13 jun 2008


noraboa: nova medalla Castelao (foto Trebolle)

23 comentarios:

  1. ¿Non estaría simpático que o Carrabouxo tirase do armario algunha vella viñeta súa contra as medallas Castelao?
    Agora eu tamén o quero felicitar, pero non sei como facelo preguntando. ¿Alguén me pode axudar?

    ResponderEliminar
  2. ¿Non sera o Carrabouxo o personaxe mais querido dos Ourensáns hoxe en día?

    Váleche?

    ResponderEliminar
  3. ¿Non se lle ocurre outra pregunta un pouco mellor para felicitar o señor Carrabouxo?

    ResponderEliminar
  4. ¿Caelle nunha chuvia ou escollérono por amigo?

    ResponderEliminar
  5. ¿Parécelles transcendente esta decisión? ¿Non lles preocupa?

    ResponderEliminar
  6. Pois eu penso que está ben dada a medalla, que coño. Ún repasa nóminas anteriores e acojona ver algunhas. Se é trascendente ou non, se ten carga política ou non, sería outra cuestión (e que a estuden outros). Eu penso que o seu personaxe xa é tan noso, tan de aquí, como en su día foron O Cepo ou o Capitán Bombilla. Ou sexa, que parabéns para o Carrabouxo que, como ocorre cos bós creadores, fixo un personaxe que resultou ser o seu autor.

    ResponderEliminar
  7. ¿Agora que o Bloque escribe en castelán (caso Vigo), poderá tamén o señor Chesi ter unha medalla algún día?

    ResponderEliminar
  8. O señor Chesi terá algún día a medalla da gloria literaria. Parécelle pouco?

    ResponderEliminar
  9. Agora si que compre contención.

    ResponderEliminar
  10. De verdá que o que compre é que vaian todos pra Siberia a un campo de reeducación a -40ºC.

    ResponderEliminar
  11. Non é mala a pregunta inicial do Preguntas, así tamén se podería preguntar en qué persaxe dos TBOs está copiado, perdon inspirado, o tal dibuxo, e así máis contradiccións désta nosa arrepiante aldea grande e badoca.

    ResponderEliminar
  12. Ah, Beria, Beria. O meu sono e poder fuxir dunha cidade onde estamos a 40 graos e permanecer noutra a menos 20. Pero notáselle unha xenreira estalinista que é fermosa, un eco dun vello tempo que adoitan botar de menos os expertos en teratoloxías. Léveme onde vostede queira: Siberia, se podo ler a Dostoyeski, Tolstoi ou Chejov, acepttto con parcerr. Se é para ler a Marx que lle dean polo cú (ó sitio e ademáis a vostede). Pena perder a súa xuventude lendo merdas de protocolo político cando estaban a mano (por certo, sintoo dicir esto: en castelán), Stendhal, Sterne, Shakesperae e algúns nomes máis. Se vostede aprendeu técnicas estalinistas, lembre: foi nun idioma dos "pijos". Vémonos en Siberia. Por certo, se nos atopamos alá, en que falamos? Hai bastantes xenerais arxentinos dos setenta que pensan exactamente igoal que vostede. Debe de ser un honor. Pregue unha oración pola alma de Pinochet e por favor perdone os nosos pecados xuvenís. Hai corenta anos que quedaron atrás. Quizáis en "Camino" atope o camiño da sabidoría. Confiteor Stalin omnipotente...

    ResponderEliminar
  13. O pijo Chejov
    O pijo Chesi
    son Godddddddddddddddddddddddddd!

    Non me podo conter, síntoo.

    ResponderEliminar
  14. ¿Por que quedou tan afectado, don Chesi, cando Beria en Siberia lle chamou "pijo do parque"?

    ResponderEliminar
  15. ¿Non ve que non lle é bo tomarse as cousas tan a peito?

    ResponderEliminar
  16. Quen matóu a máis persoas coas súa propias mans, Pinochet ou o Ché?

    ResponderEliminar
  17. Está moi atinado P Preguntas !!! Esas xenreiras só producen úlceras estomacais.A máis a máis,o emprego de expresións tan malsoantes, por parte do Don.Chesi pouco lle favorecen.

    ResponderEliminar
  18. Os rusos teñen a expresión "Frío e sol, día estupendo!".

    Haberá que aprender esa canción popular rusa que dí:

    Ah, inverniño,inverniño
    Fuches frío, fuches frío,
    Cubriches todolos carreiros
    todolos carreiros e camiños
    e non se pode pasar
    nin a pe nin en carro...

    Pra os que saiban poñer o teclado con caracteres rusos, a escritura latina do título sería "zimushka-zima".

    Vaia. Veño de quedar "siderado", como din os portugueses, ao comprobar que no iutube tamén está escrito así: PREMER. Pero terá que haber algunha versión con mellor son.

    ResponderEliminar
  19. Estades a ver o que vos avanzaba, a miseria da aldea, o victimismo estúpido, un home que escribe con precisión e intelixencia enorme, perdido nunha estrambótica discusión con ninguén, aquí desaparecen as pantallas e están a rexurdir pantasmas e memeces, por certo, escribindo ísto, considérenme un memo máis.
    Obrigado.

    ResponderEliminar
  20. E non esquezan ,si len a Dostoievski, que as temperaturas nas suas obras estan dadas en graos Reamur, tal e como era tradicional en Rusia noutro tempo.

    ResponderEliminar
  21. De verdá que o Chesi vai pasar por faltón unha boa estancia nun campo de reeducación do gulag que eu teño montado en Siberia a -40ºC.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.