Poucos nomes en galego (Andoliña sábado 7 xullo)Alejandro e Lucía foron, en toda España, os nomes favoritos dos pais para os seus fillos, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística. Os antropónimos varían devagariño e os preferidos mantéñense durante varios anos. Entre os máis usados están Daniel, Pablo, David, Javier, María, Paula, Marta, Claudia, Carla, Andrea, etc. Os nomes dos culebróns televisivos aínda están nun segundo plano. Consulto a páxina web do INE, porque nela constan os resultados por autonomías. E aí xorde a sorpresa, que tampouco é tanta. En Cataluña aparecen Marc, Álex, Arnau, Jordi, Eric, Adriá, etc. No País Vasco dominan os Iker, Unai, Ander, Mikel, Eneko (nenos) e Irati, Ane, Naroa, Nahia, Leire, Uxue (nenas). Que pasa en Galiza? Seguro que o adiviñan. Á cabeza están Pablo e Lucía, o masculino leva sete anos de líder e o feminino é o favorito dende hai catro anos. Dos dez nomes máis usados no 2005 só hai dous exclusivamente galegos: Brais e Uxía, postos noveno e décimo. En cambio figuran como escollidos nomes tan fermosos como Alexandre, Hadrián ou Martiño, pero todos na súa forma castelá (Adrián tamén é correcto en galego). Un país que se nega a si mesmo? Dende logo, nada que ver cos cataláns e vascos.
("Lección difícl", imaxe do pintor W. Bouguereau)