19 may 2008


en poleiro alleo

* 17-M. A cidadanía sae á rúa. Arredor de dez mil persoas aplícanlle ao Goberno do bipartito un correctivo para cambiar a política lingüística da Xunta e lograr que se cumpra a lexislación (MARÉ, Galicia Hoxe 19.5.08)

* Manuel Forcadela : "Falar de bilingüismo en Galicia é unha contradición nos termos". “O nacionalismo non é máis que a forza centrípeta que condiciona a existencia de nacións. Levamos douscentos anos de loita para conseguirmos ser o que somos.Non somos o resultado dun capricho senón que somos o resultado da historia”, entrevista de M. Vidal Villaverde (GH. 19.5.08)

155 comentarios:

  1. Interesante esta entrevista a un dos autores e profesores universitarios que mais teñen aportado a literatura e teoría literararia desde Galiza.
    Agradabel observar o seu pronunciamento identitario nacional sen complexos.
    Respecto ao privilexio estetico-epifánico-cognitivo da poesía, estou en desacordo. A novela pode dividirse tamén en autentica e inauténtica, a novela non extemporanea (non epica) fala sempre do presente. A contemporaneidade da poesía non está en loita coa contemporaneidade da novela. A novela ten a súa propria consistencia como xénero, poque responde a unha xenuina poiética tanto como o poema. Cando prevalece o estético a tendencia é cara a epifanía, efectivamente, pero unha vez producida esta, hai un xenero que pode cerrar mellor o ronsel da explosión epifánica, a novela, que non suplanta pero tampouco relata nunha segunda orde a acción do poema, senón que o descentra dende a súa orixe na que se instala todo bo novelista, porque dende o principio o novelista está tamén aí, a escoita, a espreita como un bo pastor que coida o rebaño, e que abandou un dia, nalgún instante a súa cabana domesticada pola intemperie.

    ResponderEliminar
  2. ¿E logo non vé, anónimo, que está en xente culta que impresiona, oh?
    Lea Aritóteles, home, que senón vai pensar que a poiética en vez dunha división da ciencia aristotética e algo da familia da viagra, ho.

    ResponderEliminar
  3. Traducción traductora do tixolo anterior:

    En todo caso, valoró que se sitúe cinco décimas por encima del crecimiento de la media de la economía española que aumentó el 2,7 por ciento en el primer trimestre de este año, ocho décimas menos que entre octubre y diciembre de 2007, según el indicador adelantado difundido por el Instituto Nacional de Estadística (INE).

    Tratabase desto, ¿non é?

    ResponderEliminar
  4. Non sei se víu que o sábado Diego Ameixeiras reivindicou no Culturas da Voz a Álvarez de Nóvoa... Estanlle saíndo moitos apoios ao granadino da rúa de Reza! Sería un bo candidato para as Letras do 2009?

    ResponderEliminar
  5. ¿Quen é Diego Ameixeiras? ¿Non será un "novelista que está tamén aí, a escoita, a espreita como un bo pastor que coida o rebaño, e que abandou un dia, nalgún instante a súa cabana domesticada pola intemperie"? Porque Diego Ameixeiras é o prototipo de
    "bo novelista" do que fala o Levita, ¿non é?

    ResponderEliminar
  6. e quen é ese Levita do que tanto falan?.

    ResponderEliminar
  7. A min paréceme un dos novelistas máis orixinais que saíu en Galicia nos últimos anos... "Tres segundos de memoria", a novela coa que levou o Xerais no 2006, é moi irónica e divertida. Descolocou a moitos popes da crítica, iso si.

    ResponderEliminar
  8. Levita é Diego Ameixeiras.

    ResponderEliminar
  9. Ameixeiras é xenial!, moitísimo mellor que Caneiro ou Manolo Rivas, e por suposto que Suso de Toro. Confésase discípulo de Bieito Iglesias, pero é mellor que el. Ameixeiras será o noso primeiro nobel cando se canse Ferrín.

    ResponderEliminar
  10. Si desde logo teñen a mesma filosofía.

    ResponderEliminar
  11. Síntome obrigado a intervir, advirto aos blogeiros que eu non son Levita.

    ResponderEliminar
  12. Xenial e moi sexy é o Levitas, non o Diego. Boeno, el tamén.

    ResponderEliminar
  13. A mesma filosofia Ferrin e Diego Ameixeiras?
    Pero se ningun ten filosofia!

    ResponderEliminar
  14. Teñen, o caso é atopala.

    ResponderEliminar
  15. Un pouco de orde, señores.

    ResponderEliminar
  16. Levita Diego Ameixeiras? Non creo... Polas opinións que lle teño lido, non me dá moito a min que sexa dos que mesturan literatura con identidade e nación, e cousas desas... Mellor que Rivas ou De Toro non sei se será, pero que Caneiro seguro. Tampouco di moito a favor do rapaz ser mellor que o de Verín, a verdade.
    Bieito Iglesias é moi bo. Un estilaso, que dicimos na miña aldea.

    ResponderEliminar
  17. A historia é discursos(s), máis ca ciencia. Alégrase un de lelo, coma o resto. Estas entrevistas do Vidal poñen bastante ás claras o que é realmente o nacionalismo galego, permiten descansar desa non infrecuente e abusiva banalización que tanto fastío produce. Aquí e aló.

    ResponderEliminar
  18. Levitas é o de Verín, ¿ou acaso non levita?

    ResponderEliminar
  19. Levitas será Gonçalves.

    ResponderEliminar
  20. Para Diego Ameixeiras e para todos/as:
    Fagan vostedes as consideracións literarias que consideren oportunas, sempre dentro dun mínimo de respecto e cortesía.
    O que semella absurdo é andar a colgar nomes propios nos nicks das Uvas. Absurdo e inútil: eu son o único que coñezo a maioría das personalidades dos contertulios habituais e tampouco penso revelalas. O resto son atribucións gratuítas.

