1 ene 2009


A UPG reaviva as tensións internas do Bloque coa súa blindaxe nas listas
A forza que dirixe Francisco Rodríguez asegúrase por primeira vez o 54% dos escanos nacionalistas

A viñeta tamén é de LVG.

48 comentarios:

  1. Eu teño que confesar que non sabía que había tantos sectores críticos e tantas tendencias. Sería alguén tan amable de explicarme as diferencias entre eles.

    ResponderEliminar
  2. Servíao de boa gana, Arume, pero téñome autoimposto ler pouco o medio de referencia ata que por alí vaia pasando un pouco a acidez de estómago, ou o que sexa. Igual, logo, deica o 2 de marzo, que xa tanto terá.

    Achego, en todo caso, un matiz que non rexistran titulares: UPG e quintanista, neste momento, son termos relativos. Algún comentarista de foro di que dous cabezas de lista comparten ambas condicións. E non me parece nada obtuso.

    ResponderEliminar
  3. As listas. Véxase o comentario número 14.

    ResponderEliminar
  4. Máis estopa, sobre todo en comentarios. A de amigos que lle saen agora á Ánxela Bugallo. Igual mesmo resulta conmovedor; ou sardónico.

    Non é cinismo. Este asinante foi dos que non fixo leña da conselleira, cando seica tocaba.

    ResponderEliminar
  5. Eu farío encantado Arume, pero é que estou ocupado corrixindo exámes.

    ResponderEliminar
  6. Polo menos unha relación. Please, porfa.

    ResponderEliminar
  7. Se lle vale.... Despois, entrar en fluideces coma ismaelitas, os da leira de Poutomillos, etc., deixémolo se quere ata o día cinco, que vou andar ausente de aquí. Non para corrixir, que segundo é de ver ultimamente, nin o que un mesmo escribe.

    Por certo, que propia queda a carnívora upegalla da ilustración. Aínda ha devorar ao pobre incauto.

    ResponderEliminar
  8. Outros falan diferente da medoñenta hidra. Tampouco non andan en moitos titulares, e igual era cousa de coñécérense algo tamén. Páseno bo, xa falaremos.

    ResponderEliminar
  9. Eu creo que a UPG non existe.
    É algo así como os Reis Magos, que tiveron existencia e permiven na memoria e na lembranza pero non viven xa.
    A UPG non a hai. Funcionou como unha loxia de control do magma nacionalista... pero conforme avanzaron os tempos, fóra do romantismo do carné, non está entre os vivos. Porque os seus dirixentes apostaron pola vía constitucionalista e pactista contraria aos postulados primixénios.
    Porque eles son máis conscientes que ninguén que do que se trata é xestionar no posible o sistema. (adxudicación de parques eólicos e non "nacionalización da banca" ou outras tonterías residuais que permanencen nos postulados escritos).
    Porque cada un vai ao seu. ¿Imaxinan unha momento no que alguén lle dixera a, por exemplo Alfredo Suárez Canal, que quieres más a papá o a mamá, a que colo se subiría, ao de Paco Rodríguez ou ao de Anxo Quintana? (E non precisa colo ningún, por suposto, que lle dá papas con leite a ambos, ollo).
    Creo que a vitoria da UPG foi que non deixou constituir ao BNG como un "partido normal" desde a base aos dirixentes. Así todo cheira a compoñenda entre sectores, faccións, partidos, cuotas e demais trapallada. E por iso a xente non vai ás asembleas, etc.
    ¿É crible que unha cousa -pois partido non é- con tales cuotas de poder non reuna a máis que unhas ducias de militantes en cada cidade para o das listas?
    Pasa como coas oposicións amañadas á Universidade ou á Deputación. Ninguén se presenta porque todos saben xa o resultado antes.
    De momento, as forzas menos conservadores -quintanistas- están actuando ben. Nas tormentas ou preto dos cons da costa, hai que sacar o speed, recoller algo a xénova, facer, se cadra, banda, pero mantendo sempre a caña ben fixa no obxectivo final... e se hai que facer dúas ou tres viradas para chegar a bo porto, pois fanse e xa está.
    A UPG deixou de existir. Só é un colectivo de defensores do seu pan de liberados. Os outros, os que se gañaron a vida pola súa conta, teñen uns lazos máis febles, sabedeores de que o tempo dos partidos m-l, comunistas patrióticos pasou e non volverá. Por sorte.

