5 ene 2008


Núñez Seixas analiza no seu novo libro a guerra nazi-soviética

Un libro do que xa se falou nesta casa e moi ben, por certo:
Núñez Seixas analiza en "Imperios de muerte", o seu último libro, a guerra xermano-soviética desde a perspectiva sociocultural



4 comentarios:

  1. Xa o dixera hai unhas semanas: extraordinario libro, excelente autor.

    ResponderEliminar
  2. Lerei o libro de Núñez Seixas cando remate de ler "Vida e destino", de V. Grossmann. Que me disculpe Jesulín por citalo sen permiso, pero Deus pagaralle os dereitos de autor: "In presionante".

    ResponderEliminar
  3. Pois coido que lle vai pagar a pena, amigo Jim.

    O de Grossmann téñoo en reserva para máis adiante.

    Permítame que lle recomende, como lectura complementaria ao de Grossmann, o libro de Anne Applebaum, Gulag. Historia de los campos de concentración soviéticos, Barcelona, Debate, 2004. Non en balde foi premio Pulitzer 2004.

    Amén, claro está, da impresionante e monumental triloxía de Alexandr Solzhenitsyn, Archipiélago Gulag, Barcelona, Tusquets, 2005-2007, 3 vols. Un clásico que seguramente xa leu nunha versión anterior incompleta, pero que agora temos, por fin, en versión íntegra, revisada e aumentada polo autor en 1980.

    ResponderEliminar
  4. Recomendo tamén aos interesados neses temas a obra de J. Lidell "Las benévolas", impresionante tamén (en dúas palabras) polo abraiante volume de información que manexa sobre a guerra xermano-soviética. Ben escrito, por veces un tanto prolixo, e moi interesante na súa recreación das vivencias e lembranzas do que podía ser un participante nas matanzas da guerra do Leste.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.