11 jul 2008

A mesa cósmica de Piñeiro e o HAL de Kubrick
MANUEL RIVAS 11/07/2008 (El País)


O artigo completo

Roda de opinións sobre R. Piñeiro, recollida por D. Salgado (A.Baamonde, H. Monteagudo, L.Álvarez Pousa, etc.)

E que cousa o piñeirismo? Ese home en loita co "ambiente cósmico", que viaxaba no espazo-tempo, que fixo da mesa de braseiro unha supercomputadora, era tamén un paradigma de realismo. Piñeiro tiña dúas conexións, en realidade complementarias. O ollar cósmico e o principio de realidade. Nel habitaban o día, a noite e máis a aurora. Coñeceu a aurora na adolescencia e nun período moi breve, o da esperanza galeguista e republicana. Despois caeu a noite e coñeceu a clandestinidade nos anos máis crueis da ditadura. Foi, pois, un resistente, que acabou na cadea cando era sinónimo de morte. Ao saír do cárcere, talvez viviu o máis dramático dilema. Proseguir a resistencia política directa ou tentar resistir por medio do que chamou a tarefa cultural. Sempre ficará a dúbida de se foi atinada a decisión de aplicar a eutanasia ao Partido Galeguista, en doloroso enfrontamento cos exiliados.
O nome escollido para a operación cultural foi magnífico (Editorial Galaxia, outra vez o cósmico!) e o proxecto foi realizado co esforzo dun dos mellores equipos que tivo Galicia, nos que sobrevive polo menos un prometeo, Francisco Fernández del Riego.
O piñeirismo era unha ecuación simple: democracia + autonomía + europeísmo. E logo unha técnica, sobre todo unha técnica. O traballo coas elites. A sedución das elites. Hoxe toca pesar pan. Así que no balance positivo, dous intres históricos: O movemento contra o aldraxe da discriminación estatutaria e o acadar un consenso para a Lei de Normalización Lingüística, mesmo convencendo á dereita máis de a ceacú.
Don Ramón Piñeiro ter non tivo moitos medios. Viviu sempre de xeito humilde. O asombroso é que sempre tiña tempo. E sobre todo, tiña unha mesa cósmica.

129 comentarios:

  1. Extraordinario o artigo d´O Rivas.

    Para calquera outro escribidor do común, sería imposible dicir tantas cousas dun xeito tan fermosamente alegórico.

    ResponderEliminar
  2. Verbo da reportaxe de Daniel Salgado, boto en falta a opinión de Carlos Fernández, un dos mellores -se non o mellor- coñecedor do pensamento de Piñeiro.

    Pero é o que ten facelo todo desde a capital (ou sexa, de Compostela): só se bota man dos que están a man. E Carlos Fernández vive, ou vivía, en Vigo. Este "centralismo" vainos matar!

    ResponderEliminar
  3. Aiquí tamén falan da MESA-CAMILLA do Piñeiro:PREMER.

    ResponderEliminar
  4. Amigo Rivas,democracia+autonomía+europeismo non é unha ecuación. É unha suma. Anque tampouco, porque por "suma" nun senso amplio, enténdese unha ley interna con estructura de grupo abeliano. Podémoslle chamar logo, "operación interna". Pero tampouco, porque non está clara a definición sin ambiguedade do conxunto ó que eses tres elementos poderían pertenecer. Vámolo deixar en "operación" a secas...
    É coña,home. Só é pra demostrar que os de Cencias tamén nos sabemos poñer quisquilosos có senso das palabras...

    ResponderEliminar
  5. Do resto, coincido có primeiro comentario do post.

    ResponderEliminar
  6. despois de semellante reflexión de CLR poderíase pensar que mantén un razoamento co que pretende o millor para o galego. Moito me temo que o que busca realmente é o peor para o galego.
    Empeza a ser frecuente a opinión en prensa de que o que compre é amabilidade e seducción, que, neste terreo, as leis non están feitas para cumprirse,(as leis favorables ao galego) que erguer calquer plataforma que defenda coherentemente aos galegofalantes e esixa o cumplimento desas leis é contraproducente, que manter actitudes reivindicativas é obcecarse nunha vía inútil.
    A desmobilización xeral, o abandono das plataformas de defensa do idioma é o camiño!
    Nunca veremos a estes persoaxes reflexionar, por propia iniciativa, sobre a situación de desprotección e desigualdade que sofren os falantes do galego, máis ben os veremos descualificando de xeito prepotente a todos os que se atreven a tentar, dun xeito organizado, que as cousas cambien.
    En tono de brincadeira, remato:
    prefiro o bolero de Nico Jiménez que di así:
    "Suave que me estás matando...."

    ResponderEliminar
  7. O artigo de Rivas, é moi simple, sen materia gris, sen fondura, un mero relatorio adosado a unha imaxe naif.
    Aplana a Piñeiro e réstalle substancia.

    ResponderEliminar
  8. Pois a que esperas ti que tanto sabes. Fainos un artigo complexo, fondo e sustancioso. Veña, bonito, escribe, demostra a túa materia gris.

    ResponderEliminar
  9. Encantado polo seu encargo señor, só lembrarlle que ao igual que Rivas, eu tamén cobro.

    ResponderEliminar
  10. Para chegar a cobrar primeiro hai que demostrar gratuitamente a valía durante algún tempo. Ninguén lle paga a descoñecidos que non teñen unha traxectoria previa. Así que menos contos e demostra a túa materia gris. Ou es dos que moito predican e despois non fan nada con xeito?

    ResponderEliminar
  11. Hai moito bedel que quere ser directivo de empresa, así polas boas.

