31 jul 2008


Preguiza.
Pan por pan xoves 31 xullo. Imaxe: Paul Lafargue.

Releo un libro curioso. Que empeza así: “Unha estraña paixón invade ás clases obreiras dos países nos que reina a civilización capitalista; unha paixón que na sociedade moderna ten por consecuencia as miserias individuais e sociais que dende hai dous séculos torturan á triste Humanidade. Esa paixón é o amor ó traballo, o furibundo frenesí do traballo, levado ata o esgotamento das forzas vitais do individuo e a súa proxenitura. En vez de reaccionar contra esta aberración mental, os curas, os economistas e os moralistas sacrosantificaron o traballo. Na sociedade capitalista, o traballo é a causa de toda dexeneración intelectual”. Teses radicais e discutibles de Paul Lafargue. Pero é certo que grandes civilizacións como a Grecia de Fidias, Aristófanes e Aristóteles desprezaban o traballo: iso era só para os escravos. Pensarei nisto, exercendo o meu Dereito á Preguiza: ata setembro.

4 comentarios:

  1. En galego, por favor
    ou nin caso.

    ResponderEliminar
  2. Hai quen di que todo é traballo. Como for, boa navegación e ata setembro.

    ResponderEliminar
  3. eu tamén faría filosofía e pensamento exquisito cun esclavo asignado (ou ao mellor non) pero ten razón Xosé ata o pracer dá traballo...

    ResponderEliminar

Graciñas por faceres comentarios.
Habilita o perfil de blogger para que marque a ruta ao teu blog.
De non ser así, e se queres que apareza o teu "nick, para burlar o sistema debes pór un enderezo a dunha páxina web túa. Se non tés páxina podes incluir o enderezo das uvas:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.