    ResponderEliminar
  10. Este Babieca fala moi ben, e amáis ten o titulo de patrón e/ou capitán de embarcación de lecer.
    Teña bos días amig@, que nestes que andamos telas cousas tan claras, ca que está caendo, xa é moito. Eu sígolle a corrixir exámes, que lle estou a votar unha man ó Saavedra

    ResponderEliminar
  11. E non será que tantos críticos e tantas tendencias como paren agora, aparecen ó aveiro do poder e o comportamento que teñen deixou e deixa moito que desexar. Así por exemplo: deslexitimando sempre e en calquera caso o resultado democrático das assembleas, aludindo a porcentaxes que non son maioría, pero impondo os criterios pola vía da opinión pública, facendo dano, quizaves máis co que farían se formasen outra alternativa política e se apresentasen ás eleccións. Un sector importante, farto de debates sen contido, estamos desexando que se escindan e que den de sí o que teñan que dar, sobre todo medila súa capacidade de traballo, aparte da escénica, tanto no eido político como no sindical, a ver!

    ResponderEliminar
  12. Por non dicer a actitude de algúns que formaron parte das listas, e no primeiro treito; quens criticaban aberta e públicamente a composición das mesmas amosando o seu desacordo. Se ésto se pode entender políticamente entón que vaixe Deus e o vexa.
    A súa falta de lexitimación política comeza na súa falta de ideoloxía: sempre lle compre algún inimigo que os arrexunte, néste caso unha hipotética UPG, non hai outro criterio político alternativo e nótase básicamente cando se lles encargan tarefas de governo, non dan unha pero a culpa sempre é de quens estiveron antes. Qué peniña!

    ResponderEliminar
  13. COpio e colo: "defensores do seu pan de liberados".

    ResponderEliminar
  14. Pachi, asediadoO sindicato CC.OO. acaba de poñer en graves apuros ao conselleiro de Medio Ambiente, Pachi Vázquez…E é que Sogama vive unha revolta sen precedentes na que a práctica totalidade dos seus técnicos acusa de irregularidades ao seu presidente, José Álvarez, home de confianza de Vázquez. Precisamente, esta presión e a intervención da Garda Civil, fixo que na Xunta tomaran cartas no asunto para que o propio Álvarez aclare todo o que teña que aclarar. Ademáis da súa comparecencia de hoxe, dende Presidencia xa se deron ordes de analizar os procesos selectivos denunciados a un equipo de interventores afíns. A pesar de que cren nas explicacións do presidente de Sogama e acusan ao PP de iniciar unha campaña de desprestixo a través de CC.OO, o certo é que a intervención da Garda Civil causou sorpresa e certo temor na Xunta. Se as súas investigacións detectan irregularidades, o presidente de Sogama podería ter que dimitir a pesar do apoio expresado por vázquez. O propio Pachi por ser conselleiro xa se salvou de non ser procesado por acoso moral (mobbing) a unha traballadora do Concello do Carballiño.1 Xaneiro 2009 Amigo Tinto, Pachi Vázquez é un gran exemplo do mesmo que foi Cuíña, que é Baltar ou que foi outro Vázquez, don Paco Medallas: exemplo de cazo, de acoso laboral, de caciquismo….. por que ninguén se para a sacar contas para ver de donde sae o patrimonio do conselleiro? por que non se mira que o constructor que lle está a facer unha mansión en Montes (San Amaro) é o mesmo ao que lle caen as contratas de Medio Ambiente (co cal a casa lle sae gratis porque a facturan nas contratas, o mesmo constructor que foi candidato do PSOE en San Amaro e que está denunciado por dar cheques sen fondo. De donde saen os cartos para montarlle o conselleiro á súa filla unha fábrica de cosméticos no Carballiño que traballa en exclusiva para a Fundación San Rosendo? Por que a clínica de fisioterapia que ten no Carballiño está a nome dun fillo que non está a fronte dela porque é atleta e está en Madrid? De donde sairon os Toyota Land Cruiser, Audi A3, BMW e Mercedes que se mercaron o conselleiro e a súa familia aos poucos meses de acceder ao cargo? De donde sae a pasta para manter os seus cabalos, Cuadra San Amaro, como “internos” no hipódromo da Zarzuela…. Mentras sigan existindo tipos como Baltar, Pachi Vázquez, Francisco Vázquez e similares a democracia en Galicia non será máis que unha triste patochada
    Non puiden deixar pasala oportunidade de colgar esta interesante colaboración do Galicia Confidencial, porque hai que por de todos, non vaia ser que se cabreen os da outra beira, éste é un blog plural. Un saudo e Felices Festas a todos.