    ResponderEliminar
  12. Eu non teño nada que demostrar. A miña materia gris está espallada nun feixe de libros dos que estou en condicións de asegurarche que xa forman parte do patrimonio intelectual da Galiza. Nótase que non sabes con quen estás a falar. Se o souberas, non dirías as parvadas que dis.

    ResponderEliminar
  13. Se don Manolito Rivas fose da miña familia non lle había querer tanto.
    Beixiños, Rivas.-

    ResponderEliminar
  14. O anonimato favorece as presuncións mais fantásticas. Vestíndose de anónimo, calquer fantasma pode alardear de xenio sin probas que o demostren. Así é a rede. É como se Kyra ou calquer outro blogueiro solaino ven mañá, ou hoxe mesmo, e nos asegura por todos os deuses celtas que ten unha artesa chea de obras xeniais esperando que algún editor se fixe nelas para publicalas inmediatamente polo seu valor incontestable. Vale.

    ResponderEliminar
  15. A mín, cando me diga que a sua materia gris está espallada en feixes de libros que foron comprados polos leitores cós seus propios cartos,pra ter nas súas bibliotecas particulares, dirame algo, Anónimo.

    ResponderEliminar
  16. Se eu tivera obras xeniáis na artesa, non esperaría ningún editor pra comercialas. Se tan incontestable considerara o seu valor, arriscaría os meu propios cartos pra editalas ou mesmo. Ou é máis difícil ser editor que escritor?.

    ResponderEliminar
  17. Desde logo, falo de obras que lle interesaran a alguén, non de facturar contra cartos públicos.

    ResponderEliminar
  18. "A miña materia gris está espalada en feixes de libros que (cito e memoria) forman parte da historia de este país". Sen máis, con esa humildade. Ou resucitou Otero Pedrayo ou és un fantasmón de carallo (acepto o ripio). "A miña materia gris (...) forman parte da historia (...)". Se non és Otero tés que ser Andrés Dobarro.

    ResponderEliminar
  19. Eu creo que se ese xenio -o que pon a parir a Rivas- ten, como el mesmo di, a súa materia gris "espallada" nun feixe de libros, é que xa non lle queda nada desa materia: por iso di tales bebecadas.

    ResponderEliminar
  20. O problema do artigo sintético de Rivas (case unha entrada dun suposto diccionario de mitos galaicos) é que antes de comezar o ano Piñeiro xa deixou esgotada a reflexión.

    ResponderEliminar
  21. Si, é certo que o tema Piñeiro enganchou e aínda non estamos no 2009: eu mesmo son culpable (pero consciente) dedicándolle xa varios artigos. Cos de Rivas e Ferrín, aquí colgados, houbo outros nestes días de Marcelino Agis (GH); Pedro Rielo, etc.

    ResponderEliminar
  22. A historia de Monteagudo en Antuerpe, publicada en EL PAÍS, merece comentario. O fascismo está perigosamente instalado entre nós e aos poucos vaise amosando cruel. A separación dos estudantes que veñen de fóra nun centro especial antes de seren incluidos nos seus centros educativos respectivos é un síntoma preocupante. E máis se ven do goberno supostamente esquerdista de Catalunya.

    ResponderEliminar
  23. Engadín o comentario anterior por ver o nome de Henrique Monteagudo. Pido desculpas por facer paréntese no asunto principal.

    ResponderEliminar
  24. Estimado Anónimo das 03:54:

    Non son anónima ningunha, o meu nome é Kyra Prosokova e son, alén de viúva de guerra, prima segunda de Marina Oswald e propietaria dunha pensión en Nukus(Karakalpakstan). Alí para (hospédase) un rapaz de Galiza que se chama Júlio Medela. Ou sexa, que de anónima, 'nadita'. Xamais asinei comunicado ningún baixo o anonimato. E eu creo en Deus e na Virxe das Espigas. Júlio, en Deus e na Virxe do Viso; dígoo pola súa alusión, señor, aos deuses celtas, tan dignos de respecto coma calquera divindade, crenza ou opinión.

    Júlio está a aprenderme galego, tal e como eu lle aprendo ruso. E díxome, lendo o seu comentario, que en galego de seu, e sen ánimo inquisitorial...

    'alardear' dise "gabarse".
    'vale' dise "está ben".

    E repito o de antes: "Se don Manolito Rivas fose da miña familia non lle había querer tanto.
    Beixiños, Rivas".

    P.D.: Non comprendo como se atreve a criticar os anónimos cando Vde. asina tamén da mesma maneira.-

    ResponderEliminar
  25. Kyra, trateme ben o Jluio Medela. Ë rapaz delicado e ten veleidades artísticas que sempre chegan ó alcol ou á literatura, que é moito máis grave. Gosta o rapas de comer ovos fritidos (sen patacas) no almorzo, un caldiño pola noite e na mañancina, ao espertar, un groliño de licor café. Na tardiña, nmada lle vai mellor que un anaco de empanada con dous ou tres vasos de viño (tinto) e si na noite ten pesadelos cun tal Jack Ruby, acoecheo e cantalle algo moi doce, moi suave que o faga durmir. Os peidos no teñen remedio: hai que aturalos si un quere ó Medela.

    ResponderEliminar
  26. JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA
    VIVA O NOSO DON CHESI!!!!!!!

    Kyra Prosokova
    Júlio Medela
    Don Chesi
    Jack Ruby...
    Que gente lleva mi carro!!!!

