12 dic 2006

Marilar Aleixandre, premio Caixanova; Amancio Liñares, premio Murguía
Vaia dende aquí a miña noraboa para Marilar Aleixandre, que obtivo coa súa obra Mudanzas o
V Premio Caixanova de poesía. E tamén para Amancio Liñares polo seu premio Manuel Murguía de ensaio. Que este espazo sirva tamén para felicitar aos amigos/as (e despois cadaquén que opine o que queira, sen insultos, claro).

4 comentarios:

  1. A miña gran noraboa para os dous!!!!
    :-)

    ResponderEliminar
  2. supernoraboa por eses maravillosos premios, pola súa suprapoesía que ven a engordar a señora Poesía Galega, xa cangada de mais, obesa, que precisa dunha urxente operación de estómago, porque todo o leva tragado, de todo lle levan metido, e por riba estas maravillas que non asoma nin a aquelo onde tantos quedaron:
    IN DEN FLUSEN nordlich der Zukunft
    werfich das Netz aus, das du
    sogernd beschwest
    mit von Steinen geshriebenen
    Scahetten

    Nos rios ao norte do futuro
    boto a rede, que ti
    aqueloutrado lastras
    con sombras
    escritas por pedras
    pc

    ResponderEliminar
  3. Parabéns a Marilar Aleixandre. Estou seguro de que o seu libro debe ser excelente, pois ganou competindo con máis de sesenta poemarios un premio moi ben remunerado e ao que se presentan os mellores poetas.

    ResponderEliminar
  4. O concello prefire telos subvencionados e tranquilos dándolle ao prive ("actividade lúidica") que protestando pola rúa pola falta de saídas laborais na comarca, polos prezos da vivenda, etc.
    Agora ben: eses mesmos mozos, reuniríanse por miles para protestar por eses temas?

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.