18 abr 2008


para golosos e golosas,
cando veñades por Auria
(Fina Rei, rúa da Paz. Foto Trebolle)


Esoutro día leveille á muller uns anacos de chocolate de Allariz
e semella que aínda me saben no padal.

29 comentarios:

  1. Leváchesllos a María pero coméchelos ("aínda me saben no padal") ti, larpeirán. Así calquera. En fin, a ver se che mando un día destes unhas pedriñas chocolateiras de Santiago. Apertas.
    Modesto Fraga

    ResponderEliminar
  2. Comunícanme que lle caeron cinco anos ao Benigno Moure. Contrastar.

    ResponderEliminar
  3. http://www.vieiros.com/nova/65983/condenado-a-cinco-anos-de-carcere-o-crego-benigno-moure
    Poís sí

    ResponderEliminar
  4. Ver a un crego amigo do alleo no caldeiro, qué queren que lles diga, cáusame un gran pracer.

    ResponderEliminar
  5. Beni Mouré este caldeiro
    es para ti.
    (Ritmo de Guajira)

    ResponderEliminar
  6. PARA XOÁN DA COBA:
    tiven hoxe chamada dunha amiga xornalista que estudou con vostede, segundo vostede mesmo declarou noutro post.
    É unha nova admiradora das súas mensaxes, xa fascinada pola súa personalidade ignota: Isabel Bugallo.

    ResponderEliminar
  7. Xa que estamos nun post gastronómica que me poden dicir da polémica entre pulpo e polbo. Esa si que é polémica e non a da vivenda.

    ResponderEliminar
  8. Ese si que é un verdadeiro caso de insubmisión civil (Thoureau mediante). O do "pulpo", refírome.

    ResponderEliminar
  9. PUlpo-polbo:
    TAN SURREALISTA COMO O PROPIO PAÍS NO QUE VIVIMOS. E un alcalde socialista chamando á insumisión na denominación lingüística, mesmo aducindo que ten un documento medieval e non sei qué... País!!!, que diría o Forges.
    Alguén vai deixar de ir comer o POLBO ó Carballiño por este tema? Non sei os de Galicia Bilingüe: ó mellor ata se reprimen... Peor para eles.

    ResponderEliminar
  10. APICULTOR, escribimos xuntos, ó mesmo tempo e acuñndo o mesmo concepto (Insubmisión): ata van pensar que é vostede un heterónimo meu... Non é o caso, non. Por certo, quen vostede xa sabe sacou bo proveito do libro dos Nacionalismos que nos deixou.

    ResponderEliminar
  11. Comprenda, don Marcos, que que lle "impoñan" (sic.) a un unha palabra é un flagrante atentado contra a sacrosanta liberdade lingüística. E, xa se sabe, coas cousas de comer non se xoga.

    ResponderEliminar
  12. Pois algún que outro libro desa temática aínda lle teño. Se os necesita, están ao seu dispor.

    ResponderEliminar
  13. En Calvos de Randín dise "PULBO" (sic).-

    ResponderEliminar
  14. Xa o dicía o outro: "Somos gallegos y no nos entendemos". A quen se lle ocurre o de pulpo/polbo/pulbo?

    ResponderEliminar
  15. BOTO EN FALTA a Xosé M. González e os seus moitos saberes na nosa lingua: ese home sempre a traballar... Non poña tantos exames, home!!

    ResponderEliminar
  16. Eu agora de boa gaña lle comía un deses chocolates negros que recubren pasas e noces como os que me trouxeron unha vez da tenda tan selecta de Fina Rei. Foi deses dos que comeu vostede, don Marcos?

    ResponderEliminar
  17. eses mesmos,pasas e noces, os meus preferidos
    hainos tamén de améndoas e moitas máis cousas, para todos os gustos
    (espero que despois desta propaganda me manden a casa unha caixa de chocolates... pero non creo, o Monxardín segue agardando polo Citroen de agasallo...)

    ResponderEliminar
  18. Pois para abrirlle boca direille que agora mesmiño remato de comer fresas recubertas de chocolate artesanal fundido e quente: de morte!

    (Trátanme coma un rei... cando son bo)

    ResponderEliminar
  19. Eu xa fai días que voto en falta ao XM Glz. Igual se enfadóu conmigo, por algo...

    ResponderEliminar
  20. Xa recibín chamada telefónica desa periodista amiga, Marcos. Grazas polo aviso. "Cachóume" rápido, a "condanada". XD.

    ResponderEliminar
  21. Se houbera que votar eu votaría por "polbo". Non sei por qué.

    ResponderEliminar
  22. Pois en Baiona, os meus amigos mariñeiros solo lles oín decir PULPO.
    Eu seguirei tratando de pescar algún,(Ahorta moi poucos) par invítalos, pois larpeiros por esta casa andamos alguns. Hoxe non vou poñer nomes
    Trebi

    ResponderEliminar
  23. Pois na ría de Pontevedra, sendo servidor de moi tenra idade, oiulle dicir a un mariñeiro. Oes ti, Xosé, botallé un polbo eiquí na cona á miña María (cona=dorna)e así ad infinitum, agora que se volven levar tanto os latíns

    ResponderEliminar
  24. Saúdos para don Trebi, e grazas.

    ResponderEliminar
  25. No Grove aínda se pode ver algunha "dorna polbeira"

    ResponderEliminar
  26. Na foto, abaixo á esquerda, hai unha botella do delicioso viño húngaro de sobremesa Oremus, que lles recomendo vivamente, sobre todo moi frío. De feito, agora mesmo voume poñer unha copa á saúde de todos vostedes.

    ResponderEliminar
  27. Vou rápidamente a mercala, antes de que a colla outro. Fungando.

    ResponderEliminar
  28. Para :Apicultor e xdc, que me dicen do "Licor de Merda"
    Igual aparece foto para identificar'
    TREBI

    ResponderEliminar
  29. Ben bó que está, Trebi. Ben bó. Aiquí está a etiqueta, por se a queren imprimir pra algunha "garrafa":PREMER.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.