6 jul 2008


A MIRADA RETIDA (La Región 6.7.08)
O PASEO
É bo e desexable que as cidades teñan puntos de referencia, espazos de encontro. A nosa Auria ten sorte nisto e dende sempre marcou os perfís dunha identidade ben definida: as Burgas, a Catedral, o Miño e as pontes, o Posío, o Montealegre, etc. Nesa identidade ocupan o seu lugar tamén os espazos de sociabilidade e poucos tan relevantes no noso caso como o Paseo ou a vella Travesía de nomes franquistas cando se sacou esta foto, supoño que anterior a 1968 (non se construíra aínda a Torre de Álex Reinlein). A vista está tomada diante do actual edificio do Hotel Padre Feijoo e aí mesmo perdemos, velaí a imaxe, outro fermoso edificio patrimonial. Daquela a rúa non era peonil pero a circulación era escasa, como amosa ese 600 e unha vella moto en solitario. O Paseo é a canle do río da vida, escribiu don Vicente en 1960, en “El Orense perdurable”. Eran os tempos da chica ye-ye de Conchita Velasco, de Carmen Sevilla e de Karina, pero non sei se Risco gustaría desas melodías. Hoxe as músicas son outras, pero o Paseo segue aí, tesouro fiel de vellas lembranzas.

1 comentario:

  1. O ver esta foto do Paseo lembrei estos versos que escribin unha noite do ano dous mil catro:

    EVTUSHENKO
     
    “ Meu pobre fillo, agora estás perdido definitivamente"
                    A nai de Evtushenko

    Era noite de inverno en Ourense,
    na rúa só
    o drogadicto na procura do sono tranquilizador
    o bispo a procura de deus
    nas estrelas
    e o vello poeta a procura do verso
    que fuxiu do poema.

    !Que razón tiña a nai de Evtushenko!

    16/12/2004

    Gustavo Peaguda

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.