Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
18 abr 2008
para golosos e golosas,
cando veñades por Auria
(Fina Rei, rúa da Paz. Foto Trebolle)
Esoutro día leveille á muller uns anacos de chocolate de Allariz
Leváchesllos a María pero coméchelos ("aínda me saben no padal") ti, larpeirán. Así calquera. En fin, a ver se che mando un día destes unhas pedriñas chocolateiras de Santiago. Apertas. Modesto Fraga
PARA XOÁN DA COBA: tiven hoxe chamada dunha amiga xornalista que estudou con vostede, segundo vostede mesmo declarou noutro post. É unha nova admiradora das súas mensaxes, xa fascinada pola súa personalidade ignota: Isabel Bugallo.
PUlpo-polbo: TAN SURREALISTA COMO O PROPIO PAÍS NO QUE VIVIMOS. E un alcalde socialista chamando á insumisión na denominación lingüística, mesmo aducindo que ten un documento medieval e non sei qué... País!!!, que diría o Forges. Alguén vai deixar de ir comer o POLBO ó Carballiño por este tema? Non sei os de Galicia Bilingüe: ó mellor ata se reprimen... Peor para eles.
APICULTOR, escribimos xuntos, ó mesmo tempo e acuñndo o mesmo concepto (Insubmisión): ata van pensar que é vostede un heterónimo meu... Non é o caso, non. Por certo, quen vostede xa sabe sacou bo proveito do libro dos Nacionalismos que nos deixou.
Comprenda, don Marcos, que que lle "impoñan" (sic.) a un unha palabra é un flagrante atentado contra a sacrosanta liberdade lingüística. E, xa se sabe, coas cousas de comer non se xoga.
Eu agora de boa gaña lle comía un deses chocolates negros que recubren pasas e noces como os que me trouxeron unha vez da tenda tan selecta de Fina Rei. Foi deses dos que comeu vostede, don Marcos?
eses mesmos,pasas e noces, os meus preferidos hainos tamén de améndoas e moitas máis cousas, para todos os gustos (espero que despois desta propaganda me manden a casa unha caixa de chocolates... pero non creo, o Monxardín segue agardando polo Citroen de agasallo...)
Pois en Baiona, os meus amigos mariñeiros solo lles oín decir PULPO. Eu seguirei tratando de pescar algún,(Ahorta moi poucos) par invítalos, pois larpeiros por esta casa andamos alguns. Hoxe non vou poñer nomes Trebi
Pois na ría de Pontevedra, sendo servidor de moi tenra idade, oiulle dicir a un mariñeiro. Oes ti, Xosé, botallé un polbo eiquí na cona á miña María (cona=dorna)e así ad infinitum, agora que se volven levar tanto os latíns
Na foto, abaixo á esquerda, hai unha botella do delicioso viño húngaro de sobremesa Oremus, que lles recomendo vivamente, sobre todo moi frío. De feito, agora mesmo voume poñer unha copa á saúde de todos vostedes.
Graciñas por faceres comentarios. Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog. De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.
Leváchesllos a María pero coméchelos ("aínda me saben no padal") ti, larpeirán. Así calquera. En fin, a ver se che mando un día destes unhas pedriñas chocolateiras de Santiago. Apertas.
ResponderEliminarModesto Fraga
Comunícanme que lle caeron cinco anos ao Benigno Moure. Contrastar.
ResponderEliminarhttp://www.vieiros.com/nova/65983/condenado-a-cinco-anos-de-carcere-o-crego-benigno-moure
ResponderEliminarPoís sí
Ver a un crego amigo do alleo no caldeiro, qué queren que lles diga, cáusame un gran pracer.
ResponderEliminarBeni Mouré este caldeiro
ResponderEliminares para ti.
(Ritmo de Guajira)
PARA XOÁN DA COBA:
ResponderEliminartiven hoxe chamada dunha amiga xornalista que estudou con vostede, segundo vostede mesmo declarou noutro post.
É unha nova admiradora das súas mensaxes, xa fascinada pola súa personalidade ignota: Isabel Bugallo.
Xa que estamos nun post gastronómica que me poden dicir da polémica entre pulpo e polbo. Esa si que é polémica e non a da vivenda.
