25 jun 2008


Apocalípticos.
pan por pan mércores 25 xuño (imaxe: H.G. Wells)

Os escritores sempre foron por diante. H.G. Wells foi o primeiro en describir unha guerra nuclear e en usar o termo “bomba atómica”: en 1914, con 31 anos de adianto sobre a realidade. Sorprende o éxito, dende sempre, das teorías da fin do mundo: o físico Herman Kahn calculou as consecuencias dunha conflagración nuclear entre Estados Unidos e a URSS: os americanos verían destruídas todas as súas cidades e terían 160 millóns de baixas. As teses apocalípticas pasaron logo das novelas e dos informes militares ó cine e á cultura de masas. Con moitas variantes. O choque da Terra cun gran asteroide letal. A propagación dunha epidemia ou peste mundial: Jack van Impe calculaba que no 2020 a infección por VIH acabaría co derradeiro supervivente da Humanidade. Como consecuencia fatal do cambio climático, etc. Oxalá nunca sexan máis que argumentos de películas.

41 comentarios:

  1. Alvin Toffler afirmaba nos 70 que,no ano 2000, os psiquiátricos estarían cheos de xente incapaz de asumir psicolóxicamente o impacto social das novas tecnoloxías.

    Polo que se ve na actualidade, os únicos problemas psicolóxicos que causan os novos productos tecnolóxicos, son as frustraciós derivadas de non poder compralos todos.

    ResponderEliminar
  2. Tamén os músicos foron adiviños:PREMER.

    ResponderEliminar
  3. Ninguén fala do acontecemento, a presentación da última novela do noso mellor escritor, Xosé Carlos Caneiro. Ninguén estivo no auditorio?, alguén podería relatar algo do que alí aconteceu?
    O noso grande escritor ten tamén dotes adivinatorias.

    ResponderEliminar
  4. Contención por favor, hai outros escritores tan bos ou mellores que Caneiro, non fagamos publicidade fácil. Xa que tanto o considera, colgue unha opiniòn da súa última novela e falemos dela. Alguén leu esa novela?, ou a de Bieito Iglesias?. comentarios please.

    ResponderEliminar
  5. Iso, iso, ..., xa que lle parece tan bo Caneiro, que nos fale da súa última novela. Ilústrenos, coméntenola, please. Menos predicar e máis dar trigo.

    ResponderEliminar
  6. Cantas ganas lle teñen a Caneiro, canta envexa mal disimulada.

    ResponderEliminar
  7. Menos tonterías e diga algo sobre a súa obra, a parte de que é un fenómeno.

    ResponderEliminar
  8. A obra de Caneiro é xenial.

    ResponderEliminar
  9. Si, vale, iso xa o sabemos. Pero fálenos do seu libro.

    ResponderEliminar
  10. Un colega díxome o outro día que está moi ben o libro de Caneiro. Pero confeseille que me tiraban para atrás tantas páxinas. Preciso, porén, dunha dose de ánimo para emprender a tarefa.
    En calquera caso, é moi recomendable o blog sobre a súa novela: A vida nova de Madame Bovary.

    ResponderEliminar
  11. Home, tanto como "moi" recomendable... Visitable máis ben.

    ResponderEliminar
  12. Caneiro escribe moi ben ,con moito oficio. Pero a súa vida redúcese a escribir e leer. Todo-los grandes escritores (chesi acaba de confirmalo tamén), recoñecen que antes hai que ser un gran lector.

    Opinión persoal, Caneiro ten escasa vida, é un bó escritor de "laboratorio", de non facer gran cousa alén do universo literario "leer e escribir", comerse o tarro, laiarse por ser un maldito,(xa quixera). Eu prefiro a xente con vida, con moita vida vivida, queimada, andada...e que comenzan a escribir en torno ós cincuenta. Que me pode contar un rapaz, se non vivíu?.

    É como falar de amor tendo cascado solo pallas. Eso non quita que a descripción das súas pallas mentais sexa suculenta e balsámica. É cuestión do gusto de cada consumidor. Eu consumo moi escasamente esa literatura, pero respétoa e penso que é boa. Literatura.

    Caneiro é un artista.

    ResponderEliminar
  13. Pois eu creo que si é moi recomendable, aparte do que a un lle poda gustar Caneiro. Falo de interese e creo que un blog que fale dunha novela é sempre moi recomendable. Sobre todo porque é das poucas veces (comeza a ser habitual: Marcos Calveiro fai o propio con Festina lente) que isto sucede.
    E aproveito a ocasión para manifestar o meu estupor porque neste país a liorta entre escritores sexa máis interesante que ler os seus libros. Aínda que, pensado ben, o meu estupor vai ser polo meu estupor.