    ResponderEliminar
  21. Seriamente falando, é Bieito Iglesias un escritor extemponáneo e por tanto un escritor de segunda orde?
    Entón non estaría na orixe para descentrala e por tanto sería incapaz dunha estructura narrativa xenuina, senón de refugallos,instantáneas, narrativa de mais ou menos calidade pero non novelista,sempre segundo Levita. Ou é que entendo mal?

    ResponderEliminar
  22. Pró Levita sóio hai un gran escritor: Levita. Home non.

    ResponderEliminar
  23. ¡Levita Perón is Dead!

    ResponderEliminar
  24. Bieito Iglesias é o mellor escritor francés da Solaina.

    ResponderEliminar
  25. Que fai o frances na solaina!

    ResponderEliminar
  26. Levitas é Miss Ourense.

    ResponderEliminar
  27. Aí quería chegar eu.

    ResponderEliminar
  28. Entón sen dúbida que Levita é o Apicultor, Cachado!

    ResponderEliminar
  29. Marcos, sin piedade con estes lerchos que o único que buscan é desacreditar e desmoralizar aos nosos escritores mais xeniais.

    ResponderEliminar
  30. Joder, que curiosidade que tendes por saber quen é o api. Férveme a lingua de tanto mordela. Non me fagades falar, cona.

    ResponderEliminar
  31. ...como o apicultor. Marcos saca as tesouras corta e dalle de paso un toque a quen tes que darllo.

    ResponderEliminar
  32. Por favor señores, que mi padre sea de origen humilde no les da derecho a trarar como si cualquier cosa a su hija, tengo nombre y apellidos, preguntenle al tal Benito.

    ResponderEliminar
  33. "eu son o único que coñezo a maioría das personalidades dos contertulios habituais" (Marcos)

    Marcos, non me fagas falar, eu tamén sei quen son. Xa poden porse como queiran e xogar a despistar, que os teño cachados. Os únicos que non teño claros son o X. M. González e o Julio Medela, que non sei se son os seus nomes reais ou os seus nicks aparentemente reais. E non me tente moito porque...

    ResponderEliminar
  34. Eu no sei nin de onde veño nin quen son.

    ResponderEliminar
  35. Don Anónimo: Eu por non ter, non teño nin nick.

    Pregúnte a Teresa Gimpera, pregunte...

    ResponderEliminar
  36. Xa apareceron os pailáns provinciáns. Vaian tomarse unha parva e cortar o mundo a súa curta medida mental. A retranca é o humor dos vencidos, pero estes nin a eso chegan, mais ben chairega insidia e unha profunda desorientación intelectual.

    ResponderEliminar
  37. Até cando o blog vai a aturar as paranoias do Apicultor?

    ResponderEliminar
  38. Tranquilícense, amigos todos, que acabo de chegar agora mesmo do choio. Non se lles pode deixar sós, qué boa tropa serían se tivesen un bo capitán.

    Agradezo infinito que pensen que eu son o señor Levita, mais teño que recoñecer humildemente que son incapaz de articular un pensamento tan profundo, de expoñelo con tanta claridade e de redactalo con tanta pulcritude.

    Pero dá gusto velos tan ociosamente activos. Xa saben que eu son o siareiro número un do xenro de Karl Marx, un tal Paul.

    Agora veño un pouco sedento e, co seu permiso, voume preparar unha clarita ben fresquiña.

    Saúde!

    ResponderEliminar
  39. Pero a ver, Levita é o Apicultor?

    ResponderEliminar
  40. "Logo regresei a casa dos meus amigos e relateilles estas aventuras. A sorpresa que lia nas suas faces, felicitabanme repetidamente de corazón por ter conseguido voltar san e salvo e pasamos a velada como o facemos agora; e todos alabaron o meu valor e a miña veracidade."

    Rufolf Erich Raspe

    Final do Barón de Munchausen

    ResponderEliminar
  41. Póngalo en castellano si no sabe traducirlo al gallego, señor.

    ResponderEliminar
  42. Hai tempo rematei unha polémica co Apicultor cun non sequitur. Observo como a dialéctica segue a ser imposibel con este señor. Animao unha intencionalidade que nada ten que ver co amor polo saber, nin co entusiasmo de compartir coñececimentos, impeleo unha inclinación morbosa que rexeito, polo que me vexo obrigado, no que a min respecta, e a partir de este momento a anatematizalo. Olvídeme Apicultor, vostede e todos os seus niks, vostede para min xa non existe.

    ResponderEliminar
  43. Tranquilícese, señor, e non faga xuízos de intencións absurdos, que iso remata en paranoia pura e dura (e despois é moi difícil de arrincare). Eu con vostede... nin fu nin fa, incluso nin do nin re. Así que calma, ante todo moita calma.

    Voulle dar unha receta para unha boa clarita: vaso longo de cristal, metade de Estrela e metade de Fanta limón zero, todo moi, pero moi fresco. Non sabe o que relaxa... e o que refresca.

    ResponderEliminar
  44. Repase os horarios das intervencións, home de deus.

    Repare que hai unha que coincide exactamente á mesma hora coa miña primeira intervención (sinalan as dúas as 06:06, que en realidade é unha hora máis tarde). Logo eu non lle son, meu señor.

    Das outras non teño forma de probar materialmente que eu non lle fose. Daquela pouco lle valerá na súa galopante paranoia que lle diga que hoxe, por motivos laborais, non puiden entrar n´As Uvas até uns minutos antes da hora sinalada, Cheguei sobre as 06:40 (hora real), aparquei o coche e fun a unha tenda de Vodafone que está ao carón da miña casa a ver se me arranxaban o móbil, e logo viñen para a cubil, abrín As Uvas e lin. E escribín ás 07:06 (hora real), despois fun facerme unha clarita e picar un anaco de chocolate negro mentres lle botaba unha parolada cos outros inquilinos. Volvín de novo, lin e escribín ás 07:38 (hora real).