    ResponderEliminar
  15. O profe González é GOD.
    O avogado Dapena é un DEMIÑO.
    O señor Babieca é un espírito irreal, tanxencial e simpático (perigoso, no entanto, pola súa intelixencia).
    Cilicio é chicote 'in misericorde', e perigoso, tamén; mi madriña, que nivel!!!
    Onde é que andará o señor Apicultor??
    A ollar para todos nós por detrás da sebe de pedra.
    Cumprimentos tridimensionais e arraianos.

    ResponderEliminar
  16. Sra. ou srta. Yadira Josefa Medela, qué pasa! o de Sucinto non lle interesa?
    Ou é que lle queda moi ceñido?

    ResponderEliminar
  17. Unha sebe de pedra? Será a Santa Sebe, aquel marabilloso pub d'Uvieu, digo eu.

    ResponderEliminar
  18. Saavedra, vostede non lerá o medio de referencia pola acidez de estómago, pero o outro queima incensarios, amigho meu.

    ResponderEliminar
  19. Si que me interesa... O que pasa é que tiven un mozo no Carballiño e non podo (debo) falar.
    Saúdos, Succinto.-

    ResponderEliminar
  20. Xa quen estamos no 2009 compriría facer unha interpelación con D. Ramón Piñeiro. (Por certo, ¿con quen o comparamos, co señor Martin Heidegger? ¡Sorpresas me da la vida, la vida me da sorpresas). Don Ramón Piñeiro tanto quixo construír unha posibilidade de nación galega que renunciou a todo para facer posible todo. Intentarei explicarme. Como nación plenamente constituída, debería ter todas as instiucións, cando menos políticas, esquerda, dereita, dereita, dereita, esquerda. Creemos nós as nosas propias institucións -políticas- para que, cando as uvas -con perdón- estean maduras, non nos collan en bolas. (Pero colléronos, ¿ou é que ninguén lembra ós nacionalistas históricos como independentes nas listas do PSOE?)
    O Delfín -¿ou deberiamos dicir Golfiño?- apadriñado por todos eles, o Xosé Manoel, educado con educación dun príncipe, que regresou malpervertido dos Parises, ¡marxista, meu Deus, marxista!- ¿foi un enxendro do señor Piñeiro ou do Dr. García Sabel?. ¡Oh, Santa María Marabillas nos vaia!
    Ben, colléronos, non. Colleronnos -a eles-. Eu, daquela, era dos que cantaba o himno galego cando estaba trompa. Síntoo. Tamén todos cantabamos o Asturias patria querida, e mirade agora. ¡Ata o vástago borbónico!
    E chegado a este punto, e logo de libar aproximadamente litro e medio de mencía de Pantón, sen pai nin nai, espurio, pero ledicioso e gorentador, debo confesar que perdín o fío do discurso e estou tentado de botar un xuramento dos que fan época. En troques de xuramento, botarei un aturuxo. O viño évos un invento bíblico, con maldicións pateno/filiais polo medio, logo mítrico, despois eucarístico e a min tráeme moitos problemas porque estou namorado del. E como xa perdín o
    fío, gustaríame dedicarlle un brinde ó señor Delapierre, xa que na súa familia hai avoengo tabernario nun dos currunchos máis etílicos de toda Galicia: a Praza do Campo de Lugo. E de don Ramón Piñeiro xa continuaremos falando. Agora non. Agora vou darlle un bico directamente a villa do pipote. Encántame mamar da villa. Déitome debaixo da pipa, xiro un cuarto e deixo esbarrufar o viño pola boca aberta, o queixo, o pescozo, o peito... Amén, Medela, amén.

    ResponderEliminar
  21. amigo, mesmo, se non estivera tan ocupado corrixindo exámes e tan maliño por estas festas brindaría a súa saúde, e xaora que non me importa que vostede o faga a miña; pero nin se lle ocorra facelo ca purrela de Pantón. Abra un Rioxa, Reserva, non sexa cutre, que vai fodelo estómago con tanta acidez.

