5 ene 2008










Películas que se poden recomendar (vistas nestes días)

Descubrindo Nunca Xamais, de Marc Foster (2004), con Johnny Depp e Kate Winslet, baseado na biografía do creador de Peter Pan, o exitoso dramaturgo escocés James Matthew Barrie.

Serenata nostálxica, de George Stevens (1941), con Cary Grant e Irene Dunne. Imprescindible para pais primeirizos. Un correcto melodrama que manexa con elegancia as elipses narrativas e a música como fío da historia. Por que se esqueceron sempre de Cary Grant no caprichoso reparto dos Oscar, mesmo en papeis dramáticos como este?

3 comentarios:

  1. Recomendo tamén :"Lilya Forever"(LILJA 4 EVER), cine INDEPENDIENTE /Suecia Dinamarca.
    Excelente Pelicula sobre moza rusa engaiolada por Noivo que a vende a Mafia de Trata de Mulleres.
    Pode que en Video se consiga,eu teñoa en DivX.
    Trebi

    ResponderEliminar
  2. ¿Descubrindo nunca xamais non é algo sensibleira no sentido máis negativo da palabra?

    A min non me conmove que unha cometa voe... e non me fan moita gracia as cousas supostamente inxeniosas que di o pai de Peter Pan...

    ResponderEliminar
  3. Élle cuestión de gustos, dr. Liddell, como tantas cousas: eu cando a vín pareceume unha historia bonita e emotiva, quizais nese momento apetecíame ver unha historia dese estilo. Dende logo está moi ben contada, iso é indiscutible.

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.