18 may 2008


Crónicas desde Madrid: Zapatero evita a foto co BNG ata as eleccións (LVG 18 maio 08)
O Bloque teme que Touriño intente gobernar en solitario a partir do 2009. (Gonzalo Bareño)
Un artigo interesante sobre as estratexias ante as próximas autonómicas.

7 comentarios:

  1. Interesante artigo, sen dúbida.

    Pero, non é por nada, pero eu xa dixera algo semellante co gallo das eleccións xerais: que a estratexia do BNG de presentarse como "decisivo" en Madrid dependía de elementos externos que o propio Bloque non podía controlar.

    A mensaxe valeulle para resistir moi ben en tales comicios (quedando como estaban), pero non contaban con algo previsible: que os socialistas non son parvos e que non están dispostos a darlle gratis bazas de xogo político que poidan ser utilizadas para tirar rédito electoral nas próximas autonómicas. A estratexia socialista de "ningunear" ao nacionalismo galego é perfectamente congruente desde a lóxica da conquista do mercado electoral.

    Deste xeito, o BNG vése privado dun dos seus argumentos centrais e tan só lle queda outro: vender á cidadanía as bondades da súa acción de goberno. Pensaba inxenuamente que tería dous brazos e quedou manco. A ver agora se é quen de, a pesar de estar mutilado, axir acaidamente cun só brazo. Todo pode ver.

    A política, poderiamos concluír, é ben fodida e nela non hai hermanitas de la caridad. Tan só matrimonios de conveniencia e divorcios á carta.

    Amor líquido, pois, por usar para este caso a metáfora do sociólogo polaco-inglés.

    ResponderEliminar
  2. O amor na política é como o amor prostibulario: líquido e con liquidez.

    ResponderEliminar
  3. Eu ó Quin vinlle accións dunha frialdade arrepiante, e dun pragmatismo espantoso.

    Os que somos máis emocionais teríamos que estar no terreo da arte, nunca no da política.

    Danme pena, pero nos a eles non lles damos ningunha. En política calquer emoción é "recesiva", como na xenética.

    Bouzovirich.

    ResponderEliminar
  4. Non vexo eu a Quin tan falto de "emoción", señor Bouzovirich. Mesmo creo que manexa bastante ben ese elemento tan importante na política de hoxe. Outra cousa é que non se deixe arrastrar pola emoción, cousa que o inhabilitaría para a práctica dese oficio, a política, que require moito sangue frío e moito pragmatismo.

    ResponderEliminar
  5. É sabido que hai que ser frio para practicar co arte o latrocinio.

    ResponderEliminar
  6. Non se poña tan negativo anónimo, aínda non hai escándalos. Espoliar si que espolia Quin, pero ao menos de momento e ao parecer, só ideolóxicamente.

    ResponderEliminar
  7. Non sei ata que punto La Voz atinará cos termos e os extremos; e algún outro comentario presente. A política do PSOE é de libro, hai decepción no Bloque pero non vexo eu, precisamente, desconcerto; que resultaría, por outra banda, reacción excesivamente candorosa.

    Estamos en mercado, iso si, vendendo o peixe antes de marzo (ou outubro, ou cando sexa), e hai material de distintas razas; máis ca unha como resto de dúas. Nin me parece que tan pobres un nin tan ricos outros; ora que veremos, eu, mirar, miro.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.