    ResponderEliminar
  22. Cómo se escaquean por aquí de certos temas!. O sr. Gonzalez abre a billa, o Arume marca tendencias, o Babieca, moi moderno e ben pensante remata dun caneo co mundo das ideas. Sucinto descobre certas intimidades: Cilicio abre outra billa rachando dúas taboas da cuba ó darlle co martelo para os lados e Yadira Medela en coma etílico, con confusións carpetovetónicas e disfuncións múltiples. Delapierre: disculpe que non-o mente, posiblemente é que non captei o presunto interés das súas palabras.

    ResponderEliminar
  23. Había anos, e está evidentemente a falar un ignorante, que non lía cousa que tanto me gustase como o post do señor Mesmo Disimulando {vie ene 02, 08:43:00 PM} .
    Admiro o que para min é absoluto dominio da linguaxe e incisiva (non contusa) penetración do coitelo de matar porcos na manteiga da realidade.
    Respectivamente a esta frase: "En troques de xuramento, botarei un aturuxo", se todos os galeg@s fosen quen de soldaren tal grupo de sintagmas, todos os galegos, fosen ou non nacionalistas, o noso país había ser agora a California da Europa.
    Saúde, cabaleiro Mesmo Disimulando.
    Espero ter o honor de coñecelo 'in the flesh' algún día.
    Seu


    Medela

    ResponderEliminar
  24. Mi madriña! Canto falaron na miña ausencia. Tanto que non dou feito a ler e asimilar todo o que escribiron. Tamén é verdade que as miñas facultades están aínda máis mermadas do que é habitual, pois hoxe papei un potente e atómico xantar protohistórico digno dun Medela ou dun Monxardín: bandullo a eito cos seus bos cachelos e bo viño.

    Abofé que se non fose polo protector gástrico (abenzoado sexa o seu inventor) estaría agora plenamente destrozado. Desculparán, logo, que non entre nas cousas esas da UPG, algo irrelevante se o comparamos cun bo bandullo comilfó.

    Pórtense ben os días que quedan, que os Reis Magos toman apontamentos até o derradeiro segundo. Logo non se me veñan queixando.

    ResponderEliminar
  25. Un xantar "atómico" debe ser aínda máis pequeno que se fose "molecular"... Moita fame debeu pasar o sr. apicultor

    ResponderEliminar
  26. Moi bo o retruque, Babieca, moi inxenioso. Mais do contexto infírese que utilicei "atómico" non no senso das ciencias físicas, senón como sinónimo de "explosivo". Ademais, nomear ao Medela e ao Monxardín non pode ser equivalente a pasar fame, abofé que non. E hoxe toca cocido para agasallar a uns amigos de antano que veñen de visita.

    ResponderEliminar
  27. don APICULTOR, moitas comerotas xuntas... cóidese e moderación co tabaco ...

    ResponderEliminar
  28. Trabuqueime no menú, amigo Marcos. Era bacallao con verdura, cachelos e sofrito, e de postre flan de laranxa. Cousa sobria, pois.

    Por certo que hoxe degustei un fantástico moscatel que, lonxe desa purrela sobreazucarada que adoita pasar por tal, ten un extraordinario bouquet e un delicadísimo sabor. Pódeno atopar en calquera Mercadona, supoño.

    Unha botelliña de 500 cc. que custa un máis que razoable prezo de 6 euros. Chámase "Riberas de Marco Fabio". É da Rioxa, e ten gañado o primeiro premio por terceiro ano consecutivo do concurso oficial AVIMES. Consúmano, xaora, á fresca temperatura de 4-6ºC.

    Pracer de deuses, meus amigos, dígollelo eu.

    ResponderEliminar
  29. INFORMACIÓN, sobre todo para Xaime da Pena

    Prisciliano do Partido Galeguista
    José Luis Fernández Díaz, LA REGIÓN 04-01-2009

    Tendo os pes bem postos na Terra, fazer uma aposta pessoal por dedicar-se aos demáis desde a opciom política nacionalista sinceira, tem tantos riscos que nom chega com levar ‘casco’ para que che dem labazadas pola dereita e pola esquerda. Iso mesmo foi o que lhe aconteceu ao Prisciliano do actual Partido Galeguista, e digo actual pois pouco tem que ver co partido histórico do ourensam Alexandre Bóveda.

