisoned people
    Infanta, Philippines, prelature of insect bites
    Ionian Islands
    lawyers
    lions
    notaries
    prisoners
    scrofulous diseases
    stained glass workers
    struma patients
    Venice, Florida, diocese of
    Venice, Italy
    Representation
    lion
    lion in the desert
    bishop on a throne decorated with lions
    man helping Venetian sailors
    man holding a book with pax tibi Marce written on it
    man holding a palm and book
    man with a book or scroll accompanied by a winged lion
    man with a halter around his neck
    man writing or holding his gospel
    rescuing Christian slaves from Saracens
    winged lion
    Fonte

    ResponderEliminar
  2. Teña boa onomástica, dilecto anfitrión.

    ResponderEliminar
  3. Feliz celebración no día da súa onomástica, Marcos.

    ResponderEliminar
  4. Dos xornalistas non era San Francisco de Sales, que se festexa o 24 de xaneiro? Con santo ou sen el, pase un feliz día. E beba un grolo de viño na honra do evanxelista de prosa máis simple e final máis impactante.

    ResponderEliminar
  5. Sen ánimo de ofender, pero cada 25 de avril tenho na fronte unha estrela e no bico un cantar, espértanme uns pasos que cada vez chegan máis preto e unha voze moi cálida aviva no meu corazón un pálpito sempre novo e ilusionado, síntese dende o máis mainiño...
    Grândola, vila morena; Terra da fraternidade; O povo é quem mais ordena; Dentro de tí, a cidade...

    ResponderEliminar
  6. Sen dúbida, o último comunicante falou tamén por min. Seguramente, ao anfitrión non o había disgustar, como agasallo, un caravel.

    ResponderEliminar
  7. Parabéns pola onomástica, don Marcos. E que teña moitos agasallos.

    ResponderEliminar
  8. Non, creo que S.Francisco de Sales é o patrón dos boticarios. Ai,non!!. Ése é "S.Frasquito de Sales". E o dos chóferes, creo que é "San Frenando".

    ResponderEliminar
  9. Estou pensando en facer unha sección fixa de HAXIOGRAFÍA: seguro que nela saen algúns santos-onomásticos de persoas que coñecen ben ...

    ResponderEliminar
  10. 25 de abril: Dia della Liberazione in Italia.

    ResponderEliminar
  11. Parabéns, etc, aínda que eu non creo nos santos, e menos nos vivos (e nas santas moito menos).

    Se algún día ten pensado, coma min, "to go underground" na internet, vaia pensando neste nique: "Marcos das leiras". A partir de aí, a xente se preguntará: "O das Leiras será ou non será o Marcos de Auria?"

    ResponderEliminar
  12. Sr. Arume, non será verdade o que me contaron hoxe, que Vde. anda a dicir por aí que descence por liña matrilineal do aristócrata (príncipe) italiano que prendeu Mussolini ao pé daquel túnel, na raia entre a Italia e a Suíza.
    Non será certo.
    Ou si???

    Cumprimentos cautelosos para si.-

    ResponderEliminar
  13. Sinto defraudalo: eu son herdeiro por vía materna dun Martini, fillo do grande Alessandro, fundador con Luigi Rossi do emporio do vermú, quen emigrou á Seca en Valladolid aló pola segunda mitade do século XIX, despois de saber que os fillos de Rossi quedaran co negocio. Alí coñeceu, entre filosera e filosera, a miña bisaboa. E así ata o de agora.
    Vostede ao mellor confunde ese Martini co que colleu á Petacci (Chiaretta, amore, Chiaretta, berraba Benito) polo brazo ata levala á cuneta da estrada que leva a Giulino di Mezzegra no lago di COmo. Foi el, asimesmo, o que meteu o corpo no maleteiro ata pendurala no Piazzale Loreto boca e saias para abaixo en Milano. Pero ese é doutra ponla, non menos heroica ca do meu bisabó.

    ResponderEliminar
  14. Moi bonito o día de Portugal aquí en Vigo, celebrado cun atasco monumental (sempre que escribimos atasco sae o adxectivo monumental: por qué será?) desde hai varios anos.

    ResponderEliminar
  15. Clara Petacci á que, non obstante, lle recolleron recatadamente a saia para que cando pendurase boca abaixo no Piazzale Loreto non se lle visen as súas partes íntimas. Cfr. a célebre foto da circunstancia.

    ResponderEliminar
  16. Sei agora do teu santo, compañeiro. Pois, se non é tarde, felicidades.

    ¡Tamén é casualidade que sexa un 25 de abril, memoria dos cravos en Portugal! ¿Onde van aquelas férias?

    ¡Que teñas un bo día e que che regalen moitos e interesantes libros!

    ResponderEliminar
  17. ESta vai pra o Marcos. Con retraso, pero o que importa é a intención:As mañanciñas.

    ResponderEliminar
  18. Que pena non estar por aí.Desta non Mencía e sí CHAMPAN
    Parabens.
    Trebi

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.