Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
13 may 2009
Elena.
Rosa Aneiros.Galicia Hoxe. 13-05-2009.
Foto: Elena Poniatowska.Fonte, blog editorial Galaxia
"Soy chaparrita, como un perro sentado", afirma Elena Poniatowska e a súa voz medra e faise poderosa para falar dos pendejos da fronteira mexicana, das maquiladoras vítimas do feminicidio de Juárez, dos ecos do terremoto, dos estudantes mortos na praza de Tres Culturas. Poniatowska é máis grande cós seus ollos azuis cristal que o debullan todo, máis grande ca todos os vivos e mortos que proxectan luces e sombras nas súas obras. Porque a escritora mexicana, a Alicia no país das testemuñas en palabras de Carlos Fuentes, é tan grande como a voz de todas as testemuñas que recolle nunha literatura que mestura xornalismo e ficción para construír a realidade. Ese mosaico de voces -o pouso da ollada fértil e a man sincera da que falou Manuel Rivas- devólvenos o mundo que non renuncia a espreitar pola fiestra para ver a fame e a miseria que transitan polas rúas ateigadas da Humanidade. Polas súas palabras, un brinde da man de Chavela Vargas, acabados de cumprir os noventa anos: "Nada me han enseñado los años, siempre caigo en los mismos errores, otra vez a brindar con extraños y a llorar por los mismos dolores. Tómate esta botella conmigo, en el último trago me dejas, esperamos que no haya testigos?". Grazas a elas -corpos miúdos, voces xigantes- sempre haberá testemuñas.
O psicotécnico.
A.V.M.Galicia Hoxe.12.05.2009 . Imaxe:Cadro de Joan Miró.
O mundo existe desde moito antes de que nacésemos nós. E os carnés de conducir existen desde moito antes dos centros psicotécnicos. Creo lembrar que empezaron alá no primeiro goberno de Felipe González e non tanto por necesidade social sentida senón como medida político-adminstrativa tendente á xeración de emprego novo no sector médico. Como o lector sabe, os psicotécnicos teñen a imaxe pública de seren unha especie de fielato onde un vai cada cinco anos deixar uns trinta e tantos euros para que certifiquen que están ben de saúde e lle prorroguen a vixencia do carné ou lle dean un permiso de armas, cousas ambas que veñen sendo máis parecidas do que a primeira vista puidese parecer. No fondo, e tiña razón o lexislador, a xente non ía protestar por pagar un novo trámite cada cinco anos. A filosofía, ademais, era impecable. Só podía lerse en postiivo: incrementar o control sobre a saúde e capacidade real e efectiva de conducir ou portar armas. E ademais ao facelo a través da creación ex-novo de despachos privados, non se recargaría os médicos da seguridade social de traballo, e todos contentos. Pois non de todo. Desde a valoración positiva do seu papel e dos novos que van asumindo -como o de xestores na tramitación das renovacións- eu non o acabo de ver claro, porque a min, miren que lles vou dicir, non me desacouga pagar impostos. Xa me gustaría pagar máis polo que iso supón de que ingresaría eu máis tamén. E penso así, claro, interesadamente en primeiro lugar por ser funcionario: creo que debemos animar o persoal a que achegue cartos, máis ou menos contenta, no peto de quen nos paga a nós. E despois, porque sei que os recursos para facer estradas, AVEs, hospitais e dotar os centros de ensino, non saen de darlle á manivela de facer billetes senón á contribución colectiva. E sobre todo das clases medias. Porque aos ricos de verdade, tanto lles ten ir ao médico a Santiago, a Navarra ou a Huston, ou mandar os seus fillos a que llelos eduquen en Inglaterra, Suíza ou USA. Por iso, porque me gusta que o estado funcione ben e dea servizos de acordo co que acheguemos, non acabo de entender como o certificado de que un está apto para conducir non o poida facer o médico que o leva no sistema público. ¿Quen sabe máis da saúde dun, o doutor que o segue día a día, mes a mes, ano a ano ou aqueloutro amable profesional que lle fai un par de preguntas -¿usa vostede lentes?, ¿ten algunha enfermidade que lle impida conducir?- e xa está. Porque as máis das veces é así. Dous minutos, trinta e seis euros.
Pleno da Real Academia Galega celebrado o ano pasado en Vigo con motivo do Día das Letras dedicado a Álvarez Blázquez FOTO: Axencias
Cara ao 17 de maio Contra o non-futuro.