    Analicemos pouco a pouco. Desde o VIII Congresso de Refundaciom o 13 de novembro do 2004 na cidade do Lérez, no que estivem presente ao ser convidado, na companha de Luis Taboada Camoeiras e doutros galegos loitadores e generosos, quixem estar calado por respeito a moitos amigos que ainda nom se decataram do grande erro de estrategia, co risco engadido, que era ir recolhendo aos revotados e expulsados doutros grupos políticos. Nese Congresso Manuel Soto foi nomeado secretario geral e no seu discurso rematou cum ‘acto falhido freudiano’ decindo que ía trabalhar com todas as súas forzas polo partido socialista, o que emendou de inmediato entre os risos dos presentes. Penso que assím o fixo, trabalhar dalgún xeito para os outros grupos políticos, e nas eleiçoes municipais perderom a pouca representatividade que tinham no Concelho de Vigo.

    Isto é tam só uma anedota num mar de loitas contrarias a confianza que Prisciliano tinha no Partido Galeguista e que segundo as suas palavras: ‘O tipo de partido polo que sempre devecín é un partido de bos e xenerosos, que non deixe lugar prá vanagloria persoal nen prá envexa, un partido aberto, que non deixe lugar ao inquisitorialismo, un partido no que os que gobernan non pelexen por estar enriba senón por estar debaixo servindo aos demais, no que os seus dirixentes non se autoimpoñan, senón sexan libremente recoñecidos polos demais, no que a conspiración sexa sustituida polo pacto’.

    Com estas ideias, entre outras o Prisciliano chegou a presidir o Partido Galeguista desde janeiro de 2008 coa sua eleiçom no IX Congresso; pero pouco durou a aventura de voltar ás fontes do Partido histórico, cando ademáis do señor Soto ja se embarcara o señor Troitinho (candidato á alcaldía de Ourense, financiando a campanha cum crédito pessoal?) e outros dos que é melhor esquecer que estiverom em política. A tensiom que poida haber em toda agrupaciom política era e é moito maior num partido ‘basoira’ que ía recolhendo aos revotados e dinosaurios que, de nom seres polo Partido Gale guista, só existiríam nas hemerotecas. Manolo Suárez, o Prisciliano do Partido galeguista, o meu amigo e irmao na fe, decatou-se que seguir na trajectoria de contar sempre a verdade nese contexto rancio, comezaba a ser imposibel, por iso escrebeu a carta de dimissiom e convocatoria doutro Congresso, que todos podemos ler na web do actual Partido Galeguista.

    ResponderEliminar
  30. De verdá que eu vou mandar a Soto, Troitiño e demais rebotados (con b, señor José Luis) a un gulag de Siberia a -40ºC. E pensándoo ben, tamén a todos eses Priscilianos por seren demasiados parvos.

    ResponderEliminar
  31. Vou correndo a mercar ese viño que recomenda Apicultor. Teño un super cerca. Xa contarei.

    ResponderEliminar
  32. O malo das botelliñas de 500 cc. é que rematan axiña, dígollo eu.

    ResponderEliminar
  33. De verdá que onde estea unha botella de vodka de 1.000 cc., que se quiten todas esas bebidas pequenoburguesas e señoritingas que vostedes toman. O vodka é o mellor pra estar nun gulag de Siberia a -40ºC.

    ResponderEliminar
  34. Grazas don Marcos polo artigo pero xa o lera nunha alerta que me remite Google cando falan do PG.
    Non sei que lle diga, non coñezo ao autor do artigo e sobre o seu contido, constata feitos pero ten erros de bulto na análise dalgunhas persoas.

    ResponderEliminar
  35. Aínda chegando tarde e a piques de saltar a páxina, non quero deixar sen resposta o último comentario do Arume: se así for con referencia ao outro medio (habería que cortar tea), non era sen tempo que alguén dese un tratamento decente. LVG leva anos e anos disparando sen merecer comentario; prisas e outros facendo o que poden sen que eu lea imputación turiferaria. Que hei contar eu sobre uns e outros, aínda que non teñan quen lles escriba.

    Un feito obxectivo é que co novo xornal o panorama vese máis completo; e que nalgún pago deu acidez de estómago. Que non pareza mal se non me poño triste polo primeiro e se, de momento, esquivo o malhumor do segundo.

    Noutra orde de cousas: xusto e necesario.

    ResponderEliminar
  36. Non será por min o comentario: a ninguén se lle escapan os incensarios de EL PAíS cara o PSOE (ultimamente escasamente axitado, por certo) nin as veleidades (interesadas) da Voz de Galicia. A min xaora non (denu, pero así como digo unha cousa digo a outra. E para incensarios este último que saiu está bastante cargadito de perfume. E, curiosamente, en español. Abandona o BNG o asunto do idiomA (pregunto, porque non atopo neste teclado o signo de interrogación).

