26 abr 2008


FÍO MUSICAL (2): GUSTAVO PEAGUDA.


Nunha tarde soleada do mes de xaneiro en Compostela comprendín definitivamente que é un creador. Esto sucedeu cando vin un DVD dun concierto de Miles Davis na illa de Wight. Este en resposta a unha pregunta dos organizadores dixo que chamaran a súa musica "call it anything".

Despois anotei no meu caderno estes versos imprevistos:

OS TROMPETISTAS DA NADA
“Todo lo mas perfecto de tus poemas es nada” (José Asunción Silva)

Os trompetistas da nada
viaxan polo tempo inútil
á procura do verso con melodía.
Saben eles que o poema sempre é afogado
polos poetas que viven en voz baixa nas augas puras do Leteo?.
Nota: chegaron xa, atendendo á miña petición do pasado sábado, varias recomendacións para o Fío Musical Permanente. As de G. Peaguda, Xabimusic e Xoán da Coba. Dareilles saída hoxe a todas: estean ben atentos/as !!!

7 comentarios:

  1. Non me chista a fusión. É dicir, o que veu despois de "In a Silent Way". Cuestión de gustos.

    ResponderEliminar
  2. Esta sección promete facer historia. De novo, atentos/as os/as do sistema literario galego.

    ResponderEliminar
  3. Joer, empezamos forte, có listón no alto de todo.

    ResponderEliminar
  4. "No se me arrugue", amigo XDC. Menos mal que xa mandou o seu. Como captatio benevolentiae, non está mal. Preparando o terreo para a vindeira semán.

    ResponderEliminar
  5. Eu mandéi un escrito, pero ningunha recomendación, Arume. XDD.

    ResponderEliminar
  6. ¿Outra volta de porca á vella disputa entre música e palabra?
    Durante séculos foi unha "querella" clásica. Case poderiamos revisar a historia da música á luz deste debate: ¿cal das dúas ostenta a primacía?

    Eu, persoalmente, quédome coa música das palabras e "chámalle como queiras"

    ResponderEliminar
  7. Teño que porme con estes fio musicais, pero agora ando moi ocupado, agardo poder adicarlle tempo a partires do mércores.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.