    ResponderEliminar
  14. Witimiro, ao mellor cando leas a última novela de Caneiro cambias de opinión e, ademais de moito "ler e escribir", ves tamén moito "vivir". A última novela de Caneiro só a pode escribir quen ten lido e escrito libros a fartar e quen ten lido a vida ou vivido o lido como ninguén. Sobre Caneiro cóntanse moitas cousas e corren moitas lendas. A única lenda verdadeira é ler até a última palabra o seu libro, a sua vida.

    ResponderEliminar
  15. Caneiro é un pésimo escritor ,bilingüista e pelotas. Amais é feo e vaidoso. Que se retire a súa dacha co seu Audi e nos deixe en paz. Meloso, empalagoso, tonto.

    ResponderEliminar
  16. Para calmar os ánimos e negar aos apocalípticos, unha dose de realismo máxico.

    ResponderEliminar
  17. Anónimo das 11.40, eu aprendín de Carlos Casares, e digoo porque penso que arume pode ser do seu círculo, aprendín lendo un artigo de Casares que hai unha sensibilidade para a literatura que lle toca a uns e a outros non.

    Afirmaba con bó tino C.Casares que outros a teñen para as matemáticas, e eu engado para executar música ou para coordinar movementos (intelixencia cinética, os grandes deportistas). Hai máis, claro. Non a todo o mundo lle son dadas.

    Chesi decíame recentemente que goytisolo non soporta a pintura.

    Vexo que compartes a sensibilidade de Caneiro, pero non todo o mundo está "dotado" para disfrutar con ese tipo de literatura. Literatura.

    E non pasa nada. Casares abríume os ollos afirmando que é inútil pretender universalizar esas sensibilidades.É imposible, ademáis de que serviría ?.

    Por outra parte a vida levoume a relativizar todo. Encontrei xenios fillos da puta, pero son xenios. E persoas encantadoras de serpes tremendamente manipuladoras. Grandes contradiccións que non invalidan o talento. Facemos inferencias precipitadas, temos prexuízos...pensamos "defectuosamente", é humano. Teño un inventario de erros de pensamento, agora non vou votar mau del porque é tarde, pero merece a pena traballalo porque eses erros executámolos todo-los días.

    O feito de que o autor citado sexas pelotas, bilingüista, vaidoso, ó mellor tamén tiñoso, non invalida a súa obra. Eso sucede moitas veces na vida. A mín dame pavor pero é así. Probablemente teñamos que adquirir unha disciplina de compartimentos estancos, senon perdemos demasiadas oportunidades rexeitando por motivos alleos obras, relacións humanas ou o que sexa.

    A veces gosto de recordar que a sociedade na que nos tocou vivir é inmensa en oportunidades. ¡Celebrémolo!. Estamos eiquí a latricar.

    ¡A liberdade!.

    ¡Lobo ceibe!. ¡Pavor popular!

    ResponderEliminar
  18. Cómo se lle chama ó que fala tres linguas?. Trilingüe.

    E dúas?. Bilingüe.

    E unha?. Inglés.

    ------------------------

    O anónimo anterior debe de ser óptimo escritor. Monolingüista ou polilingüista, que non sei cal se opón máis a bilingüista. Crítico cós seus superiores. Guapo, humilde,e de gustos sinxelos. Gusta do ácido máis que do dulce.E listo. Trabúcome?.

    ResponderEliminar
  19. Ten razón no das sensibilidades, Fredulfo. Pero ningún de nós ten un tipo de sensiblidade única. Pode haber unha dominante, que hasta din que están asociadas a sustancias químicas concretas, pero todos temos momentos pra todo. Os desencontros danse porque non todos sentimos as mesmas cousas NO MESMO INSTANTE. Un libro ou un autor pode dormir o soño dos xustos na biblioteca durante anos, como un paxaro dorme nas gallas. Hasta que chega unha situación na vida que fai que a nosa man de neve o colla, e lle diga: "Levántate e anda".

    ResponderEliminar
  20. Non, non son de ningún círculo. Só coñecín a Casares nun xantar colectivo en homenaxe a outro autor famoso e non tivemos a máis mínima oportunidade de falar. É máis: nin siquera el falou moito (máis ben nada) naquela cea.

    ResponderEliminar
  21. Arume, cheghei a pensare que eras Hakon o fillo de Casares.

