10 abr 2008

Icona Ourensanía

Dende hoxe e, como sempre, gracias ó amigo Xulio Outumuro, teñen vostedes na dereita da pantalla unha fermosa icona que nos remite directamente á Ourensanía, o arquivo de fotos ourensás das Uvas.
Neste momento anda polas 163 catalogadas: só abrimos hai 15 días, non está mal, non?

5 comentarios:

  1. Parabén.Logo será un Arquivo de REFERENCIA no Noso País.
    Trebi

    ResponderEliminar
  2. Non fói onte. 5 anos pasaron¡:Marcos prentóu no Liceo o Libro"Meniño morreu" de Luís Manuel García Mañá.
    Fedellando vín a nota/Dedicatoria no Libro de G. Mañá:Para o benquerido amigo Pepe Trebolle, con aperta de amigo
    Vigo,4/04/20038 (No C.Ingles de Vigo).
    No Liceo o día 10 collin a firma para meu sobriño. Terá Marcos algunha foto...
    Trebi

    ResponderEliminar
  3. Cada vez que se use a palabra "icona" hai qeu dicir, con perdón.
    Lembremos que os portugueses din "icone",que din desodorizante "Rexina" ou non existe o "opel ascona".
    Hai cousas que van máis alá da lingua e que teñen que ver coa cabeciña ou sentidiño, qeu diría Albor.

    ResponderEliminar
  4. Moi certo amigo Etxe, un meu convenciño tatexo el, para xurar remediábase co socorrido do "me me me...cago nicona" (con perdón pois).

    ResponderEliminar
  5. Había un mestre que, cada vez que decía "cateto" explicando un problema de xeometría, decía "con todo o respeto".
    E había outro mestre, no instituto do Monxardín,que á "regla de tres" chamáballe "regla dos orelludos".

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.