Nun acto inédito, a Academia Galega en pleno amosará hoxe a súa inquietude polas incertezas que anuncia a política lingüística de Núñez Feijóo
MARÉ . SANTIAGO(Galicia-Hoxe)
A Real Academia Galega (RAG) fará hoxe público un comunicado sen ambigüidades sobre as incertezas que rodean o idioma galego tras a chegada do Partido Popular (PP) á Xunta. Os académicos, que se reunirán ás doce do mediodía na sede coruñesa da institución, están preocupados non só pola deriva legal que creará a derrogación do Decreto do Ensino do galego -unha das primeiras medidas do presidente Alberto Núñez Feijóo- senón que temen tamén polo futuro dun idioma que, ano ano, perde un significativo índice de falantes. A institución académica pide que o idioma quede fóra de "controversias partidarias" A CORUÑA, 12 Maio (EUROPA PRESS) -
A Real Academia Galega (RAG) cualificou hoxe de "preocupante" as primeiras decisións anunciadas polo novo Goberno autonómico en materia lingüística ao entender que "todas" son "desprotectoras" do idioma galego. Esta institución pediu tamén que o idioma quede alleo a "controversias partidarias". Así se recolle nun comunicado, aprobado polo plenario da institución académica, e ao que hoxe deu lectura o presidente da RAG, Xosé Manuel Barreiro acompañado pola executiva desta institución.
No 'Comunicado do plenario dá RAG nas vésperas do día dás Letras Galegas', a RAG expresou a súa "preocupación" ante as polémicas sobre o idioma "partidarias a maioría das veces, e nacidas ben do exceso de celo, ben do prexuízo lingüístico e que deben ser superadas pola acción dun goberno que aspire a ser de todos os cidadáns", remarcou.
"A convivencia, o respecto e a harmonía deben presidir en todo momento as actuacións que se desenvolvan en torno á lingua", insistiu a RAG, que pediu tamén "unha política estratéxica e decidida" por parte da Administración para promover accións que o "igualen" con outros idiomas que non se viron "oprimidos na súa historia".
REFORZO NO AMBITO ESCOLAR
Por iso, reclamou, entre outras medidas, "reforzar" a presenza do galego no ámbito escolar, con especial atención nas idades máis temperás. A RAG sinalou que debe facerse "respectando" o idioma das familias, pero cunha "política activa" para promover o coñecemento do galego.
Advertiu tamén que esta política lingüística non debe quedar "reducida" ás aulas, senón non orientarse tamén a outros ámbitos da vida como a empresa, a universidade, as actividades vinculadas ao ocio ou as novas tecnoloxías.
A RAG defendeu, así mesmo, o proceso de normalización lingüística e achacou aos "contrarios" deste proceso de "manchar a palabra normalización coma se significase agresión aos que non teñen o galego como lingua habitual". Ao respecto, sostivo que isto xerou tamén un "falso concepto de liberdade, que parecen entender como dereito a non falar nunca o galego".
No seu comunicado, solicitou o cumprimento de catro principios básicos para que o galego "non" sexa un problema, senón unha oportunidade", concluíu. Así, demandou un "compromiso" para que evitar a "controversia partidaria" sobre o galego e o impulso do "multilingüismo".
PLAN DE NORMALIZACION
Tamén solicitou o desenvolvemento do Plan de Normalización da Lingua galego que aprobou por unanimidade o Parlamento galego e o impulso dunha "cooficialidade simétrica dentro da Constitución na que todos os cidadáns teñan dereitos e deberes co castelán e co galego".
Ao termo do acto, Barreiro instou a toda a sociedade, empezando polos medios de comunicación a "responsabilizarse da situación do galego". "É preocupante o que está caendo", indicou en referencia ao uso ideolóxico e político do idioma.
Por outra parte, o presidente da RAG, evitou concretar se o acordo do plenario sobre o comunicado lido hoxe foi por unanimidade. "Aquí está representada a voz da RAG", respondeu a preguntas dos xornalistas sobre esta cuestión.
O pasado 30 Abril, presentounos en AURIA "Para seguir bailando"
Cinema no Fórum: Outros horizontes
-
*Outros horizontes*
Poucos eran os afeccionados occidentais que sabían algo do cinema xaponés
alá por 1951, cando *Rashomon* de Akira Kurosawa obtivo o Le...
Libros do Mes
-
*Why Nations Fail* de Daron Acemoglu [*E*]
*For All My Walking *de Taneda Santoka / Burton Watson [*E*]
*Trigonometry* de Glen van Brummelen [*E*]
**Na...
Lendo que é xerundio
-
Libros que lin ultimamente:
- Habitar as fendas: Gisele Mato
- Carta de una desconocida: Stefan Zweig
- A ira dos mansos: Manuel Esteban
- Los bueno...
FELISA FERRAZ. I FESTIVAL PIRINEO LITERARIO
-
*Felisa Ferraz: “*Mi Pirineo es belleza y compromiso”
La profesora e investigadora es la directora del Festival Pirineo Literario
que se celebrará en ...
Traduttora, traditora
-
A tradución é un mal necesario: necesario pero un mal, ao cabo. Que non
daría eu por ler a Soseki en xaponés ou a Shakespeare en inglés! Neste
último cas...
As dúas cabezas fenicias de Picasso
-
NTERÉSAME coñecer o sutil abismo que separa o xeito no que nos
representan e o xeito no que nos gustaría ser representados. A separación
no debuxo e na...
GASTO PÚBLICO E ESTADO DE BENESTAR y (III)
-
https://www.youtube.com/watch?v=cMpxQwIHdbA
Milladoiro. Maneo da Ulla. Foliada.Jiga Pandeirada
*GASTO PÚBLICO E ESTADO DE BENESTAR y (III)*
Composic...