    ResponderEliminar
  37. Habitualmente, Arume, os comentarios con segundas, retranca ou o que sexa non van por ninguén en concreto, aínda que por veces si que se refiren a unha actitude compartida por varios (ou moitos) de forma explícita ou implícita, voluntaria ou cadroulle. Canto a Xornal de Galicia: está por ver a evolución, aínda que, en principio, supoño que o que máis chama a atención nel, como periódico galego, é que poñer a parir o BNG non sexa elemento identitario. Isto é un esaxero, claro, pero igual non tanto tampouco.

    Outro detalle: que non é un medio do Bloque, entre outras cousas, nótase precisamente no perfil lingüístico, sobre o que habería -e pódese- que cortar tea e tea. Última miudeza: non hai diario galego que rexistre tal variedade de opinión publicada; resístome a considerar isto como un defecto.

    ResponderEliminar
  38. Non será do pero si pro, por moita diversidade que di que hai. Noutro post Apicultor advertía do tempo que leva subindo no ascensor o amigo Quintana. Non hai edificio con tantos pisos.

    ResponderEliminar
  39. Con franqueza: iso do ruralismo como novo eixe identitario beneguista leva camiño de converterse no novo tópico da política nacional; xa o lin tantas veces que me tarda un motivo novo. Veremos se algunha lectura do libro de conversas fornece algunha orientación, aínda que para iso haberá que lelo, claro. Polo demais, o tempo dirá.

    Tocante ao medio: nin do nin exactamente pro, Arume; tamén se ha de ver. Tocante á diversidade na opinión (capítulo que ocupa unha boa, pero ben boa parte do xornal), non hai máis ca facer balance. Comparativo, se se quere.

    ResponderEliminar
  40. Faga, faga. Que haxa moitos non quere dicir que haxa moito. (Non vale a lista acumulativa de xornal.com)
    Por certo, pouca muller ou case ningunha.

    ResponderEliminar
  41. "Que se o libro de conversas fornece algunha orientación?" Hai que recoñecer que és un home políticamente ben optimista, amigo González. Queres o meu resumo nunha liña? Pois aquí a tes: Se se mudasen os papeis e o guía ou orientador das conversas fose Quintana e o "respondedor" fose Barreiro, non se notaría a diferenza. Ou dito doutra maneira mais breve: Se a cousa fose ao revés, sería o mesmo libro. Ou mais breve aínda: Conversas de vicepresidentes, sen mais.

    ResponderEliminar
  42. Obviamente, non teño a lista. Pódese achegar un a ela consultando o xornal durante quince días eguidos, e seguramente atopará vde. case todos os nomes de xornal.com. O meu, os martes cada quince días.

    Mulleres? Non lle sei, supoño que non menos cós outros. Na redacción aínda hai, entre elas a encargada de Opinión, Lucía López Bayo.

    De calquera maneira: non teño por que nin penso facer un panexírico de Xornal de Galicia. Iso si, se outros pensan incidir no demérito, agradecería panorama comparativo. Dentro do país este, incluída a cuestión de xénero.

    E voume, que me teño que ir. Dicía o Curras de Mareas vivas.

    ResponderEliminar
  43. Volvín por un momento, e contéstolle ao precedente: só nas dúas páxinas que levo lidas, encontrei máis ca no seu perentorio resumo. Pero que lle hei dicir ante tal e tan familiar displicencia.

    Desculpe que non lle devolva a fineza caracterizándoo a vde., pero estou en inferioridade: non teño o gusto nin encontro pistas. E agora si, que vaia ben.

    ResponderEliminar
  44. Esta é a lista, un pouco atrapallada, de xornal.com:

    VÍCTOR CORCOBA
    La España del desempleo

    LUIS CARAMÉS
    Una caja de música

    J. Mª MONCASI
    El autobús de los ateos preocupados

    ROGELIO DIZ
    Palestinos muertos

    LÁZARO CANDAL
    El talento de Messi, único

    JAVIER G. MÉNDEZ
    Fantasmas

    ANTÓN REIXA
    CO2

    XOSÉ M. PALMEIRO
    Gaza: sobrevivir a que prezo

    JOSÉ LUIS GÓMEZ
    Diez nuevos gurús para una nueva era

    VICENTE VALLÉS
    El juego del perdedor

    MONCHO PAZ
    Aviso para navegantes

    ROSA ANEIROS
    Amor amén

    FERNANDO JÁUREGUI
    Ibarretxe y López, en el banquillo

    ISAAC BIGIO
    Gaza sin gasas

    JOSÉ PARDINA
    Otro Bernd para G+J

    JULIÁN SÁNCHEZ
    Venéreos (1)