    Saúdos, amigo.-

    ResponderEliminar
  27. Eu que contaba que ó Chesi xa o mandaran para Siberia e mira ti por onde volve aparecer, con unha monadiña das súas.

    ResponderEliminar
  28. Preparámoslle a fuga, os do servizo secreto da Solaina, vía República de Tyva e visado falsificado para Ulán Bator.
    Alí pillou un Villalón ata Zurich e un Anpián ata A Gudiña.
    Apañou, por fin, un taxi que o deixou no parque de San Lázaro, e o primeiro que fixo foi ir a un cíber.

    ResponderEliminar
  29. Cheguei a Xenebra, na rúa Pierre Fatio. Vou cara o CERN, onde as partículas e mais eu somos só un punto na geografía da historia. Mentras aceleramos os protóns circulo pola misma estrada que Borges e Cunqueiro: a física non deixa de ser a forma máis fermosa da poesía. Creo que podo descubrir as sombras de Julio López Cid e de Valente antes de me converter no que agora mesmo son: nada. Un día atoparei, cara a cara, a José María Escrivá de Balaguer e falaremos de cousas sen futuro. Amen.

    ResponderEliminar
  30. De verdade que os mando a todos Siberia. Van a probar o forno crematorio que mandei construir.

    ResponderEliminar
  31. Señores XDC, Cintolo e Apicultor, parece que lles doeu o meu comentario: "A miña materia gris está espallada nun feixe de libros..." Nin que manifestando tal cousa (unha obviedade para quen coñece a miña obra) quebrantara algún dos fundamentos nos que se asentan as suas certezas de homes cultivados e posuidores dunha obra (?) e duns coñecimentos fóra do alcance do común dos mortais. Que foi o que os molestou exactamente? Acaso os demais non podemos ter unha obra digna que, sen chegar á excelencia doutras, goza do favor da crítica e dos lectores e ten asegurado un lugar de privilexio nos estantes reservados á "materia gris" da nosa cultura? Que un servidor non queira saber de capeliñas e fuxa de estridencias mediáticas como do lume, non vos dá dereito a frivolizar sobre o "feixe de libros" saídos do seu maxín e que xa pertencen ao patrimonio cultural da terra nosa. Cada un o seu e sin pasarse de listos, que as cousas son mais complexas do que estas virguerías virtuais que vos traedes fan ver ou deixan entrever.

    ResponderEliminar
  32. Ou pagan ou non hai artigo, e non se fale mais.

    ResponderEliminar
  33. De verdá que quen vai ir a un gulag é o burdo e borde imitador que me saiu e que escribe antes ca min. En Siberia non hai fornos crematorios, ignorante contrarrevolucionario, senón campos de traballo e reeeducación. Xa te enterarás, xa.

    ResponderEliminar
  34. E o anónimo fantasmón que di que escribiu un feixe de libros (cómo non sexa un feixe de palla) tamén vai ir de verdá a Siberia a -40ºC.

    ResponderEliminar
  35. Ha, ha, ha, ha. Xa sei quen é ese "anónimo fantasmón". E si, podo certificar que ten un "feixe de libros". O que pasa é que aínda non os escribiu nin os publicou, o cal é un detalle sen importancia, pero ter ténos no seu maxín, que é o que conta. E tamén acerta no de dicir que a súa é unha "obra digna", só que lle faltou engadir "... de nacer". Un fenómeno que nunca aprenderá a escribir sen cometer faltas de ortografía. Ha, ha, ha, ha. Está ben, machiño, está ben. O de hoxe é para nota, superácheste a ti mesmo.

    ResponderEliminar
  36. Se é o mesmo que penso eu, é un tipo incapaz de facer un O cun canuto, amais dun aburrido. Iso si, froito do seu delirio de grandeza crése mellor que Rivas ou que calquera outro do mundo mundial. Criatura.

    ResponderEliminar
  37. Que criaturas mais tenras pululan por este blog. Que pardilliños que sodes. Que fácil é xogar con vós e confundirvos.

    Dame a min que o Anónimo do (SÁB, 12:36:00 PM) e o do (SÁB, 01:28:00 PM) son o mesmo, pero que nada teñen/ten que ver co Anónimo do (SÁB, 03:31:00 PM), de igual maneira que o do (SÁB, 11:28:00 PM) non ten nada que ver co do (SÁB, 11:29:00 PM), ou que o que firma cachador non é o mesmo que o Anónimo do (DOM, 12:42:00 AM). E que outro Anónimo xoga a duas bandas polo menos. Isto dos Anónimos non hai quen o controle. O cachador escachado.

    Seguide así, a cachar fantasmas, que dá gusto xogar con vós.

    ResponderEliminar
  38. Os anónimos solapanse uns noutros, baixo a apariencia dun aparecen varios que se complementan.

    ResponderEliminar
  39. O Anónimo Perfecto é o que ten un nick fixo, que lle serve de parapeito para desboblarse noutros Anónimos sen levantar sospeitas. Por exemplo, o que firma "cachador" non sei non sei se non será un de nick fixo e habitual do foro solaino. O cachador cachado.

    Iso si, que mais quixéramos que todos os Anónimos foran tan educados como estes de por aquí.

    ResponderEliminar
  40. Os anónimos non somos ninguén, somos todos uns mindundis, uns inadaptados, uns acomplexados máis ou menos rabiosos que tiramos a pedra pero nunca acertamos o branco. Non temos voz nin voto, ninguén nos fai caso, somos uns fracasados, poucos temos sentido do humor, andamos pola rede como almas en pena. O noso sino é vagar e vagar, e facer o parvo moitas veces.