A orde dos recursos SI afecta o resultado
-
Nin o meu cerebro nin a plataforma da UNED somos espazos euclídeos. Non se
cumplen as propiedades conmutativa nin asociativa.
Da nada absoluta hai una seman...
A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
-
Chega o Día das Letras Galegas e montaranse, coma sempre, as
correspondentes aparencias de celebración. Prebostes de todo pelo asistirán
(pola mañá) a un a...
MS GLOW Acne Cream Salep
-
*MS GLOW Acne Cream SalepRp55.000*
Acne Cream Salep MS GLOW
mengandung bahan aktif yg dapat mengobati segala jenis jerawat. Serta
kandungan
niacin...
LIÑARES: PAZO NIQUELADO
-
Pazos de propiedade privada en perceptible auxe (Faramello), en declive
lento (Rivadulla) ou en abandono decidido (Quintela). Tamén pazos de
titularidad...
BREXiT
-
* 10 DOWNING STREET LONDON THE PRIME MINISTER 29 de Marzo de 2017* O 23 de
xuño do pasado ano, o pobo do Reino Unido votou a favor da saída da Unión
Europ...
-
*SURPRESA!*
Desenganem-se que sou muito mais liberal do que socialista, mas sou sujeito
a esse interessante anátema de que agora tudo o que não pertence ...
Dúas maneiras de ver o de Grecia
-
Hoxe pode un facer dúas cousas: ler o artigo de *Julio Llamazares*
publicado en *El País* co título de *Amor a Grecia,* ou o de *Xosé Luis
Barreiro Rivas* ...
Juneau Salmon Fishing
-
First, you should avoid doing this. In addition to this, you need an extra
step. If the juneau salmon fishing it came in. In other words, desperation.
It...
Commits To Idaho
-
Jeannot's mining operations played an important agricultural center with
lots of jokes that surround Idaho and Idahoans, you will have more time to
time,...
Berlín, cidade inabarcable
-
Xa non me satisfacen as viaxes se antes non atopo a forma de achegarme á
historia do lugar, á súa fisonomía intelectual, ás súas entrañas. No mes de
feb...
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com Expresamos a nosa maior gratitude ao
equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria
xenero...
DEREITOS OU PRIVILEXIOS?
-
A instalación na tribuna pública do asunto das axudas que veñen percibindo
dende hai case dúas décadas os funcionarios do Concello de Ourense e das
cales ...
-
Pasamento de
MARCOS VALCÁRCEL
No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu o amigo Marcos Valcárcel López,
despois dunha longa enfermidade.
Quen desexe darll...
Sinais de vida
-
Isto é unha despedida e tamén é un saúdo. Xa non haberá máis días
estranhos, e se miran cun pouco de atención notarán que empeza a haber
sinais de vida. Al...
Fusion:" GAYOSO" indefinidamente!
-
PRESENZA INDEFINIDA
Durante a súa intervención na conferencia, o Fiscal Xeral do Estado,
Cándido Conde Pumpido --que foi presentado por Gayoso--, se refer...
Desmentido
-
Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de* narcocorridos*, acudiu aos medios
de comunicación para desmentir a súa morte. O *narcoterror* ten no punto de
mira...
De Toro
-
Nunca fun demasiado fan deste escritor. Gustáronme moito Polaroid, Land
Rover e (sobre todo) Tic-Tac. Non sei dicir que me pareceu exactamente
Calzados Lol...
Mudanza
-
En breve será redirixida á nova versión do blogue en blogaliza, onde
agardamos poder retomar as xornadas deste porto. Actualicen todo o que
teñan que actua...
por un soño
-
Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería
o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
Fun a vi...
Brétemas muda a blogaliza
-
Despois de catro anos con blogger estás brétemas mudan para a comunidade de
blogaliza. A partir de hoxe estamos aquí, onde iniciamos con enorme ilusión
as ...
Paisaxe con figura
-
(21º da serie "Épica apócrifa")Traballara moito toda a vida. Sempre o
mesmo. O ciclo estacional da labranza ano tras ano. Recomezar o rematado
unha e outra...
Cuestionario Proust
-
Un cuestionario mándame un amigo
que na miña vida me vin en tal aperto...
Pois si, convídame a facer un cuestionario Proust e, aínda que parece
doado, a mi...
9, 8, 7...
-
Moitos de vós xa sabedes de que vai isto. Xeración Web, o proxecto no que
levamos embarcados diversa xentiña (poucos, pero majiños) dende hai algún
tempo,...
Alfalfa e omega
-
*Coa excepción de Nietzsche, os lingüistas e os psicólogos non fixeron
moito por exploraren o xénero ubícuo e ensarilhado da mentira**. Apenas
contamos cun...
Pechamos por traslado
-
333 entradas despois.
PECHAMOS POR TRASLADO
Dende agora, se aínda lle quedan gañas de ler as cousas que a un lle dá por
escribir, terá que facelo en
http://...
The made whole temple of joy
-
You accept my dream dreaming of an all-knowing waterfall.
I seethe ecstatically, ecstatically.
Did I so recently drift, soundlessly?
The sky longing for a...