    Comprenda que non penso estarlle dando conta dos meus movementos a cada minuto, pero, francamente, preocúpame a súa obsesión paranoica.

    Pense se pode haber alguén que o recoñeza e que lle guste tomarlle o pelo, en medio da confusión da rede. Tampouco creo que llo fagan con mala intención, só para rirse un pouco. Porque din que é moi san facelo, debería telo en conta, home. Non se anoxe inutilmente e reláxese, que vivir só son dous días.

    Saúde!

    ResponderEliminar
  45. Levita di que hai tempo que rematou unha polémica co Apicultor e eu digo que hai tempo que levo querendo encetar unha polémica co bebedor de "claritas", e non hai maneira. Rexeita os meus requebros, fuxe de min coma do demo, agáchase onde pode. Non será que me ten medo? Eu o que non son é tan contundente como Levita e nunca lle direi "vostede para min xa non existe". Seguirei intentando entrar en polémica con el por todos os medios, a ver se algún día se decide. Mal rapaz non debe ser. Ten o seu xenio, pero é finxido; un papel que se impuxo el a si mesmo, ou que lle impuxo Marcos. Un tipo que bebe e aconsella beber "claritas" trasmite vibracións relaxantes e refrescantes. Todo un intelectual da "clarita".

    ResponderEliminar
  46. Ese son eu: "Todo un intelectual da clarita" ;) ;) ;)

    ResponderEliminar
  47. ¿E que culpa ten Clarita? ¿Acaso non nos pediu don Marcos que non usásemos santos nomes en van, que ya el sabía a quen debía atribuír a maior parte dos posts? ¡Desde logo!

    A propósito: a señor Forcadela xamais debeu pensar que as súas asisadas declaracións ían provocar unha restra de babecadas como as que se ganduxaron aquí. ¡Cómame Dios, se non somos unha panda de descerebrados! ¡Estragar así unha ocasión para a reflexión ou, mellor, para a autorreflexión!

    ResponderEliminar
  48. Eu cheguei a "poesía de ideoloxema" e "poesía de epifanía" e asusteime. Dixen, mal por mal, babecada por babecada, millor poñer a Levita e tomar unha clarita co Apicultor.

    ResponderEliminar
  49. A "poesía de epifanía" non podes chegar ata o seis de xaneiro, así que che quedan ben claritas ( vaia mamarrachada de refresco) por tomar.

    ResponderEliminar
  50. Dise "qué mamarrachada..." e non "vaia mamarrachada...", que é calco do castelán. E mamarrachada tampouco parece moi galego (profesor González, ilústrenos). Véxote un pouco "inauténtico", meu.

    ResponderEliminar
  51. Aos intelectuloides epifánicos estes eu cortaballe os "huevos". Hai que mantelos a raia que igual irradian.

    ResponderEliminar
  52. Non sei eu se o Apicultor será un intelectual da clarita, pero o que si está moi claro é que o Levita non é un intelectual da claridade.

    ResponderEliminar
  53. Aos epifánicos córtalle os "huevos" ou o que queiras, aos apifánicos nin che se ocurra tocarlle a "clarita" (dos "huevos"). Co meu amigo Apifanio non vos metades que aquí estou eu para defendelo. Con dous "huevos".

    ResponderEliminar
  54. Levita non é un intelectual da claridade, el é un intelectual da clarividencia, que é moito máis importante.

    ResponderEliminar
  55. A clarita só a beben os lúcidos, os demais, emponzóñanse con cousas escuras e logo veñen a enbeleñarnos cos seus discursos que atentan contra da claridade do sentido común. Don Marcos debería impedir a entrada dos intelectualoides epifánicos, apofánticos ou elefánticos. Viva a clarita.Adiante Apicultor a autoestrada blogueira é tua.

    ResponderEliminar
  56. Oiche Eustaquio! Porque non o volves ó revés ? pode ser a expresión castelá un calco da galega home.Hai que ver todo en positivo : aprende. Vou para á cama que con tanto juevo cachado hai xa un tortilla para o guines ademais co aburrimento dame o sono.

    ResponderEliminar
  57. API, API, API API, API, API, API!!!!
    CAMPEÓN.

    ResponderEliminar
  58. Epifánica, órfica, apolíneo, dionisíaco, centrípeta, políglota, lexicógrafo, ergástulo, vocábulo, semántica, recidívico, hermenéutico, ontolóxico.
    O gusto polos esdrúxulos é notorio nesta entrevista, tanto polo preguntador como polo respostante.

    ResponderEliminar
  59. Mmmmmm..., se Levita é clarividente entón... é a Bruxa Lola!

    ResponderEliminar
  60. Estáse descontrolando, Levita-Epifanio et alli. Non se obsesione comigo, que xa ten claro signos de paranoia. Deixe de verme como o factótum de todo, que eu non son tan omnipotente (qué raios quererá dicir omnipotente). Contrólese, por favor. Que o están puteando e non se entera do cachondeo que se tran algúns a súa conta. Ríase, home, ríase e disimule.

    ResponderEliminar
  61. Establecer desde a peor "filosofía do bosque" a distinción auténtico/inauténtico é no mellor dos casos un idealismo trasnoitado, e no peor un mal remedo e unha repetición libresca da anterior. Eu tamén vou tomar unha clara, grazas.

    ResponderEliminar
  62. Vaia nivel de debate o deste blog!

    ResponderEliminar
  63. O unico que establece é o anónimo ridículo, que será a "filosofia do bosque"?, ande non meta os fuciños en pozos que non son para vostede. Dese unha volta por Sein und Zeit e logo para abordar estas cuestión bañese en Unterwegs zur Sprache e decatarse das tonterias que dí.

    ResponderEliminar
  64. Hai que admitir que resulta moi difícil estarmos á altura da entrevista. Vexamos esta pregunta: "non che parece isto unha perversidade ou mesmo a continuitas da aliñación perpetua, ou como dirían os dos credos -cos debidos respectos-, per vitam aeternam, que non é outra cousa que a negación do home, na acepción grega do vocábulo?".
    Se ma fan a min, doume por detido.

