3 abr 2008


Facendo memoria...
(Foto Pepe Trebolle)

Facendo memoria, reconstrúo os nomes dos que colaboraron na xénese do Roteiro A Esmorga de Blanco Amor, a mediados dos 90 (excusas se esquecín a alguén, aínda se pode corrixir).
A minihistoria do Roteiro xa está na Ourensanía, na súa imaxe e entrada 120. Concello de Ourense e Deputación colaboraron tamén nesa andaina.

8 comentarios:

  1. A placa da foto é a que está no Calexón de Pena Vixía.
    Que ben quedaría sen eses horribles cableados!!!...
    por se escoita algún concelleiro.

    ResponderEliminar
  2. A quen lle hai que tirar das orellas é ao Trebolle. Calquer manual de fotografía di que hai que evitar encadres de cables, de contedores de lixo, ou de xente ao lonxe. É broma é. Non se me "pique"!. XDDD.

    ResponderEliminar
  3. Eu non sei cómo nos cascos vellos das cidades non teñen o proxecto definitivo de agochar todos eses cables. Eu creo que a Trebolle faríalle falta un photoshop porque é imposible non sacar un cable nunha foto destas.

    ResponderEliminar
  4. Grazas, don Etxe, polo traballo que levou a medir a contorna da muralla de Lugo.

    Sabía? Lugo paréceme unha cidade fascinante, tal vez a que máis me goste do Reino dos Suevos.

    E máis outra preguntiña: Sabía por un acaso como é que se chamaba un filme, realizado na década de setenta ou oitenta, sobre un norteamericano fichado polo club de baloncesto local, o Breogán, e as vicisitudes do individuo este en Lugo??

    Non dou encontrado o título. E non sei onde é que a vin.

    Saúdos tamén para don Xaime.

    Grazas.-

    ResponderEliminar
  5. Esta noite soñéi que unhos mestres, no futuro, facían un roteiro por internet, cós seus pupilos, percorrendo o blogomillo, seguindo as pegadas de Apicultor, Marcel Swann,Xaime,Etxe,Arume dos piñeiros,XM Glz,etc. O Concello de entón ( entidade puramente virtual) fora colocando unhos "banners" conmemorativos en cada unha das webs significativas.

    ResponderEliminar
  6. Interesante reflexión, XDC. Como serán os testemuños para os historiadores do futuro, se é que aínda houbese tal cousa?
    Só haberá xa Documentos Virtuais?
    Como se conservarán? Como saberán dentro de 50 anos quen era o Apicultor, o XDC, o M.Swan, Arume, Xaime, Etxe, Leituga, Doniña, etc.? Como nos xulgarán dende o estilo desenfadado dun blog?

    ResponderEliminar
  7. A mín preferiría que me lembraran por ser un bon bebedor de Rioxa. Ë coña.

    D. Julio, a película é " La Vieja Música".

    Bon día a todos e a todas ( hai que ir preparando as autonómicas).

    ResponderEliminar
  8. Medela: a película é La vieja música (1985). Actuaba nela, en efecto, o daquela xogador breoganista Jimmy Wright, pero a historia centrábase na figura dun adestrador -interpretado por Federico Luppi- chegado a Lugo con interese ben distinto ao de adestrar.

    Como usuario didáctico, o meu agradecemento pola Ruta d' A esmorga. E desexo de boa fin de semana, no meu caso realmente cargada.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.