ResponderEliminarEse si que é un verdadeiro caso de insubmisión civil (Thoureau mediante). O do "pulpo", refírome.
ResponderEliminarPUlpo-polbo:
ResponderEliminarTAN SURREALISTA COMO O PROPIO PAÍS NO QUE VIVIMOS. E un alcalde socialista chamando á insumisión na denominación lingüística, mesmo aducindo que ten un documento medieval e non sei qué... País!!!, que diría o Forges.
Alguén vai deixar de ir comer o POLBO ó Carballiño por este tema? Non sei os de Galicia Bilingüe: ó mellor ata se reprimen... Peor para eles.
APICULTOR, escribimos xuntos, ó mesmo tempo e acuñndo o mesmo concepto (Insubmisión): ata van pensar que é vostede un heterónimo meu... Non é o caso, non. Por certo, quen vostede xa sabe sacou bo proveito do libro dos Nacionalismos que nos deixou.
ResponderEliminarComprenda, don Marcos, que que lle "impoñan" (sic.) a un unha palabra é un flagrante atentado contra a sacrosanta liberdade lingüística. E, xa se sabe, coas cousas de comer non se xoga.
ResponderEliminarPois algún que outro libro desa temática aínda lle teño. Se os necesita, están ao seu dispor.
ResponderEliminarEn Calvos de Randín dise "PULBO" (sic).-
ResponderEliminarXa o dicía o outro: "Somos gallegos y no nos entendemos". A quen se lle ocurre o de pulpo/polbo/pulbo?
ResponderEliminarBOTO EN FALTA a Xosé M. González e os seus moitos saberes na nosa lingua: ese home sempre a traballar... Non poña tantos exames, home!!
ResponderEliminarEu agora de boa gaña lle comía un deses chocolates negros que recubren pasas e noces como os que me trouxeron unha vez da tenda tan selecta de Fina Rei. Foi deses dos que comeu vostede, don Marcos?
ResponderEliminareses mesmos,pasas e noces, os meus preferidos
ResponderEliminarhainos tamén de améndoas e moitas máis cousas, para todos os gustos
(espero que despois desta propaganda me manden a casa unha caixa de chocolates... pero non creo, o Monxardín segue agardando polo Citroen de agasallo...)
Pois para abrirlle boca direille que agora mesmiño remato de comer fresas recubertas de chocolate artesanal fundido e quente: de morte!
ResponderEliminar(Trátanme coma un rei... cando son bo)
Eu xa fai días que voto en falta ao XM Glz. Igual se enfadóu conmigo, por algo...
ResponderEliminarXa recibín chamada telefónica desa periodista amiga, Marcos. Grazas polo aviso. "Cachóume" rápido, a "condanada". XD.
ResponderEliminarSe houbera que votar eu votaría por "polbo". Non sei por qué.
ResponderEliminarPois en Baiona, os meus amigos mariñeiros solo lles oín decir PULPO.
ResponderEliminarEu seguirei tratando de pescar algún,(Ahorta moi poucos) par invítalos, pois larpeiros por esta casa andamos alguns. Hoxe non vou poñer nomes
Trebi
Pois na ría de Pontevedra, sendo servidor de moi tenra idade, oiulle dicir a un mariñeiro. Oes ti, Xosé, botallé un polbo eiquí na cona á miña María (cona=dorna)e así ad infinitum, agora que se volven levar tanto os latíns
ResponderEliminarSaúdos para don Trebi, e grazas.
ResponderEliminarNo Grove aínda se pode ver algunha "dorna polbeira"
ResponderEliminarNa foto, abaixo á esquerda, hai unha botella do delicioso viño húngaro de sobremesa Oremus, que lles recomendo vivamente, sobre todo moi frío. De feito, agora mesmo voume poñer unha copa á saúde de todos vostedes.
ResponderEliminarVou rápidamente a mercala, antes de que a colla outro. Fungando.
ResponderEliminarPara :Apicultor e xdc, que me dicen do "Licor de Merda"
ResponderEliminarIgual aparece foto para identificar'
TREBI
Ben bó que está, Trebi. Ben bó. Aiquí está a etiqueta, por se a queren imprimir pra algunha "garrafa":PREMER.
ResponderEliminar