
De faunos e raíñas.
Cando a realidade non nos chega, sempre nos queda a fantasía. Remato de ver, cando escribo estas liñas, “O labirinto do fauno”, de Guillermo del Toro, que non puidera ver cando a súa estrea. Unha pequena xoia capaz de mesturar e xogar cos planos da realidade e da fantasía cunha gran intelixencia visual e textual (vai tanto polo guión como pola posta en escena). Hai secuencias de gran violencia, como cruel foi a represión nos anos da posguerra franquista, pero Guillermo del Toro demostra que sabe contar historias. El ben sabe que todos levamos dentro un neno que segue a crer nos trasgos e nas fadas.

P.S.: tamén vin nestes días a "María Antonieta" de Sofía Coppola. Só correcta, non entusiasma en absoluto. E historicamente moi comprensiva (ou amable) co personaxe: máis que chusca a escena en que cita unha lectura de Rousseau. E chirría, cando menos para min, ilustrar escenas do século XVIII con música rock de hoxe... Que opinan os melómanos desta casa?
Coma vostede ben sabe, María Antoinette levaba unhas all star de primeira: Converse.
ResponderEliminarA min non me chirriou moito a música. Pero, claro, eu non son melómano.
Vin un comentario de Medela por algún fio, estes días ando ando apurado de tempo e non podo buscalo nin ler moito, pero doulle a bembida cun tema musical.
ResponderEliminarrecivimento para Medela
Aínda se ve forte e saludable ao Pastorius nese video. Quén diría véndoo que remataría morto da malleira dun matón de discoteca. O video xa está no "pen club", perdón, no "pendrive".
ResponderEliminarollos nas maos
ResponderEliminarGracias por el link a blogplacement!
ResponderEliminar