    XOSÉ MEXUTO
    Obama segundo Hemingway

    ARTURO LEZCANO
    No te absolverá

    RAMÓN CHAO
    Una teja en meirás

    FERNANDO MACÍAS
    Dos gobiernos, ¿y qué?

    F. M. HIDALGO
    Campaña electoral

    PABLO G. MARIÑAS
    Gobernar fai identidade

    FRAN GARCÍA
    Adiós, Bush

    TINO SANTIAGO
    A través del cristal vasco

    A. ABERASTURI
    Para qué sirve la ONU

    XAIME DA PENA
    O medo ao descoñecido

    LITO GARCÍA ABAD
    Viviendas opacas

    IGNACIO CAPEÁNS
    Campaña carnavalesca

    LUCIANO FARIÑA
    A sus majestades de Oriente

    FERNANDO OJEA
    Apoteosis de derechos

    ANA PASTOR
    Somos la única alternativa

    XULIO RÍOS
    Fendas comunitarias

    JUAN E. VERGARA
    A paus en Gaza

    XESÚS LÓPEZ
    Gobernanza i ecosistema hídrico

    A. CAMPOS ROMAY
    Elegancia institucional

    ENRIQUE ARIAS
    Medio siglo de Fidel

    XOSÉ M. PEREIRO
    Tarde de compras e conferencias

    ANTÓN PATIÑO
    Canción da choiva

    ANTONIO SANGIAO
    Lendoiro, a lo Panenka

    MANOLO CASAL
    Ibarretxe seduce al Partido Popular

    ENRIQUE CURIEL
    ¿Hornos crematorios?

    CARSTEN MOSER
    La teoría de los vasos comunicantes

    GEORGE W. BUSH
    El conflicto de Oriente Medio

    MANUEL L. PRADO
    El botellón y la pescadilla

    J.L. RDEZ. PARDO
    Vento e muíños de vento

    PACO RODRÍGUEZ
    O Vaticano e a homosexualidade

    LUCÍA LÓPEZ BAYO
    Ansia de paz

    MIGUEL BOO
    Hamás, asasina de palestinos?

    LUIS DEL VAL
    A todo gas

    YOLANDA CASTAÑO
    Nadal en liberdade

    ANA RODRÍGUEZ
    Unha bágoa, un voto

    XAVIER VENCE
    Os custes do español

    XAN CARBALLA
    Xogo de billar cunha única bóla negra

    JOSÉ BLANCO
    Las encuestas y el PSOE

    OCTAVIO RODRÍGUEZ
    Simples números

    LOIS OREIRO
    TDT

    O. LESCAYLLERS
    Cuba, 50 años de sombras

    CARMEN GARCÍA
    ¿Respeto a la Constitución?

    IGNACIO RAMONET
    Cuadros para cambiar el mundo

    M.A. FERNÁN VELLO
    Idiomas irreais

    CELSO CANCELA
    Xogar á contra

    LUIS MARIÑAS
    Todas las sangres

    IRIA ABOI
    Veñan 20 máis!

    A. BRUNETE
    La Navidad del postulante

    SILVIA CARREGAL
    A Selección Galega merece máis

    MARÍA REIMÓNDEZ
    Palabras que non chegan

    MANUEL BRAGADO
    Gaza: abrir camiños para a paz

    XOSÉ M. GONZÁLEZ
    Verde e vermello

    ANXOS G. FONTE
    Sarmiento no cuartelillo

    XABIER P. IGREXAS
    O vento é noso

    NATALIA ALONSO
    Adúlter@s

    F. RODRÍGUEZ
    A desconfianza interesada

    DAVID FORMOSO
    Dúas Galicias, dúas televisións?

    ELVIRA SOUTO
    Tabu

    LUISA CASTRO
    Credo

    JOSÉ CASTRO
    Bienvenidos a casa

    MANUEL DE CASTRO
    ¿Por qué se mata un asesino?