    ResponderEliminar
  65. Uns necios o entrevistador e o entrevistado, non sei como Don Marcos colga ese lixo aquí, onde só o bo sentido impera e manda.

    ResponderEliminar
  66. Unha cuestión filolóxica, á marxe, que me ven á cabeza, e que lle fago aos filólogos do blog.

    En italiano existe a verba "straparlare", que ven significando (corríxame Arume d.p.) falar de máis, ou falar tonterías.Imaxino que virá de "extra-parlare". Cando lla oen pronunciar a un italiano,soa moi parecido a "trapallada". Saben si ten relación?.

    ResponderEliminar
  67. E menos mal, amigo XDC, que é á marxe. Tira vostede con algo máis ca trampitán. ;)

    ResponderEliminar
  68. Non me extraña que Arume se de por detido nesa situación porque el con quen se sinte libre é con Rodolfo.

    ResponderEliminar
  69. Rodolfo... ?

    Rodolfo Martín Villa.
    Rodolfo Chiquilicuatre.
    Rodolfo o león de MªCarmen y sus muñecos.
    Rodolfo Valentino.

    ResponderEliminar
  70. Referíndose a Arume que outro pode ser senón o que está de moda nestes momentos.

    ResponderEliminar
  71. A fatuidade implica unha absoluta carencia de sentido do ridículo. ¿Pensa o anónimo (suponse que Levita) que con poñer en alemán títulos de Martin Heidegger imos crer que o le en tal idioma? ¡Canto fanstasma anda solto!

    ResponderEliminar
  72. Anónimo supón vostede demasiado, excédese, pasase e como resultado remata fotografánsose a vostede mesmo.
    Permítame un poema dun autor non alemán que escribe en alemán.

    Das Dunkel fragt man nicht,
    wie es ihm geht.
    Es singt nicht.
    Es hat keine Augen.
    Dunkel ist ein toter Hund.

    ResponderEliminar
  73. Traduzo o escrito do anónimo, na medida das miñas posibilidades. Que me corrixa si pensa que non está ben:

    A oscuridade non lle pregunta a ninguén
    cómo lle vai.
    Non canta.
    Non ten ollos.
    A Oscuridade é un can morto.

    ResponderEliminar
  74. PERREAR

    1. tr. C. Rica. timar (‖ quitar con engaño).

    2. tr. coloq. Ven. Menospreciar a alguien.

    3. intr. C. Rica. Dicho de un hombre: Ser mujeriego, andar con muchas mujeres.

    Rodolfo the great no Instituto Cervantes en Belgrado.

    ResponderEliminar
  75. Sincérese, diga a verdade, "señor do bosque". Le vostede a Heidegger en alemán? Ten o suficiente dominio para facelo? Non tire por atallos para disimular, que non serve. Diga a verdade.

    Señor Cova, vostede coñece que hai libros de poesía en edición bilingüe alemán-castelán. Velaí a explicación do poema citado polo noso "xermanista". Vostede sabe, e por iso non presume do que non sabe nin do que non é.

    ResponderEliminar
  76. Pois sí Da cova.
    Da cova a ver que lle parece este outro:

    Münchhausens Theorem, Pierde Sumpf und Schopf, /
    Ist bezaubernd, aber vergiss nicht:/
    Münchhausen war ein Lügner.

    Gödel Theorem wirkt auf den ersten Blick/
    etwas unscheinbar, doch bendek:
    Gödel hat recht.

    "In jedem genügende reichhaltigen System/
    lassem sich Sätze formilieren.
    die innerhalb des Systems
    weder beweis. noch widerlagbar sind,
    es sei denn das System
    wäre selber inkonsistent.

    Du kannst deine eigne Sprache
    in deiner eingenen Sprache beschereiben:/
    aber nicht ganz
    Du kannst dein ignes Gehirn
    mit deinen eignen Gehirn erforschen:
    aber nicht ganz.
    Usw.

    Un sich zu rechtfertigen
    muss jedes denkbare System
    sich transzendieren,
    d.h. zerstören.

    "genügend reichhaltig" oder nicht:
    Widerspruchsfreiheit
    ist eine Mangelerscheinung
    oder ein Widerspruch.

    (Gewissheit=Inkonsistez.)

    Jeder denkbare Reiter,
    also auch Münchhausen,
    also auch du biste ein Subsystem
    eines genügend reichhaltigen Sumpfes/

    Und ein Subsystem dieses Subsystems
    iste der eigene Schopf.
    dieses Hebezeug
    für Reformisten und Lügner.

    In jedem genügend reichhaltigen System,
    also auch in diesem Sumpf hier,
    lassen sich Sätze formulieren,
    die innerhalb des Systems
    weder beweis. noch widerlagbar sind.
    Diese Sätze nimm in die Hand
    und zieh!

    ResponderEliminar
  77. Señor do bosque?
    Xa esta perseguindo seres imaxinarios.

    ResponderEliminar
  78. Pois, a diferencia do anterior, ese sí que xa o coñecía,Anónimo. E, aparte de entender o que dí, entendo do que fala. Alcunha vez teño feito referencia velada nesta blog ao "Teorema de imcompletitude de Gödel" e a súa relación coas paradoxas clásicas da linguaxe.

    Por certo, teño perdidos pola biblioteca,desde fai anos, dous libros moi indixestos: "Lógica del tiempo" e "Metalóxica". Se os quere, agasállollos.

    ResponderEliminar
  79. Trapallada: Trapa vén do gótico (máis ou menos alemán, 'trapp', que vén sendo, trampa). Creo que non ten relación co italiano 'straparlare'.
    Aínda que en português existe a palabra 'trapa', co mesmo significado, de trampa, engano... E non sei se virá tamén do gótico 'trapp'.
    Non encontrei "straparlare"; si, algo coñecido, "Esparlare".