    ResponderEliminar
  22. Pois é así amigos, Caneiro podía ser un bo escritor engreido e feo, pero que lle imos facer, é mal escritor, engreido e feo.

    ResponderEliminar
  23. Pobre Caneiro, desta tocoulle a el: agardo que non se enfade por este fío que non ía nesa dirección, pero alguén quería sacar a Caneireo polo medio ... En calquera caso, seguro que lle interesan algunhas reflexións que sobre a literatura se fixeron aquí.

    ResponderEliminar
  24. Pois xa ve. A Häkan coñézoo millor, pero tampouco moito (falei con el en dúas ocasións), porque foi alumno noso. Vai ser difícil encadrarme (sic) en círculos. Non son capaz. Vaime mal: dame algo.

    ResponderEliminar
  25. Pobriño, é certo, dende Amote vai carreira abaixo.
    Nesa obra revelou o seu valor literario, e a partir dela o seu compromiso coa lingua e co pais, o seu verbo crítico, lúcido e incorruptibel, a súa austeridade, e sinxeleza, tamén o seu paletismo de Verin, onde vive nunha Dacha, paséase cun Audi, e mírase nunha enorme fotografía de si mesmo, todo un divo, toda unha proeza da natureza, un xenio que a este paso vai resultar senil. E os que o elevaron agora agóchanse, os que dician que si, agora din que sempre dixeron que a verdade, que non.
    E o pobre home vai encaixando o que pode atribuíndollo a envexa, quere sentirse un xenio incomprendido, e abraza a pasión do seu martirio baixo as faldas de Santiago Rei lambendo sen tregua e sen descanso, traballando arreo pola causa, pola súa causa, que se chama Xosé Carlos Caneiro e tontos asociados.
    "Ai que pena me das, Esperanza por Dios, solo sabes bailar CHA CHA CHÁ!"

    ResponderEliminar
  26. Marcos, pero onde cre estar para que lle de pena Xosé Carlos Caneiro?. No Olimpo supoño, con Vicente Risco, Otero, Xoán da Cova...

    ResponderEliminar
  27. Òspera de Dios. Con queñes me foi poñer o Anónimo. Non, home non, eu sonlle de ciencias...

    ResponderEliminar
  28. E que XCD considérase mellor por ser de ciencias, amais hai xentes de ciencias que tamén lle dan as letras, e moi ben, non comprendo ese pretendido e pouco pertinente elitismo.

    ResponderEliminar
  29. Vaia. Leo no Faro que ValenÇa do Miño está de feira Medieval este fin de setimana. A quen veña hasta alá, invítoo a un pequeni almoÇo no "Virar do Aire", pequena cafetería que ten unhos bolos de arroz riquísimos, ou a un arroz de marisco ,riquísimo, no "Limoeiro", o restaurante coa comida máis rica da Fortaleza, ao meu gosto.

    ResponderEliminar
  30. Óspera de Dios!. Coñécese ben que son de ciencias, que non me fago enteder na escrita...

    ResponderEliminar
  31. Hasta o invito a vostede, Anónimo.

    O ano pasado, nesa mesma festa, había un espectáculo de cetrería. Un dos falcós, pousóuse nun tellado e, maila as ordes do instructor, non quería baixar. Imaxinéi que a ave non distinguía ao instructor, entre todos os curiosos que lle azaneaban e lle berraban ó paxaro. Eu, entre o público, "flipaba" coa pouca colaboración e o pouco coñecemento do comportamento do paxaro. Non lles vou contar o que fixen, que me da vergonza. O caso é que o paxaro baixóu voando rápidamente á luba do cetreiro.

    ResponderEliminar
  32. Por certo, falando de cetrería, veño de lembrar que esa foi unha das actividades de Lobo Neghro, nos lontanos anos setenta. Aquela "Lexión Verde". Non sí, Lobo Neghro?.

    ResponderEliminar
  33. Gosto da música pero non da idolatría. Non sei como soará, pero para min que van a adorar a imaxe.

    ResponderEliminar
  34. Non, eu creo vamos a adorar, como Narcisos, a esa parte de nós mesmos que alimentamos coa música de Dylan. Dylan é o pretexto: nós somos os idolatrados.

    ResponderEliminar
  35. Amigo arume xa sabe da relacion entre Narciso e a narcolepse, teñan coidado, que os trastornos de personalidade están a producir estragos.

    ResponderEliminar
  36. Que parte de Dylan? A relixiosa?

    ResponderEliminar
  37. E haberá transplantes das "partes"?

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.