25 abr 2008


axenda: Os perfis galegos de Carmen Martín Gaite

Presentación do libro "Los Perfiles Gallegos de Carmen Martín Gaite" e homenaxe literaria. Na Casa da Cultura de Allariz ás 20.30h. Con intervencións de Teresa Devesa, concelleira de Cultura; David González Couso, autor do libro; Ana Mª Martín Gaite, escritora do prólogo; Mauricio Rodríguez, editor de Procompal Publicaciones. A seguir, lectura de anacos da obra acompañados por temas musicais: Lectura: José Teruel Benavente, profesor da UAM - Interpretación: Clara Jensen (soprano); Laura González (piano). Durante o acto proxección de fotografías de Carmen Martín Gaite.

24 comentarios:

  1. O Victor Campio fixo a mili con Sánchez Ferlosio.E levóulle, de parte del, algún recado á Carmen Gaite, moza do escritor entón, cando salía de permiso.

    ResponderEliminar
  2. Baixo o Sol do Magreb.......

    ResponderEliminar
  3. Encontro de menos o sr. Leituga One e a señorita Doniña.

    ResponderEliminar
  4. E tamén un dos anónimos.

    ResponderEliminar
  5. Eu tamén boto de menos ao amigo Leituga 1, que hai xa ben días que non pasa por aquí. Supoño que andará de xira polas Europas e que, en breve, ha vir de novo.

    ResponderEliminar
  6. O Leituga achégase sobre todo nas fins de semana. Pero sempre é ben recibido cos seus interesantes comentarios.

    ResponderEliminar
  7. Don Marcos:

    Con quen hai que falar para que a srta. Doniña regrese para o foro???

    Rouco Varela??

    Srta. Condoleezza Rice??

    Darth Vader??

    Gayoso??

    Baltar??

    Mick Jagger??

    Super-Piñeiro??

    Jiménez Losantos??

    Bin Laden??

    A conselleira Caride??

    A tía Lutgarda??

    Diga, diga, don Marcos, que mao será que non cheguemos onde fixer falta.

    Saúdos.-

    ResponderEliminar
  8. Señor Medela de Lobeira, Doniña mudou de alcume, como eu mesmo mudei de alcume, de Anónimo para Anónimo, para que non dea con nós. Xogar ao despiste, chámase iso.

    ResponderEliminar
  9. A dona é móbile, inapreixable, escorregadiza.

    O uomo é o perseguidor, o can de caza contente de seguir o rastro, non atopar nada e lamber as feridas en agardando unha próxima batida.

    ResponderEliminar
  10. Un lince, que lince é Arume !

    ResponderEliminar
  11. Arume, lince, eu o que estou falto é de vitamina X. Que me recomendas?

    ResponderEliminar
  12. Lamento non poder estar por Allariz. O mismo que por o Couto Mixto.
    A Coruña reclamoume.
    Saudos/Trebi

    ResponderEliminar
  13. O principal consello: evitar Barra ou similares. A lívido baixa en picado (o chiste está doado: quen se atreve?) ao contemplarmos conselleiros, alcadesas e cargos públicos (sic).
    Recomendan as revistas francesas a contemplación de Caterina Murino, a "bomba sarda". Non vou negarlles fiabilidade a tales xornalistas. Entre os/as que prefiren os homes, un repasiño a Alessio Boni pode valer para este sábado bastante quente.

    ResponderEliminar
  14. Arume, obrigado pola quentura (ou agarimo) do consello. Probarei con "a bomba sardónica", a ver se produce na miña "lívido" os efectos desexados e a "Barra" adquire as proporcións vitamínicas que lle son propias.

    ResponderEliminar
  15. Non, Arume, falto de vitaminas por outros motivos, aínda que lle agradezo os consellos que lle dedicou aos simpáticos anónimos: se cadra algún día me virán ben.
    Teña bo día.

    ResponderEliminar
  16. Igualmente. Estou a facer unhas tortillas aux fines herbes (;) que son afrodisíacas, todo hai que dicilo) para ir á praia pasar un pouco d frío porque a verdade é que está comezando a nublarse. Pero en fin. A pasalo ben.

    ResponderEliminar
  17. Homenaje a la escritora salmantina: Allariz recordó ayer los vínculos gallegos de Carmen Martín Gaite: Nación en Salamanca, murió en Madrid, pero pasó los veranos de su infancia en la aldea de San Lorenzo de Piñor, a cinco kilómetros de Orense. La Casa de la Cultura del Concello de Allariz celebró ayer por la tarde un homenaje literario- cultural a la escritora en el que también participó Ana María Martín Gaite (Tribuna de Salamanca, 27 de abril de 2008, crónica de Angélica Corral)

    ResponderEliminar
  18. Señor Arume, espero que a sua xornada na praia transcurra con toda a normalidade e non se vexa alterada pola inoportuna presencia dun MONOLITO VITAMÍNICO emerxendo da area, fruto dos seus sabios e "bombónicos" consellos. Páseo ben e, en caso de sorpresa, non se espante.

    ResponderEliminar
  19. ¿Samil? ¿Praia América?

    ResponderEliminar
  20. Anónimo, o Señor Arume é un home moi lido e as praias que acostuma frecuentar son praias de ficción, como a de CHESIL BEACH, de Ian McEwan. E se non me cré, xa verá como el mesmo llo confirma cando veña por aquí.

    ResponderEliminar
  21. Estimado anónimo anterior: dada la condición "italianizante" del Sr. Arume dos Piñeiros, pensaba en la opción de Frégene.......

    ResponderEliminar
  22. Ducks Beach, ou a Spiaggia dei Parruli.

    En todo caso, non se referirá vostede co do monolito vitamínico a conselleira de Ordenación do territorio que por alí andaba? Que manda carallo a miña premonición de onte.

    ResponderEliminar
  23. Agradécense moito as lembranzas. Se non entro máis é porque ando con algo de chollo e o trebello este do blog entretenme sempre máis do que pretendo. Unha aperta para todos.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.