    ResponderEliminar
  41. O das 11:14:00 AM cae no ridi coas súas deduccións, facendo o que fan outros.

    ResponderEliminar
  42. O que vai de Cachador é o tonto do Apicultor.

    ResponderEliminar
  43. Sodes parviolos ou que? Chega o de sáb jul 12, 12:36:00 PM e xa lle entrades ó trapo. Tras del ven a recua de anónimos insulsos a escarallar o posts coas súas chorradas. É que non sabedes pasar do spam?

    ResponderEliminar
  44. Outro spam ás 04:16:00 PM. Pasade del, non lle fagades o xogo.

    ResponderEliminar
  45. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  46. É unha rasa entolesida.

    ResponderEliminar
  47. Boto de menos a Jimy de Rairo. Ondandará?

    ResponderEliminar
  48. E quen é Jimmy de Rairo?

    ResponderEliminar
  49. Un pensamento aínda moi válido nestes tempos
    ALFREDO CONDE

    Non debe ser casualidade ningunha, digo eu, que a Medalla de Ouro de Galicia fose este ano pra Editorial Galaxia e máis que a RAG decidise o nome de Ramón Piñeiro como o que ha ser obxecto de conmemoración no Día das Letras Galegas do 2009. Só falta que o Governo de Galicia, que o temos, tomara a decisión de suprimir o tal día 17 de maio como festivo convertíndoo nun día laboral máis; adicado por enteiro á conmemoración e celebración, nos centros docentes, dunha figura que conquireu, na maioría dos casos, como é o deste ano, que ese día a moitos se nos antolle máis de traballo, mesmo de traballo arreo, que de nugalla e festa.

    A figura de Ramón Piñeiro, o tan recordado, foi e segue sendo capital no canto de desenvolver unha comprensión da galeguidade e do galeguismo acorde cos tempos que corremos, que aínda corremos, pois o seu pensamento segue a ser válido hoxe tanto como o foi onte. Acaso suceda así porque non soubemos, non puidemos e mesmo algúns non quixeron facelo válido ata as súas últimas consecuencias. Ou mesmo non souberon velo na súa total integridade.

    O feito de que agora a RAG, atendendo unha proposta que sen dúbida seguiu a canle institucional precisa, decida que se produza tal acontecemento supón a posiblidade de someter a debate, a debate serio, rigoroso e documentado, a figura e o pensamento piñeirista, que algúns chaman galaxista e ó que outros lle din culturalista. Non está mal, ó cabo do tempo, a tal e última denominación, pretendida e pretenciosamente pexorativa. Menos aínda nestes tempos de manifestos, no que algún deles e singular, é escrito sempre con letra capital, como se fose o manifesto dos manifestos, a Biblia ou así, el, o tan intelectual. O debate debe producirse. Debemos saber cál é a nosa actitude verbo da cultura que nos é propia e da que compartimos co resto dos españoles.

    É necesario que se produza ese debate. Quizáis así se evidencie, un chisco máis, a necesidade de que antigas e abandoadas concepcións e prácticas do galeguismo sexan retomadas por alguén máis que polo sector máis moderado e cabal do BNG; é dicir, polo partido do presidente Touriño que turra, xunto con Xosé Blanco, xa ven, pero non o abondo, dun colectivo ó parecer bastante renuente a esta clase de compromisos coa realidade galega. Escúsase advertir que tamén polo PP que tan lonxe se atopa hoxe sequera de aludir á pretensión de levar a ramo aquelas propostas de administración única, reforma do Senado e ampliación das augas terrioriais galegas ata as catorce millas náuticas, fóra de puntas, que tantas ilusións espertaron nalgúns inxenuos, entre os que lóxicamente me inclúo. E iso é o que hai, a realidade galega a estudio, de novo gracias a Ramón Piñeiro e maila xente que o recorda.

    ac@alfredoconde.com

    ResponderEliminar
  50. Jimy de Rairo é o que está a facer un artigo sobre Piñeiro moito mellor que o do Rivas. E sen cobrar.

    ResponderEliminar
  51. Vai ser toda unha revelación.

    ResponderEliminar
  52. Bágoa entón que non cobre. Pero eu non teño visto nada editado con ese nome, trátase entón dun autor non editado, ou dun escritor ágrafo?

    ResponderEliminar
  53. Que responda el, que por aquí anda.

    ResponderEliminar
  54. Un escritor ágrafo é como un cantante que non canta.

    ResponderEliminar
  55. Ou como un apicultor sen abellas, un pastor sen ovellas, ou unha grande persoa sen amigos.

    ResponderEliminar
  56. Se non escribe, mal pode aparecer por aquí, e moito menos cometer grallas de orografía.

    ResponderEliminar
  57. Ou é todo moi confuso ou aquí hai gato encerrado. Moito cachondeo me parece a min.

    ResponderEliminar
  58. A min dixeronme que Ónega é Rairo.

    ResponderEliminar
  59. A min que actuou en Ortigueira, non sei se escribindo, pero cantando si.

    ResponderEliminar
  60. É asesor principal do novo director da CdC. Xente importante e moi vingativa. Coidadiño.

    ResponderEliminar
  61. "...e moito menos cometer grallas de orografía"

    Poste a corda no pescozo ti sozinho: orografía non é o mesmo que ortografía. A orografía nunca ten grallas, o que pode ter é fallas.

    ResponderEliminar
  62. Mais ben parece que o anónimo anterior é un pouco tolleito para as ironías.
    E dise que é Onega, pero non Fernando.

