10 abr 2008

Panteras negras.
Pan por Pan xoves 10 abril.
Imaxe: J.F.Kennedy.

Sigamos coa negritude. Dende os 60 do século XX houbo máis movementos radicais e revolucionarios no mundo da negritude. Stokeley Carmichael acuñou o concepto de Poder Negro (Black Power). E xa moi logo en 1966 fundouse en Oakland, California, o movemento dos Panteras Negras, liderado nalgunha etapa por Huey P. Newton, Boby Seale e Eldridge Cleaver (aínda que logo fosen expulsados os tres da organización). Todos estes grupos eran tamén antiimperialistas, non refugaban a violencia e chegaron a propoñer un Estado negro separado dos brancos. Malcom X defendía tamén un xeito de emigración cultural, filosófica e psicolóxica a África en busca das raíces que nos Estados Unidos non encontraban. Pero tamén debía ser un pouco brután: cando foi asasinado o presidente Kennedy, publicou un artigo na prensa titulado “O que a fai, págaa”.

6 comentarios:

  1. en galego escríbese 'pantera', non 'panteira'

    ResponderEliminar
  2. Corrixido xa, graciñas polo aviso.
    sinto ter contribuído á difusión dese hipergaleguismo.

    ResponderEliminar
  3. Erros dese tipo -e doutros- temos todos moitos.

    Hoxe mesmo, por exemplo, creo que entendín ben a diferencia de uso gañar/ganar, que eu case sempre empregaba mal.

    Sempre hai que estar aprendendo, xaora.

    ResponderEliminar
  4. Ten algo que ver cos diferentes verbos ingleses "earn" e "win",Apicultor?. Cal é cal?.

    ResponderEliminar
  5. Gañar é sinónimo de vencer: gañou o Celta 1 - 0, ou de conseguir ou obter: gañou vinte mil euros.

    Ganar, no outro sentido, é sinónimo de desexo, e só podería conxugarse en perífrases: teño ganas de ir a Lugo. A ganas de comer caldo son enormes.

    Por se sirve de algo.

    ResponderEliminar
  6. O Xetafe gañou moralmente a eliminatoria de onte. Mais quedou coas ganas de acceder á semifinal.

    ¿Vale?

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.