14 may 2008


Manuel María.

Pan por Pan martes 13 maio


Segue adiante, cun nivel indiscutible, o ciclo que sobre os grandes poetas da posguerra se desenvolve no Liceo nestas semanas. O luns falou do poeta chairego Manuel María o tamén poeta, editor da súa Poesía Galega Completa e amigo do anterior, Miguel Anxo Fernán-Vello. O máis interesante da súa visión do autor de a “Terra Cha” foi o subliñar a fortísima identidade entre vida e poesía que marcou toda andaina daquel barbas xeneroso, da casa de Hortas.
Era un ser transparente, dixo del un día Carlos Casares, e con iso queda ben clara a extrema coherencia do chairego que nunca refugou dos seus principios nacionalistas e populares. Autor ben prolífico, con 47 libros de poesía editados, a obra de Manuel María será revalorizada no futuro, de seguro, cando queden moi lonxe as circunstancias histórico-políticas nas que naceron os seus versos.

2 comentarios:

  1. Sinopsis de autores galegos, entre os que está, lóxicamente, Manuel María:PREMER.

    ResponderEliminar
  2. Xa tiña eu usado ese listado, amigo XDC: é útil, sobre todo, para consultar con rapidez as datas de publicación dalgúns dos nosos clásicos.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.