    ResponderEliminar
  63. Segundo información mais de fiar, é home moi cercano a Xacinto Rei e asesor oficioso de Anxo Quintana, e tamén moi proximo a Suarez Canal para certos temas que atañen a relacións politicas "sui generis".

    ResponderEliminar
  64. Hai por aquí moito cruce, non se entende e seguro que o gato xa liscou.

    ResponderEliminar
  65. A min non me molestan os Anónimos, a min o que me molesta é a actitude de augafestas da maioría deles e o pouco constructivas que soen ser as suas intervencións. Normalmente, cando interveñen non é para aportar argumentos ao debate, senón para sumarse á cerimonia da confusión que algúns disfrutan orquestrando non sei se porque non teñen nada na cabeza ou porque a teñen chea de intencións perversas e o que pretenden é tronzar o foro en cuestión e a dinamica do propio blog, contribuindo así a estragar o bon ambiente que reinaba non hai moito e que desde o primeiro momento foi a premisa que quixo impulsar o empeño de Marcos Valcárcel. E non digo mais para que ninguén pense que son o comisario político do blog ou algo parecido. Moderémonos todos un pouco, aportemos os nosos puntos de vista sin insultos e con ánimo participativo e sairemos gañando todos. E quen queira facelo como Anónimo está no seu dereito, pero sempre desde o respeto e a vontade constructiva.

    ResponderEliminar
  66. Eu pénsovos que o crítico de O'Rivas que ten tanta materia gris espallada nun feixe de libros consolidados como patrimonio intelectual da Galiza ven sendo, O'Caneiro. Ademáis, como O'Rivas, Cobra. Sempre.

    De modo que non vos riades, nin provoquedes, porque ven sendo certo.

    Kona!.

    ResponderEliminar
  67. Concordo co Anónimo anterior. Creo que recuperar o bo sentido farianos ben a todos, incluido algún nick, famoso polas súas teimas, excesos e confusións. Concordo e colaborarei logo das vacións que enceto.

    ResponderEliminar
  68. Dende logo que Caneiro anda por aquí, seino de boa fonte, e hai algunha confusión porque Caneiro é o que vai ser novo asesor en cultura.

    ResponderEliminar
  69. Non, non é Caneiro. É outro moi, pero moitísimo menos coñecido. Case un descoñecido, case sen obra. Por iso disparou contra o Rivas. Outras veces fíxoo contra o Caneiro. Xa vos decatades por qué, por iso tan antigo como o ser humano. Esta é a verdade.

    ResponderEliminar
  70. Quen anda por aquí é o de "A caneiro cheo". Poño a man no lume.

    ResponderEliminar
  71. Eu referíame ao que puxo a caír dun burro ao Rivas e dixo de si mesmo que tiña moita materia gris espallada. Xa quixera el ter tanta obra como Caneiro... e é moito máis vello ca el. Ora, iso non quita que o Caneiro poida andar. Pode que mesmo sexa eu. Pero non.

    ResponderEliminar
  72. Que lercheo de anónimos!

    ResponderEliminar
  73. Ten sempre o mesmo modus operandi. Cando Marcos pon un texto dalguén coñecido ou prestixiado, el sempre o pon a parir en plan prepontente, pero nunca dando argumentos. Fixádevos o que dixo do artigo do Rivas: "O artigo de Rivas, é moi simple, sen materia gris, sen fondura, un mero relatorio adosado a unha imaxe naif. Aplana a Piñeiro e réstalle substancia". Sería unha opinión respectable se a continuación dixese cómo e por qué. Pero el queda tan campante. E cando lle piden que diga algo máis, que desenvolva o seu punto de vista, responde sempre con evasivas. Así fai sempre. Xa cansa a súa monodia. Actúa sempre como anónimo para ser difícil de detectar.

    ResponderEliminar
  74. Recén arribo de unha "noite de viño e rosas" na Ziralla. Entendamos por "rosas" as efémeras estructuras coloreadas que no alaricano ceo nocturno deseñaba o "lume volador" clausurando as festas de San Benito, con banda sonora dunha nota só ("TA-TA-TA-TAA..."),repetida e desfasada con respecto ós resplandores estroboscópicos.


    Anónimo (dese por aludido o que proceda): no meu caso, escusa pôr o reclamo "?". Eu teño un total de CERO obras publicadas. En canto a coñecementos, teño os que teño, e non llos cambio polos seus, como imaxino que vostede non os cambia polos meus. Como se foran os nosos pais e naes, por poñer un exemplo.



    Escribir, editar e publicar un libro é, técnicamente, bastante sinxelo hoxendía. Como un disco. Como fabricar calquer producto, en xeral. Xa non estamos na época da producción. Estamos na época da "venta", nun senso xenérico. A dificultade está en facer que o "producto",un libro neste caso, sexa escollido pola xente entre un milleiro de outros semellantes. Semellantes desde a óptica do leitor, non do escritor, que pensa sempre que a sua "criatura" é mellor que tódalas demáis. Anque xa o editor,"símbolo-masa" do público, se encargue de decirlle que "só é un home", e que a súa obra é, en principio, unha de tantas.
    Escritor non é quen escribe libros , senón quen é considerado como tal polos demáis, demostrándollo dese xeito tan prosaico que consiste en comprarllos. Porque a única escrita verdadeira é a escrita no cerebro humano. Se queda polo camiño, non é escrita.
    Comprende agora por qué non teño obra publicada?. Pra ter que "comela" eu, prefiro non levar o traballo de escribila. Cerro os ollos, e xa a disfruto eu soliño, na miña cabeza, sen "darlle o coñazo" ós outros.

