14 jun 2008

Perder a razón, de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región, 14.6.08)

Que o home é un ser racional sabémolo desde pequenos. Precisamente esa capacidade de raciocinio e reflexión sobre o propio ser é o que sinala a principal diferenza co resto dos animais, sexan nécoras, xirafas, paspallás ou lagartos, e que agrupamos todos nun lote a eito, baixo o rubro difuso de ‘irracionais’. Así pois, o home actúa guiado por esa razón esencial que nos caracteriza e cando perde as referencias da realidade e crea un mundo imaxinario no que se instala moitas veces como único habitante e cunhas pautas de comportamento e actuación tamén únicas, dicimos que se volve tolo ou que perdeu a razón. E a razón tamén se pode perder, non por construír e vivir nese universo onírico particular, senón por responder a circunstancias da vida cotián con actuacións desproporcionadas, agresivas ou absurdas.Por exemplo, se un ve a alguén emporcado con rotuladores a fachada da súa casa, está claro que se lle rifa, reprende ou denuncia, tería toda a razón. Pero se toma a xus tiza pola man e lle rompe os brazos para que non o volva facer, está claro que perdería a razón que orixinalmente puidese ter.
(o artigo completo)

2 comentarios:

  1. ¿Haberá alguén deste blog que perdese a razón?

    ResponderEliminar
  2. É curioso porque nunca o pensei: pero a persoa máis razonable do mundo nas súas entradas (artigos y demáis) ven sendo Alfonso Vázquez Monxardín. O equilibrio entre úns e outros, a auctoritas equidistante. Voces así fan falla. Un saúdo para Alfonso.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.