    Si, pronto, a palabra portuguesa "trapa" tamén provén do gótico "trappa", trampa.
    Tramposo, trapalleiro, trapacero, son da mesma familia léxica.

    Pido desculpas por non ser filólogo.

    Fago o que podo.

    ResponderEliminar
  80. Un matemático coñero decía que o teorema de Gödel viña a significar que non podías levantarte do chao tirando dos cordós dos teus zapatos.XDD.

    ResponderEliminar
  81. Sincérese, diga a verdade. Le vostede a Heidegger en alemán?

    ResponderEliminar
  82. Medela, lembro un libro de Alfonso Sastre que comezaba precisamente preguntándose polo étimo de "trapero", e facía unha divertida e interesante digresión, creo que a obra se titulaba, "Manual de Jerigonza" pero non estou seguro, o que si lembro é que lle atribuía esa orixe gótica.
    XDC, alédame que lle divertise o poema, é tamén curiosa a súa mención a teoría de sistemas, supoño que ser refire mais ben a Luhman que a Von Neuman.

    ResponderEliminar
  83. Pois logo, falemos das carrachas. Como dicía o outro:
    В медицинские учреждения Псковщине разбушевались клещи
    Псковской области к середине мая с жалобами на укусы клещей обратились 1,3 тыс. человек, 400 из которых дети. Об этом сообщает "Интерфакс".
    E eu creo que non é para tanto, pero en fin, as cousas son ás veces como son.
    Insisto,
    По словам главного врача Центра гигиены и эпидемиологии региона Сергея Hикифорова, из числа укушенных пятерым поставлен диагноз "клещевой энцефалит", один из них подтвержден лабораторно. Среди заболевших - один ребенок. Клещевым боррелиозом заразились четверо взрослых.
    К 16 мая в регионе исследовано 124 клеща. Три насекомых оказались носителями вируса энцефалита. Эти клещи были доставлены в лабораторию из города Острова, поселка Череха и деревни Милевки.
    A ver se falamos claro e nos deixamos de tonterias.

    ResponderEliminar
  84. Home, o que pon Karrachov si que o entendo. E teño que dicir que estou de acordo :-)

    ResponderEliminar
  85. Don Karrachov fala do que lle aconteceu na festa de Xinzo, cando non lle arrancaba o 124 sport de cor verde papagaio.

    Está ben expresado:
    "К 16 мая в регионе исследовано 124 клеща"

    É dicir, que parou a facer as súas necesidades no quilómetro 16 da estrada Xinzo-Vilar de Barrio, e cando quixo arrancar, o coche dixo laconicamente que non.

    Ben se coñece o modismo de San Petersburgo, con faíscas de letón e leve sintaxe da República Komi.

    Grazas polo costumbrista episodio, don Karrachov.

    ResponderEliminar
  86. Esta nova de Sergei Nikilopov está tirada do Chuza de Novosibirsk. Así calquera. Alí tamén cocen fabas (con fiuncho, eso si).

    ResponderEliminar
  87. Coido que a intervención de Karrachov deixou a alguén KO (ku ao aire). Adiviñan a quen?

    ResponderEliminar
  88. Que saberá vostede...

    ResponderEliminar
  89. Enemigos
    Dos enemigos se embarcan en lamisma nave, y para estar lo más lejos posible eluno del otro, uno va a la proa y el otro a popa del barco, instalándose allí. Cuando, de pronto , se abate la tempestad sobre la nave y la hace naufragar, el que va en la popa pregunta a un marino por dónde empieza a hundirse el barco. "Por la proa", responde éste. "Entonces no me importa tanto la muerte, pues me da la oportunidad de ver a mi enemigo ahogarse ante mí".

    La historia ha terminado en el corpus de Esopo, incorporánsose a éste. Pues debe de cumplir a la moral del epimythion, según la cual se está dispuesto a soportar cosas temibles, por odio al enemigo, con tal de presnecial la desgracia de éste. Esta moral encaja mal con la historia, pues ninguno de los deos enimigos se ha embarcado para ver cómo el otro se ahoga. Se trata más bien de una pequeña consoloación para uno de los dos, después de que parece inevitable el naufragio. Par el univeso esópico, la fábula es excesivamente complicada. No pdemos preguntar y conocer qué es loque dice y hace el otro, al conocer la noticia de que se hundirá primero la proa. ¿Acaso no pensase que la más larga angustia ante la muerte del viajero de popa compensaría al menos su gozo maligno?

    La fábula esópica no conoce el subjuntivo, y menos aún tolera las sutilezas psicológicas. La historia habría merecido salir del callejón sin salida de la tipología de los géneros. La ingenuidad de la fábula exige que la distribución de los enemigos a proa o popa sea casual: el uno va allí porque el otros está ya aquí. POr eso solo se descubre en el naufrágio que la asignación de plaza y posibilidades es ocasión de inmortalidad. Esta comienza con la pregunta termina con el gozo.

    Un refinamiento justamente desconocido a la fábula podría prescindir del naufrágio real y contentarse con el naufragio potencial. El primero de los enemigos en subir al barco se informa de cuál es el lugar más seguro en éste, en caso de naufragio (como hacen hoy también, como sabemos, quienes viajan tren o avión). Al utilizar la información de que la popa es más segura y procurarse plaza en ella, sube a bordo el otro, quien, al percibir allí a su enemigo, se instala en el extemo opuesto del barco. Quizá nunca descubra la desventaja de este lugar, mientras su enemigo empieza a disfrutar ante la mera posibilidad de la satisfacición que le darían la llegada de una tormenta y un naufragio. Al final del viaje, abandonaria la nave con la sensación de haber sido favorecido. A algunos les bast esto para dejar vivir a sus enemigos. Esto no basta para la moral, pero sí para sobrevivir.