    ResponderEliminar
  75. O anterior anónimo era eu, que veño, algo afectado polos viños.

    ResponderEliminar
  76. De verdá que agora o entendo todo e que o culpable é o tal Jimy de Rairo que vai ir a -40ºC a Siberia nun gulag por chuleta, fastasmón e faltón. E que os outros non se me poñan tontos, que á mínima van tamén para o mesmo campo de reeducación.

    ResponderEliminar
  77. Beria, se te pillo unha destas noites , m�toche a cruz

    ResponderEliminar
  78. E quen será ese Jimmy de Rairo do que tanto falan e tanto culpabilizan, eu nunca lin nada del nin aquí. Será unha pantasama.

    ResponderEliminar
  79. Polo visto é un fantasma que escribe como anónimo para que non o recoñezan e que antes firmaba desa maneira. ¡Vaia paxaro!

    ResponderEliminar
  80. Estase a construir toda unha teoría da conspiración. Os foreiros mais vellos refirense a un tal Jimmy de Rairo, como causante de certas perturbacións comunicativas, personaxe a quen a maioría non recorda e do que practicamente nada se sabe, semella case unha explicación mítica. Ao final esa personaxe vai ser o principio do ben ou do mal, e vai ter dito até o que non dixo, no suposto que dixera algo. Todos os anínimos un pouco esvíos van ser tamén o tal personax., e ao final vai ser o causante de todo, estar en todas partes e inducir a todas as practicas que sinalen estas persoas poseidas polo mito de Jimmy.
    Contención señores, menos paranoia e mais practica comunicativa.
    A Rivas téñolle lido artigos extraordinarios, pero non precisamente este, do que tampouco gosto, e por iso, non creo que haxa que pedir mais explicacións que as que se acostuman a dar nun blog.
    Confeso que son o anonimo que suplantou a Beria, pero fixenno porque comezaba a correrse o rumor de que se estaba a construir a lí un forno crematorio. A contentación de Beria tranquilioume moito, e non sabe como lle agradezo que tan só me condene al gulag para reeducarme. Agardo que no pouco tempo libre que teña, se me deixe ler os libros que me peten, que que non se me meta a reeducación na lectura, senón, case prefiro o forno crematorio.

    ResponderEliminar
  81. ¿Eres ti o pelma ese do Jimy de Rairo?

    ResponderEliminar
  82. Ese Jimmy só existe na mente dalgúns contertulios, debe de ser un mito.

    ResponderEliminar
  83. Jimmy de Rairo é a ánima en pena de Ramón Piñeiro.

    ResponderEliminar
  84. pero ese tal Jimmy non é todos os anónimos, polo menos eu, e sei doutros que tampouco son Jimmy. Quen é pois Jimmy?, sospeitas, paranoias...

    ResponderEliminar
  85. Eu non sei quen é Jimmy de Rairo. Pero sei que cando andaba por aiquí, ben valía a pena leer o que escribía, alto nivel, sí señor, en vez de tanto golpe de tecla botado ós porcos .

    ResponderEliminar
  86. Jimmy de Rairo cando escribía con tal nick era bastante comedido e amable. Cando escribe como anónimo deixa saír a súa parte máis estúpida. Non todos os anónimos son Jimmy, pero Jimmy é un dos anónimos máis activos porque lle colleu gusto. O que pon a parir a Rivas ou Caneiro ou Ferrín, o que dixo que os da Mesa tiñan intereses persoais, o que di que Quin é un traidor, o que vai de etarrilla, etc. É tamén o que escribe seguido: 11:18:00 AM, 11:30:00 AM, 11:34:00 AM, 11:45:00 AM.

    ResponderEliminar
  87. Miuda paranoia o deste último anónimo-apicultor co tal Jimmy. Paréceme que sobrevalora a Jimmy de Rairo.

    ResponderEliminar
  88. Este cachador-apicultor-anónimo-preguntas e outros niks, sigo a dicir, precisa atención profesionalizada.Está demasiado obsesionado con Jimmy, posibelmente sen causa obxectiva, por simple delirio. Non son ningún profesional pero recoméndolle unhas vacacións sen internet.
    Un dos síntomas da enaxenación mental é a incapacidade de discernir. Este pobre home na súa obsesión non distingue que baixo a denominación de anónimos escriben varias persoas, xuntaos todos no seu obxecto de delirio e atribuelle paranoicamente feitos e responsabilidades que so teñen como referente real a súa imaxinación.
    Creo que comeza a ser desagradabel esta psicose. Mellor será que pare, ou como vou facer eu, non facerlle caso.

    ResponderEliminar
  89. A min déixeme á marxe das súas lerias, paranoias e alusións absurdas, que ando noutras "batallas".

    Xa vin que durante a fin semana houbo, e segue a haber, varias mencións disparatadas a min. A verdade é que agradecería que buscase outro candadato máis axeitado para admirar e deostar. Máis ca nada por non aburrir ao pesoal.

    Desde logo non vou perder o tempo en desmentir as múltiples imputacións que ese anónimo obsesivo e reiterativo (sexa o tal Jimmy, Jimy ou quen diaños sexa) vai deixando polos posts adiante, teima que xa lle vén de vello.

    Xa dixen unha vez que se alguén lle anda a tomar o pelo e a cachondearse del, non é cousa miña. Debería preguntarse por qué o toman a chirigota. A ver se cambia de disco, home, que este o ten raiado! Nin en verán acouga, por deus santo. Reláxese ou faga que llo miren.

    P.D.: Non penso perder o tempo en respostar á previsible resposta que virá a continuación.

