14 jun 2008

En transición. (Pan por Pan sábado 14 xuño)

Editados pola Universidade da Coruña e da man de Federico Cocho, xornalista ourensán, chéganme dous libros de interese e fermosa presenza. Un deles, “Poesías. Iris. Número 8”, é a reprodución facsímile dun caderno de poemas manuscrito de Xosé María Álvarez Blázquez, datado entre 1934 e 1938. hai versos en galego e en castelán, escritos cunha letra moi pulcra, dunha claridade case transparente, e contén tamén traducións ó galego de Víctor Hugo e Virxilio.
O outro, titulado “En transición”, é un amplo catálogo dos adhesivos que marcaron as ultimas décadas: as pegatas que difundimos e transmitimos entre todos creando unha orixinal iconografía da Transición democrática. Un paseo en imaxes por unha historia non tan afastada no tempo, pero da que se van perdendo moitos referentes: ben, quizais queden só como argumentos para algunhas series de televisión.

3 comentarios:

  1. ¿Non debería ter coidado co autocolante que pon? ¿Non ve que o poden acusar de facer sublinimalmente propaganda socialista?

    ResponderEliminar
  2. Alvarez Blázquez, outro bilingüista. Estámosche bos.

    ResponderEliminar
  3. Pepe, cambie o apelido, chámese polo seu verdadeiro, Insidias, Pepe Insidias.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.