12 dic 2006



Botellón municipal (apoiado polo concello de Ferrol)
Pan por Pan martes 12 decembro
O Concello de Ferrol subvencionará con 23.000 euros unha festa universitaria a celebrar o día 15. Esta festa de estudantes quere “relanzar o ocio nocturno” e anuncia un gran espectáculo con gogós de ambos sexos e actuación de DJs e consumo de alcohol a prezo módico. Ademais, os estudantes deben pagar 5 euros de entrada. Dito doutro xeito (cos datos que teño) un monumental botellón: ademais, o concello reparte un folleto con enderezos de pubs e discotecas para os mozos aburridos ás seis da mañá que queiran seguir a esmorga ata as luces do novo día. En fin, se os cidadáns ferroláns lles parece ben que se gasten así os seus cartos, alá eles. Pero hai algo que non me cadra: eu estou farto de escoitar discursos apocalípticos contra o botellón que, de paso, culpan de todos os males do país a Rodríguez Zapatero. Discursos que proceden, mira ti, do mesmo partido no que milita o alcalde ferrolán.

4 comentarios:

  1. Levamos xa bastante tempo dentro dun novo estadio civilizatorio: a sociedade do disparate permamente. A ver se algún teórico lle dá por analizar este fenómeno.

    ResponderEliminar
  2. Xa está bastante ven analisado, parcialmente claro, a interpretación é infinita.
    Recomendolle a Critica da Razón Cínica, ou apuntamentos para o parque humano de Sloterdijk.
    A clave é a desrepresión, a súa sustitución pola autonomica e a liberdade.
    Jimy de Rairo

    ResponderEliminar
  3. Francamente incrible. Que conste que a min non me parece mal que a xente nova faga botellón, sempre que sexa en lugares onde non se moleste aos veciños. Pero de aí á borracheira xeral subvencionada polo Concello... Paréceme unha poubanada populista e demagóxica

    ResponderEliminar
  4. Eu tamén estou procupado polo mundo...
    Pero xa o dixo Joan Airas de Santiago, alá polo século XII, e se cadra, é a propia historia cos seus ciclos... Dicía el:


    Todalas cousas eu vejo partir
    do mund’ en como soian seer,
    e vej’ as gentes partir de fazer
    ben que soian, ¡tal tempo vos ven!,
    mais non se pod’ o coraçon partir
    do meu amigo de mi querer ben.

    Pero que ome part’ o coraçon
    das cousas que ama, per bõa fe,
    e parte-s’ ome da terra ond’ é,
    e parte-s’ ome d’ u gran[de] prol ten,
    non se pode partilo coraçon
    do meu amigo de mi [querer ben].

    Todalas cousas eu vejo mudar,
    mudan-s’ os tempos e muda-s’ o al,
    muda-s’ a gente en fazer ben ou mal,
    mudan-s’ os ventos e tod’ outra ren,
    mais non se pod’ o coraçon mudar
    do meu amigo de mi querer ben.

    Saúde

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.