    Hans Blumenberg

    ResponderEliminar
  90. Da Cova de lóxica e metalóxica quedei farto dende o ano pasado, pero o da lóxica do tempo resultame suxerente.
    Pero non sei como mo podería deixar, xa que no nos coñecemos face a face.

    ResponderEliminar
  91. A min, que son da estética rodolfiana, a reflexión lémbrame o que meu irmán contou onte no xantar. Un bético que lle confesa no leito de morte ao seu fillo: "Yo soy sevillista". "Pero, pá, ¿cómo puede ser?". "Si tiene que morir alguien, que sea sevillista".

    ResponderEliminar
  92. Bah, xa me aburre tanta tontería supostamente transcendente, paso duramente. Voume á cama. Boa noite.

    ResponderEliminar
  93. Dende logo que hai algún que quere demostrar non se sabe ben o que con tanto desparrame. Pero penso que este non é o lugar.

    ResponderEliminar
  94. "Nadie está libre de decir estupideces, lo malo es decirlas con énfasis"

    Michel de Montaigne

    ResponderEliminar
  95. Claro, este é o lugar da filosofía "echeoquehai" e "non hai mais cera que a que arde", que participa activamente da estética Rodolfiana e os fins de semana anima ao Betis ou o sevilla e se tiran algún "gorgorito" como..."Aprecio no que vale", benemerito...coincido plenamente, ou case plenamente...co benemérito...

    E onde os críticos non fan críticas senón que só dicimos babecadas.

    Até outro dia e descansen os seus miolos.

    ResponderEliminar
  96. Por favor, Kira, non mo tome a broma que ben me custou aprender ruso.
    A frase que vostede descontextualiza quere dicir, como vostede me ensina, simplemente:
    "O 16 de maio na rexion son investigadas 124 carrachas".
    ¿Ou só eu falo ruso aquí?

    ResponderEliminar
  97. Don Karrachov, desculpara Vde., mais o meu CELGA 1 de ruso fíxome interpretar erróneamente o texto.
    Pensei que o de 'carracho' era o nome coloquial do LADA FIAT 124 sport na República de Komi.(Federación Rusa).
    Saúdos.-

    ResponderEliminar
  98. Perdón, volvo de novo.

    Desculpen a pedantería, pero o texto de Hans Blumenberg citado máis arriba polo noso "filósofo de garda" soábame moito de terllo lido ao autor. Así que fun ver á estantería onde están varios dos seus libros e, en efecto, localizeino moi axiña.

    Encóntrase en Hans Blumenberg, La inquietud que atraviesa el río. Ensayo sobre la metáfora, Barcelona, Península, 2001, pp. 9-10 (1ª parte: "Apuros náuticos").

    E unha vez feito este exhibicionismo -pois todo se pega- grotesco á par que gratuíto, que non di nada sobre a miña hipotética capacidade intelectual, si que lles digo a todos que pasen unha boa noite, non sen antes lembrarlles o meu consello: rexeiten sucedáneos miméticos e pasen de redaccións escolares. Pensar é outra cousa.

    Boa noite.

    ResponderEliminar
  99. Pra o anónimo que se interesa polo libro "Lógica del tiempo": Dígame vostede cómo llo fago chegar, ou onde llo podo deixar, e a qué nombre ou "alias".

    ResponderEliminar
  100. Pero quen dixo que ese texto dicía algo sobre a súa hipotética capacidade intelectual?
    Gracias polos consellos.

    ResponderEliminar
  101. Eso, quen dixo que ese texto dicía algo sobre a capacidade intelectual dalguén?. Díceo o apicultor, ande hom!, non presupoña tanto, desacompléxese e non practique a caridade con tantos consellos, aporte un pouco mais. O mellor sería que lese o texto independentemente de quen o colgue e de quen sexa. Os libros edítanse para que se difundan e circulen, o que compra o libro non compra os dereitos a un uso exclusivo do seu contido, non me sexa troglodita benemérito Apicultor, cultívese mais e lea con mais atención o texto ou non o lea, pero non se centre exclusivamente no acto de colgalo, que da a medida exacta da súa concepción da "cultura".

    ResponderEliminar
  102. Amigo Da cova, eu estarei o venres as cinco tomando café no Latino cun amigo, se quere pode pasarse por alí ou deixalo na barra por exemplo a nome de Matías.

    ResponderEliminar
  103. Sr.karrachov:Por si poidese ser de utilidade para as súas investigacións, facilítolle as derradeiras conclusións sobre o tema ,aportadas, recentemente, por un alumno da ESO: Exp de animal hermafrodita: "la carracha".
    Noraboa polo seu dominio do ruso, se decide vostede quedar por estes lares , todo lle ha cumprir.Xa verá xa!!

    ResponderEliminar
  104. Hai algúns que interpretan erroneamente o que un di con sinxeleza e claridade, e saen por peteneras. Daquela, que se pode pensar da súa capacidade de comprensión lectora?

    O dito: rexeiten sucedáneos, mimetismos e redaccións escolares. É bo para a saúde.

    ResponderEliminar
  105. Encántame o impúdico exhibicionismo de Apicultor.

    ResponderEliminar
  106. OK, amigo Anónimo-Matías. O libro "Lóxica do tempo", de Jean-Louis Gardies, estará agardando por vostede no Latino, o venres ás cinco.

    ResponderEliminar
  107. Pobre Apicultor!
    A ver se chegan os seus amiguiños a defendelo!
    Están tardando demasiado.

    ResponderEliminar
  108. Señor Apicultor, acabo de ler un longo texto colgado por vostede nun dos fios de música, paréceme que trata de música e nazismo, non sei a que ven o seu escándalo.

    E sen romper lanza por ninguén, non se meta coa xente polos seus estudios, ao mellor o anómino non os ten, pero eso non o priva de razón, digo eu.

