9 sept 2008


Moi agudo...
López, Galicia Hoxe, 9-9-08

5 comentarios:

  1. Medela enganounos a todos, segundo fontes dignas do máximo creto, mentres nos despistaba conducindo o tren chuchú e alcumándose Capitâo Castanheira, ó tempo que facía a obrigada parada na sección de reptís, tivo un intercambeo de información confidencial co Cónsul Honorario do Reyno de España en Uzbekistan, o señor Ruiz Morales, asistindo á reunión nun discretísimo segundo plano e tomando nota de todo, a axente californiana Miss Holly. Foinos imposible captar cos sistemas de escoita habituais os términos da información, crispada ó advertir polos xestos. Cando Miss Holly lle propinaba unha sonora bofetada ó noso espía favorito, por non saber separar a palla do grao, un ñú fuxido da sección de paquidermos, onde estaba confinado por problemas relacionados coa saude mental, embestíunos, perdéndolle a pista ó trenciño, ós reptís e a toda Lisboa. O país segue a ser hostil e o idioma indefinible. Prometo seguir investigando, pero primeiro teño que averiguar onde estou...

    ResponderEliminar
  2. Sr. Marcos, non consigo entender por que lle puxo á viñeta a etiqueta do ENSINO.

    ¿Estarei especialmente obtuso neste comezo de curso?

    ResponderEliminar
  3. Porque ten que ver coa obxeción á materia de Educación para a cidadanía. E polo de agora eso vai para o ensino.

    ResponderEliminar
  4. Amigo Xabimusic: non está vostede obtuso, non, pero xa lle respondeu Arume. E feliz comezo de curso (quizais non nos vexamos aínda, pero mándolle un saúdo e unha aperta dende aquí).

    ResponderEliminar
  5. ¡Bueno, vale. Se vostedes o din...!

    Nese caso, ¿quen sería o garda, o director do instituto ou a conselleira de educación?

    Garzas polos saudos, amigo Marcos. Correspóndeselle.
    E xa nos veremos entre os libros da biblioteca ou entre as partituras das panxoliñas...

    Xabi

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.