6 may 2009



Impagable.


Chívannos un video da Coruña da man dun activísimo, contertúlio desta nosa casa, o astur-ponferradino, itálico-vigués, ARUME DOS PIÑEIROS. E un usuario que prefire quedar no anonimato, desta volta fotos interesantísimas antigas, da mesma cidade.

Alguén apunta máis tarde, non sabemos se o mesmo ou un anónimo diferente, da línea A Coruña-Carballo, e Pontevedra, nos anos 60-70, son autoría dun fotógrafo inglés especialista ao parecer quen as compilou.
Aos dous, -ou tres-, obrigadiño polas piadas.




6 comentarios:

  1. E aquí hai unhas magníficas fotos do sistema de tranvías e trolebuses (troles) d'A Coruña, A Coruña-Carballo, e Pontevedra:

    http://www.trolleybus.net/index2.htm

    Son fotos en color tomadas por un aficionado inglés a estes temas, que veu varias veces a Galicia nos anos 60 e 70.

    ResponderEliminar
  2. Tempos aqueles Flex, Sigma, Corberó, Anís el mono, Sweppess, La casera, catro latas, seiscentos, Gordines, mil quinientos, Erreoitos,...

    ResponderEliminar
  3. Noraboa Arume, non só pola descuberta, senón tamén pola victoria.

    ResponderEliminar
  4. Non é descoberta miña. É dun bó e sobre todo xeneroso amigo que de forma anónima deixou esta fascinante referencia.
    No outro, pois que quere que lle diga: unha sorte de campionato. Ou de campionatos. Non todos os días se xoga ao tenis.

    ResponderEliminar
  5. Hai xa anos emitiron no programa Galicia a fondo unha reportaxe que poñía estas imaxes do tranvía que adoitaba coller Arsenio para ir xogar ao Dépor, tamén se miraban imaxes do trolebús Pontevedra-Marín realmente espectaculares.

    ResponderEliminar
  6. interesantísima achega tamén para a literatura.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.