    ResponderEliminar
  109. Vexo que hai algún que escribe (debe ser sempre o mesmo polo ton) que amosa un fetichismo enfermizo pola cita intimidatoria. O mesmo individuo citou a Heiddeger, a Luhman, a Von Neuman, a Blumenberg, presumiu de ler moita lóxica e metalóxica, etc. É a típica pretensión de parapetarse en autores de relevo para escondar a propia incapacidade. Algo moi visto e por iso un pouco tonto e inmaduro.

    ResponderEliminar
  110. Incapaz, un pouco tonto e inmaduro pide asilo aos filosofos do movemento "echeoquehai" e "non hai mais cera que a que arde", pide tamén participar da estética rodolfiana e da bonhomía, todo se o benemérito Apicultor, leader de tal movemento ten a ben aceptarme, senón vaia esta adicatoria para todos eles.

    a miña maneira

    ResponderEliminar
  111. Coa cantidade de temas de interese que hai noutros fíos por tratar, algúns embarrancaron aquí nun diálogo que xa perdeu, creo, o seu sentido...

    ResponderEliminar
  112. Don Marcos, son coma nenos, andan a ver quen ten a pilila filosofante mais grande e quen aguanta mais caladas de cigarrete. Saque o cinto e arréelles uns bons cintolazos a estes neniños da eso. Se os quere poñer a andar, avíseme a min, xa verá como os meto en materia. Hai que joderse coa tropa esta que quere xogar a ser Heidegger e non pasan de HEIDI-gger de patio de colexio.

    ResponderEliminar
  113. Estou co anónimo anterior e con Marcos, por min rematou o conto.Agora e no sucesivo non me penso enzarzar mais co Apicultor.

    ResponderEliminar
  114. "Enzarzar"? Eu "enzorzábavos". Un barreño xigante e facía de vós CHOURIZOS DE HEIDEGGER. Joder xa!

    ResponderEliminar
  115. Estes dous que están sempre de rifi-rafe están cachadísimos. Sorpréndeme o aguante que teñen. Parece "Duelo en el Oeste". EU ata teño favorito, podemos facer apostas?

    ResponderEliminar
  116. Eu con Api ata a morte!

    ResponderEliminar
  117. Eu tamén co Api porque desde que son lector das Uvas podo dicir que nel atopei a miña torre/alma xemelga. Así que eu tamén co Api "ata a morte!", é dicir, ata que dous avionciños teledirixidos polo binladen que se enfrenta a el sen desmaio nos bote abaixo como dous castelos de area.

    ResponderEliminar
  118. O Api era unha torre pero fai tempo que foi demolida, non sei quen teledirixe os avións pero acerta.

    ResponderEliminar
  119. Cada día se len máis babecadas neste blog. Por exemplo esta última e outras de parecido contido acosador. Son ridículas e, de seguir así, o blog vai para o carallo.

    ResponderEliminar
  120. Este é un fio entre outros moitos de mais interés, non comprendo a que se debe tanta participación e tan intensa. Causa haberá, pero creo que fora do blog. Por favor señores, paren, porfíen cun pulso, retense a escupitaxos, desafiense cos saltos, pero fágano fora, queden un día e solucionen o seu caso, chamen se queren un asesor, e deixen en paz aos que non queremos seguir a ser o seu público xurado que os nominará para a expulsión da casa_blog, esto parece Gran Hermano.

    ResponderEliminar
  121. Eu paso de tanta tontería, xa o dixen, porque é absurdo seguir nunha tónica monocorde e infantil. Semella que outros non.

    Mais a min, fágase o favor, que non se me meta no mesmo saco que a determinados personaxes que non son quen de falar cun mesmo alcume e que, en plan Makelele da filosofía, da astrofísica ou da termodinámica, andan competindo fóra de pista e en plan retador.

    Eu sempre vou co meu nick, tranquilamente. Cos meus defectos, iso si, pero sen o vantaxismo que dá o anonimato, que retrata a dobrez e a inconsistencia de quen así actúa.

    Estou de acordo que algúns (dous para máis señas) atoparían a súa verdadeira vocación en GH: alí hai lugar para o "estrelato" polo que tanto devecen. Incluso os votaría para que gañasen e así quedasen ben contentos.

    Pero, mentres iso non ocurra, eu paso. Fagan o favor quen corresponda e permítaseme pasar. Porque, en efecto, hai outros fíos moito máis interesantes nos que me gustaría opinar se me deixan. Moitas grazas e morra o conto, que xa vai vello.

    ResponderEliminar
  122. Requiem cantim pace. Pero... escusatio non petita acusatio manifesta.Amén

    ResponderEliminar
  123. Agora tería que dicirlle que por enésima vez volve escribir mal. Que é "Excusatio non petita, accusatio manifesta".

    Pero por ese dato xa se delata e todo o mundo sabe quen é. Así que eu paso...

    ResponderEliminar
  124. Equivócase como tantas outras veces benemérito Apicultor,(agora si son o que pensaba que era o anterior) volva a pedirlle a Marcos a imprescíndibilidade do DNI para entrar no blog, ou un trato de favor para vostede por ir a peito descuberto e libre de sospeita de anonimato (je je). Descanse e mellor non volva a incordiar que logo ten que salir con disumulo e o rabo entre as pernas.
    Por min The End.

    ResponderEliminar
  125. Si, home, si. Pero paso duramente...

    ResponderEliminar
  126. Que raro xa pasaron cinco minutos e non contesta, algo vai mal.......

    ResponderEliminar
  127. Non sexa pelma, home. Qué cruz.

    ResponderEliminar
  128. Resucitou!
    Pero non coordina debe ter algunha lesión cerebral!

    ResponderEliminar
  129. Mira que non podía quedarse calado, co ben que estaba, pero tivo que reaparecer como Frankestein.

    ResponderEliminar
  130. Pero parece que volve a inconsciencia, agora si K.O.

    ResponderEliminar
  131. Que non lle vou entrar ao trapo. Ala, veña, con deus.

    ResponderEliminar
  132. Non debe entrar ao trapo, porque xa tirou o trapo, ala veña deixese cair de novo na lona e K.O. definitivo.