    BENXAMÍN VÁZQUEZ
    Renacer polo Nadal

    WIFREDO ESPINA
    La independencia, ahora no

    A. FRANCO TABOADA
    El barril de Diógenes

    JOSÉ A. GACIÑO
    Escándalo de adultos

    MARIANO CABRERO
    Vivir quiere decir soñar

    BEATRIZ GUIANCE
    "Colgar" aos nacionalistas

    CHARO ZARZALEJOS
    Aplausos a Bruselas

    MONCHO IGLESIAS
    O neno do pixama a raias

    ISRAEL NAVA
    Números de gracia

    J. F. RODIL
    Bolonia

    SUSANA L. ABELLA
    Estamos facendo todo o posible?

    J. DEL VALLE-INCLÁN
    Energía limpia

    YOLANDA DÍAZ
    Lei antidemocrática e continuísmo

    VICTORINO NÚÑEZ
    Bicefalia o esquizofrenia

    JOSÉ RIVELA
    Arquitectos y Picnic

    ENRIQUE L. VEIGA
    As boas maneiras en política

    XOÁN VÁZQUEZ
    O BNG, Quintana e a presidencia

    VICENTE MARTÍN
    El horizonte del Ibex

    CLARA CASTILLA
    Maldita inocencia

    ANXO QUINTANA
    O Plan de Vivenda Protexida

    ASUNCIÓN SOTO
    Las urnas pueden evitar la inmoralidad

    CARLOS AYMERICH
    A política en tempos de crise

    ALBINO MALLO
    Xornal de Galicia: nace una ilusión

    ERIKA REIJA
    Los centollos de Afganistán

    XOAQUÍN LEICEAGA
    Que nos está pasando?

    MERCEDES GALLEGO
    Presupuestos del Estado

    CARMEN CARBALLO
    Outro xornalismo...é posible?

    XOSÉ RAMÓN POUSA
    Os medios deben reinventarse na rede

    ADELA FIGUEROA
    Direitos humanos

    JOSÉ L. OROZCO
    Seguir mellorando a Lugo

    MARÍA SEOANE
    Coroas de laureis

    A. NÚÑEZ FEIJÓO
    O fracaso da política económica

    LIDIA SENRA
    Ilegal?, irreal?, ou prezo francés?

    IRENE MARTÍNEZ
    A Cumbre do G-20

    LUIS MOYA
    Merluza a la madrileña

    JUDITH PAZO
    ¿Julián Muñoz o Cachuli?

    JAVIER DORADO
    De minipisos y minibares

    ANA PARRA
    La comida anual

    IRIA LÓPEZ
    O xornalista que trababa aos cans

    A.J. PARAFITA FRAGA
    La evolución del credo nacionalista

    ENCARNA OTERO
    J. M. G. Le Clézio: Premio Nobel

    XOSÉ A. GRANDÍO
    Os nosos aforros

    OLGA CASTRO
    Aborto. As cousas son así.

    TENSI ÁLVAREZ
    A fiscalía e a sinistralidade

    MANUEL BALTAR
    Tempo de silencio

    PURA ZATO
    Posguerra

    LOLI RODRÍGUEZ
    Poligamia

    XABIER R. BLANCO
    El Senado

    X. A. PÉREZ-LEMA
    Si, podemos

    ANNA WITTENBORG
    ¿Hacia un nuevo liderazgo en Europa?

    ANTONIO GRANDÍO
    Murió un hombre bueno

    J. M. BESTEIRO
    Autorretrato

    JOSÉ LUIS MONTERO
    O calor fai mal

    FRANCISCO ABUÍN
    Manolo Jove, historia de una intuición

    VICTORIA DÍAZ (+)
    71 años del 18 de julio

    CONSUELO BAUTISTA

    QUIQUE ALVARELLOS

    CRISTINA LOSADA

    ISMAEL REGO

    JESÚS SALGADO

    MIGUEL ANGEL CORTIZO

    MIGUEL TORAL

    ANTONIO ERIAS

    ANTONIO FRANCO

    MAR BARCÓN

    CARLOS CARNICERO

    BIEITO RUBIDO

    MANUEL CERDÁN

    ResponderEliminar
  45. Obviamente, o elenco non é válido para o cotexo: nel figura Díaz Cabanela, falecida hai varios anos; George W. Bush, que non publica no Xornal de papel; líderes políticoa que tampouco; sinaturas que hai moito que non actualizan. De considerarmos que é representativo, a pluralidade é obvia; pero non vale.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.