15 sept 2008


De faunos e raíñas.

Cando a realidade non nos chega, sempre nos queda a fantasía. Remato de ver, cando escribo estas liñas, “O labirinto do fauno”, de Guillermo del Toro, que non puidera ver cando a súa estrea. Unha pequena xoia capaz de mesturar e xogar cos planos da realidade e da fantasía cunha gran intelixencia visual e textual (vai tanto polo guión como pola posta en escena). Hai secuencias de gran violencia, como cruel foi a represión nos anos da posguerra franquista, pero Guillermo del Toro demostra que sabe contar historias. El ben sabe que todos levamos dentro un neno que segue a crer nos trasgos e nas fadas.





P.S.: tamén vin nestes días a "María Antonieta" de Sofía Coppola. Só correcta, non entusiasma en absoluto. E historicamente moi comprensiva (ou amable) co personaxe: máis que chusca a escena en que cita unha lectura de Rousseau. E chirría, cando menos para min, ilustrar escenas do século XVIII con música rock de hoxe... Que opinan os melómanos desta casa?

5 comentarios:

  1. Coma vostede ben sabe, María Antoinette levaba unhas all star de primeira: Converse.
    A min non me chirriou moito a música. Pero, claro, eu non son melómano.

    ResponderEliminar
  2. Vin un comentario de Medela por algún fio, estes días ando ando apurado de tempo e non podo buscalo nin ler moito, pero doulle a bembida cun tema musical.
    recivimento para Medela

    ResponderEliminar
  3. Aínda se ve forte e saludable ao Pastorius nese video. Quén diría véndoo que remataría morto da malleira dun matón de discoteca. O video xa está no "pen club", perdón, no "pendrive".

    ResponderEliminar
  4. Gracias por el link a blogplacement!

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.