    ResponderEliminar
  90. Estaba eu a respostar á mensaxe das 03:41:00 PM, cando volve á carga con outra ás 03:58:00 PM.

    Pois vale, si, ten razón. Son eu, sempre son eu. Nin como, nin durmo, nin respiro, multiplícome por cen ou por mil. Contento? Vai acougar agora?

    ResponderEliminar
  91. Moi ben Apicultor vai no bo camiño, pero váiase decatando de que ese Jimmy mentouno vostede e que hai moito tempo que xa non aparece por aquí. Deberia se mais cauto coas súas sospeitas, coas suas paranoias, e reprimir esa tendencia a sinalar chivos expiatorios. Pode ser perxudicial para a súa saude. Agardo non ter que respostarlle mais.

    ResponderEliminar
  92. Sábeo todo de Jimmy o anónimo, logo é el, que estará a esconder

    ResponderEliminar
  93. A min déixeme á marxe das súas lerias, paranoias e alusións absurdas, que ando noutras batallas perseguindo a Jimmy.

    Xa vin que durante a fin semana houbo, e segue a haber, varias mencións disparadas contra min. A verdade é que agradecería que buscasen outro candidato máis fino, guapo e elegante para admirar e deostar. Máis ca nada por non horrorizar ao pesoal.

    Desde logo non vou perder o tempo en desmentir(cousa que estou facendo) as múltiples imputacións que ese anónimo obsesivo e reiterativo (sexa o tal Jimmy, Jimy, jim, ji, j, ou quen diaños sexa, e que devezo por atrapar) vai deixando polos posts adiante, teima que xa lle teño de vello.

    Xa dixen unha vez que se alguén lle anda a tomar o pelo e a cachondearse del, non é cousa miña, senón exclusivamente e taxativamente miña. Debería preguntarse por qué non o dou tomado a chirigota. A ver se cambia de disco, home, que este o teño raiado! Nin en verán acougo, por deus santo. Reláxese e faga que mo miren.

    P.D.: Non penso perder o tempo en respostar á previsible resposta que virá a continuación pero como excede o meu pensar respostarei, xa o comprobarán.

    ResponderEliminar
  94. Amigo Marcos: é imposible vir aquí e dicir algo libremente sen que veña este anónimo a boicotear. Ou controla dunha vez a este incontrolado ou o blog faise intransitable. Está tan omnubilado que non lle importa que todo se vaia ao garete.

    Ten unha obsesión tan enfermiza que até perde o tempo -debe sobrarlle- en manipular infantilmente as miñas palabras (xa o fixo outras veces). E logo acúsame de que son eu quen anda tras del. É o colmo. Tampouco me estrañaría que fose el quen se contesta a si mesmo para facer ruído e darse importancia. É que non é normal o que fai, pero nada normal.

    En fin...

    ResponderEliminar
  95. Que din os rumorosos que Jimmy de Rairo é X.L. Baltar. Non teño a seguridade pero corre un balbor (de Fernández Balbor) que pensa que o alcume de Jimmy non é senon a dicotomía Jekyill/Hyde. E o de "as grallas de orografía" foi a frase máis sensata que escoitei dende o de "llevamos tiempo trabajando en ello" con acento de Texas.

    ResponderEliminar
  96. E agora tamén dirá que son eu o anterior. Estáno tomando a coña e bótame a min a culpa. En fin...

    ResponderEliminar
  97. Non, Apicultor, agora sei ben que és ti: Albert Hammond, coa versión aquela de "échame a mí la culpa de lo que pase/cúbrete tú la espalda con mi dolor..." Ou sexa, non és ti i traidor: o traidor sempre está nas obras de Shakespeare e non nos blogs.

    ResponderEliminar
  98. Non, Apicultor, agora sei ben que és ti: Albert Hammond, coa versión aquela de "échame a mí la culpa de lo que pase/cúbrete tú la espalda con mi dolor..." Ou sexa, non és ti i traidor: o traidor sempre está nas obras de Shakespeare e non nos blogs.

    ResponderEliminar
  99. Xa ve, amigo Chesi. E iso que non son tan "famoso" -en realidade nada famoso- coma vostede. Ándese con ollo, non vaia ser que comece a tomala con vostede.

    (Doulle a posta a idea, a ver se me deixa en paz. Síntoo, pero é a necesidade de quitarse de enriba tamaña albarda. Compréndao, Chesi: hoy por mi y mañana por ti)

    ResponderEliminar
  100. Todas as abellas son Jimy.

    ResponderEliminar
  101. …pero Jimmy é un dos anónimos máis activos porque lle colleu gusto. O que pon a parir a Rivas ou Caneiro ou Ferrín, o que dixo que os da Mesa tiñan intereses persoais, o que di que Quin é un traidor, o que vai de etarrilla, de sionista, filonazi e amais un dos causantes da crise económica mundial. etc. É tamén o que escribe seguido: 11:18:00 AM, 11:30:00 AM, 11:34:00 AM, 11:45:00 AM

    ResponderEliminar
  102. Se chora así, até a min me conmove, Chesi, Marcos, consolenno.

    ResponderEliminar
  103. Non dar de comer ao troll, chámese anómino, Jimmy ou como carallo sexa.

    ResponderEliminar
  104. Xa está o señor rencoroso consignas, o seu suposto troll, sería eu, e son unha persoa razonabel, sensibel e con criterio, capaz de comunicarme e de expresar as miñas ideas, que con vostede sexa dificil, non debe levalo a ostender esta frustración ao xenero humano, señor, non son un troll, son un ser humano que gosta do diálogo, o practica e o ten en grande estima.

