1938: baixo a bota de FrancoEn
Galicia Hoxe segue a historia cultural dos últimos cen anos. Hoxe tócalle a 1938:
Cando o réxime tiña o poder de cambiar o nome ás cousas: en 1938 rebautízase a cidade natal de Franco como "El Ferrol del Caudillo" repartíndose na cidade un panfleto que remataba así:
"¡Arriba España! La ciudad de El Ferrol, madre fecunda de los navíos del nuevo Imperio, os saluda. Dios. España. Franco. Ferrol dio a España todo lo más que podía dar: "El Caudillo" (citado por J.Mª Cardesín en Grial, n.170). O Boletín Oficial del Estado publicaba o 18 de maio unha disposición na que advertía que
"la España de Franco no puede tolerar AGRESIONES CONTRA LA UNIDAD DE SU IDIOMA, ni la intromisión de nombres que pugnan con su nueva constitución política", polo que se ordenaba, ó respecto dos antropónimos, que "tratándose de españoles, los nombres deberán consignarse en castellano".
Foi tamén o ano da aprobación Estatuto nas Cortes de Montserrat, polo empeño de Castelao; e do volume “Lo que han hecho en Galicia”; e do último número da revista Resol en Arxentina, e das películas “Mariñeiros”, de José Suárez, e “Romancero Marroquí”, de Carlos Velo. E o ano que naceu Xosé Luís Méndez Ferrín.
O artigo completo no
Lecer, páxinas dominicais do xornal. (
Galicia Hoxe inicia hoxe tamén a publicación do meu discurso de presentación a Beiras, en tres entregas).
(Imaxe: foto anónima, Ferrol 1938, arquivo da familia Escrigas, publicada no libro
Todo pasa, todo queda, polo xornal
Galicia Hoxe, 17 maio 2006).