    ResponderEliminar
  133. Si, home, si, non hai problema. Se con iso se sinte realizado, por min que non quede. Ala, veña, ganou por KO, por goleada e por ser máis guapo e máis listo.

    Claro que si. Para que logo digan que non son xeneroso.

    Que teña unha boa noite.

    :-) :-) :-)

    ResponderEliminar
  134. Canto cretino ten que aturar o señor apicultor. A súa paciencia é admirable.

    ResponderEliminar
  135. Canción pra amenizar o post:PREMER.

    ResponderEliminar
  136. A análise médica expón que o Apicultor dende o Último K.O. mostra signos de desorientación permanente e unha rara tendencia a doblarse en terceira persoa con expresións como: "Canto cretino ten que aturar o señor apicultor. A súa paciencia é admirable.
    Recomendase as persoas do seu entorno que non lle leven a contraria, e lle den a razón disimuladamente,e sobre todo que o fagan sentir especial.

    Moi oportuna a mensaxe Da Cova.
    Eu ao Apicultor perdónoo e téndolle a miña man a partir de agora.

    ResponderEliminar
  137. Fágolle a seguinte proposta ao administrador do blog:
    Do mesmo que no seu día concibíu a día dos fíos temáticos musicáis, á vista do caracter absorbente do tema, pódense abrir fíos "de ataque ou defensa ao Apicultor". Ou de calquer outro. Por exemplo, "Fío pra sacarlle a pelica a Xoan da Cova".

    ResponderEliminar
  138. Son un desastre ao teclado.Volvo esribir:

    Fágolle a seguinte proposta ao administrador do blog:
    Do mesmo xeito que no seu día concibíu a idea dos fíos temáticos musicáis, polo caracter absorbente do tema, pódense abrir fíos "de ataque ou defensa ao Apicultor". Ou de calquer outro. Por exemplo, "Fío pra sacarlle a pelica a Xoan da Cova".

    ResponderEliminar
  139. Logo da prescripción médica, Da cova, creo que será innecesario. O conto non da para mais.

    ResponderEliminar
  140. jajajajaja
    Xenial Da Coba.

    Falando noutra cousa... Chove; éche ben raro.-

    ResponderEliminar
  141. Hai estratexia de envexa: Non se soporta que don Apicultor se tivese encebolado coa señorita Laura Antonelli.
    E eu non soporto, tamén non, que ande a gabarse do seu caso amoroso con Teresa Gimpera.
    Todo o que lle pasa meréceo. Ben seguro, por lareto.
    jeje
    Saúdos, amigo Apy Koolthor.

    ResponderEliminar
  142. Hai estratexia de envexa: Non se soporta que don Apicultor se tivese encebolado coa señorita Laura Antonelli.
    E eu non soporto, tamén non, que ande a gabarse do seu caso amoroso con Teresa Gimpera.
    Todo o que lle pasa meréceo. Ben seguro, por lareto.
    jeje
    Saúdos, amigo Apy Koolthor.

    ResponderEliminar
  143. Saúdos, amigo Júlio Medela.

    Sabe? Élle máis tontería ca outra cousa. Paciencia franciscana é o que cómpre.

    E aproveito a ocasión, amigo Medela, para dicirlle que o meu coa señorita Gimpera foi un escarceo sen importancia, unha nube de verán, ben bonita, iso si, mais unha nube de verán. Vostede é un cabaleiro liberal e a bo seguro que saberá comprender -e mesmo desculpar- as extraordinarias circunstancias que concorreron en Ibiza´68 e a libre disposición ao amor. Non se sinta, pois, apenado e moito menos anoxado por un episodio, ben bonito, iso si, que aconteceu hai tanto tempo. O que temos que celebrar é o bo gusto que tivo a señorita Gimpera ao escollérmonos a nós os dous como amantes e non a un chiquilicuatre calquera como o anónimo carcomido pola envexa.

    Cos meus cumprimentos.

    ResponderEliminar
  144. Querido Fabricio:
    Cuando la vida da su penúltima vuelta, llegan los recuerdos en tropel y vienen a mí los sollozos y las lágrimas que cayeron sobre la arena de aquella cala de Ibiza. Esperábamos la salida del sol y nos equivocamos de playa: el amor nos hizo perder el norte y, sobre todo, el este. Y así, puestos hacia poniente, vimos el sol sobre las cinco de la tarde. Ahora apenas puedo reírme, con mis recién estrenados implantes y frunzo apenas el ojo izquierdo, condenado a la desaparición por culpa del botox díscolo. Te diré que aún guardo el vestido ad lib de aquella noche, como en oro en paño, en mi torrecita de Castelledefels, donde paso atormentada estas noches de tramontana, butifarras y gintonis. Echo de menos algunas locuras de aquellos tiempos, incluso las invitaciones de LLobera a los coches eléctricos y a la noria del Tibidabo. Tenía el hombre fijación con aquellos aparatos: siempre con la ficha preparada en los bolsillos de sus pantalones o en los calcetines donde también guardaba el récord o el jean. El Llobera gritaba al meter la ficha. No era como tú, siempre cortés, con una cita hermosa en los labios, una prestancia en la cintura, un suave aleteo del músculo.
    Me pongo tierna y se me abren los puntos de la última liposucción. Compréndeme, Fabricio. Estos comentarios vuestros avivan en mí la mujer apasionada y feliz que fui entre las olas del Mediterráneo.
    Un petó.

    ResponderEliminar
  145. Así que o anónimo carcomido pola envexaa é o chikilikuatre do Arume, disimulouno moi ben, pero son vostedes moi malos, mira que deixalo fora do mundo das súas fantasías eróticas?
    Porqué non contan tamén as súas aventura con Uma.
    Uma,Api e Medela



    E xa está ben, vaian para arriba a currar a comentar os artigos, que son vostedes uns vagos redomados!

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.