    ResponderEliminar
  105. Arrepiéntete pecador de la pradera!!!!!

    ResponderEliminar
  106. Se me poño a arrepentir arrasaría a pradeira.

    ResponderEliminar
  107. Sexo, drojas y rock and troll.

    ResponderEliminar
  108. "son unha persoa razonabel, sensibel e con criterio, capaz de comunicarme e de expresar as miñas ideas, non son un troll, son un ser humano que gosta do diálogo, o practica e o ten en grande estima"


    !!!!!!!!!mentirooooooooso!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  109. Vanlle dedicar o día das Letras Galegas 2009 ao Tosar?

    ResponderEliminar
  110. !!!!!Comprobeoooooooooooooooo!!!!!

    ResponderEliminar
  111. O Tosar en Lugo, é unha tasca que fai anos daba as millores tapas de callos do Reino (suevo)
    Non me extrañaría que lle deran o día das Letras se cadra en domingo.
    Hai que empezar por algo tan pedestre como o estómago, ó mundo das ideas chégase cando se ten a andorga chea.
    Imaxino a RAG en cerimonia
    na Praza do Campo diante da casa das Pombas de A. Abel Vilela, libando Albariño e cunha tapiña de callos na man.
    !Esa si que é muiñada¡

    ResponderEliminar
  112. E agora aparece por aqui, sen arte nin parte o tema Tosar. Afinen un pouco a puntería Oh!, eso vai por outro fio.

    ResponderEliminar
  113. Estes anónimos xa feden.

    ResponderEliminar
  114. E o anterior mais que ningún outro.

    ResponderEliminar
  115. Cumunismo: tódolos anónimos feden igoal.

    ResponderEliminar
  116. Pero uns feden mais igual que outros.
    O máximo fededor é o das 10:39

    ResponderEliminar
  117. Eres tonto!
    Si no te gustas es que no estás vivo
    Eres tonto!
    Pero eso es algo que nació contigo

    Y mañana al despertar, saltar de la cama
    Luchar tu mañana, mirar a la cara
    Que no eres nada

    Eres tonto!
    Salir a la calle sin la tonteria

    ResponderEliminar
  118. Que fío mais interesante. Que intervencións mais profundas e atinadas. Os Anónimos son a salvación dos foros, gracias a eles os foros fanse mais "biodiversos" e recobran a vitalidade perdida. Estou aprendendo mais con este fío que o que teño aprendido durante anos de visitar foros insulsos e afectados de corrección política. A min gústanme os foros onde os Anónimos "expresan" os seus "fedores" sin cortarse un pelo. Seguide así, que me tendes embobado con tanta desvergoña argumentalmente "fededora". Aquí tendes un fan para sempre.

    ResponderEliminar
  119. Manda carallo! Acabo de saír do convento no que estou a escribir as miñas mamorias de "outra tumba" e entéirome, en mui má hora e a través deste blogue ourensao, que lle dedican o día feirado das "letras gallegas" (a ver se coincide en ponte y nos vamos de excursión) a Reimundo Pinarium, colabourador e outavoz galego da CIA e do imperio americán, alacrán desfacedor do Partido, descafeinador do inmorredoiro mensaxe de Danial (Castelado) e, en xeral, inteleitoal lexitimador deste galeguismo pseudogaleguista, ou sexa, á ideoloxía autonomizante e mineralizante dos sociolistos do Touciño Des-febrado e mais do Pepiño de Madride. Dixen.
    MS

    ResponderEliminar
  120. Hai por aquí moito traido, moito traidor e chivato.

    ResponderEliminar
  121. Anónimo das 3:45:00 pm, eu tamén acabo de sair do convento, de Ursaria. Non será vostede o personaxe con quen vin a coincidir: o vicario xeral dos lexionarios de cristo.

    ResponderEliminar
  122. --------------------------------------------------------------------------------

    Ramón Piñeiro
    a) Resistiu a opresión cultural do franquismo ao precio de anos de cárcere
    b) Dignificou a nosa lingua traducíndoa a idiomas extranxeiros de prestixio
    c) Foi o artífice da Lei de Normalización Lingüística
    d Defendeu a Galicia rexeitando o estatuto do aldraxe
    e) Teceu unha rede galeguista por toda Galicia, en tempos de penuria
    f) Escribiu e viviu na clave de unir Galicia con Europa, desmarcándose do casticismo da cultura española fascista
    g) Foi un exemplo de integridade moral
    h) Non cobrou un can

    Non pode resultar extraño que Ramón Piñeiro concite o aplauso unánime de todo o mundo, e que ata Ferrín, o seu rival de antano, nun xesto que lle honra, recoñeza hogano a súa figura exemplar.

    ResponderEliminar
  123. Si, si... menudo alamento era o Ezra Pound... Con estes adevogádevos, mal vai saír parado o interfecto ao que lle dedican as letras gallegas

    Non, fredulfo. Eu era aquel pelingrín de raza celta indoeurpea, que é a que a vostede lle gusta, que parou no mosteiro.

    Vostede si que non deixaba de latricar... e iso que nos mosteiros, á hora da "refeizón", hai que estar caladiños.
    MS

    ResponderEliminar
  124. Fastídiame, pero comparto totalmente a opinión de Ezra Pound respecto a R. Piñeiro.

    ResponderEliminar
  125. Pero entón non vai haber marcha, se atéFerrin xa no comezo aplausa, miudo aburrimento. Ala loas e loas, encomios, haxogafias, e o debate galeguismo-nacionalismo, outra vez sustrido baixo os oropeles.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.