![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjeVBqT1aVhMsZVPS36C3vooQDRpMZVUNr4qK9RAU6D7yPt4rdkYWMFiXgXLn5BiwcxRc7Lz4EkmSvodjI7mPkAcED2MzkMSN1EGBMbg-ZctARvFqM7bt4_A5sGhPIFRbv8EhfDAw/s400/1999.+Diccionario+dos+Seres+M%C3%ADticos+Galegos,+cos+debuxos+de+L%C3%A1zaro+Enr%C3%ADquez.jpg)
Cen anos de historia cultural
1999: Libros para un final de século
1999: Libros para un final de século
Remataba o século XX cunha boa fornada de libros, sobre todo nos campos da narrativa, o ensaio e a investigación. Empezo o meu reconto polos mundos narrativos cunha serie de obras publicadas por Galaxia: As grandes carballeiras, de Xesús Manuel Valcárcel, novela que se definiu como fábula moral e novela que recupera a tradición céltica dos druídas e as lendas galegas; Os xenerais de África, de Vítor Vaqueiro, conxunto de dez relatos de forte tensión ética e estética; O mellor francés de Barcelona, relatos coa mellor ironía e vontade
de estilo de Bieito Iglesias; Os fillos do río, nova entrega ourensá, poboada por seres marxinais, de Antón Risco; Alén da desventura, novela de intriga e aventuras de Xavier Alcalá; e Luz de abrente (Galaxia), novela entre a fantasía e a realidade de Tucho Calvo.
Da mesma quinta son Os séculos da lúa (Espiral Maior), novela concibida como un pentagrama, segundo o seu autor Xosé C. Caneiro; As plumas do moucho (Ir Indo), de Luis García Mañá, ambientada no Vigo da Segunda Guerra Mundial; Por tras dos meus ollos (Sotelo Blanco), de Nacho Taibo; Malaria sentimental (SB), relato de aventuras e acenos bélicos de Xavier Queipo; As irmás bastardas da ciencia (Laiovento), premio de narración curta Carvalho Calero, de José Luís Martínez Pereiro; e Hóspedes do medo (Embora), de Anxo Franco. Xavier Costa
Clavell achegaba once narracións realistas en Lume esmorecido (Ir Indo) e Francisco X. Fernández Naval publicaba oito relatos baixo o título Historias roubadas (Everest).
En Edicións Xerais aparecían títulos como O desintegrista, na escrita innovadora e irónica de Xurxo Borrazás; Ollos de sal, de Anxos Romeo; O home de pau, quince relatos sobre o mundo urbano contemporáneo, de Xosé Neira Vilas; e Bailarina, novela de ciencia-ficción ambientada no século XXII, de Manuel Seixas. (...) (...)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjyxquaT1Is5IkIurEgKEDqVW4LDZpecYr3JJkV6IAp6ewGCRVkmRDIPh_bfiOuyBnUJLT91PzWz1ppT6FIAcQ6wnPAD1tV4G4YAGPppLdCsopDpKyuVC-w4r0p-PNzjaKXIoBiqA/s200/1999.+Ricardo+Gurriar%C3%A1n+escrib%C3%ADa+a+biograf%C3%ADa+do+poeta+valdeorr%C3%A9s+Florencio+Delgado+Gurriar%C3%A1n.jpg)
Da mesma quinta son Os séculos da lúa (Espiral Maior), novela concibida como un pentagrama, segundo o seu autor Xosé C. Caneiro; As plumas do moucho (Ir Indo), de Luis García Mañá, ambientada no Vigo da Segunda Guerra Mundial; Por tras dos meus ollos (Sotelo Blanco), de Nacho Taibo; Malaria sentimental (SB), relato de aventuras e acenos bélicos de Xavier Queipo; As irmás bastardas da ciencia (Laiovento), premio de narración curta Carvalho Calero, de José Luís Martínez Pereiro; e Hóspedes do medo (Embora), de Anxo Franco. Xavier Costa
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEijGpwGpQKF6ugnde7GODdNT1g096wqqJbWl7C2sSqjUnqYCxY_o6l0-Ar9Iur7JXoyj0CxSCWYnd_R7gWlvxvvFzlClcNN1yS9DaNuAYS55fUX-vY7yyu-m8Vd0ae3Ff_CS6VMnQ/s200/1999.+M%C3%A9ndez+Ferr%C3%ADn+nun+retrato+de+Xaime+Quessada.jpg)
En Edicións Xerais aparecían títulos como O desintegrista, na escrita innovadora e irónica de Xurxo Borrazás; Ollos de sal, de Anxos Romeo; O home de pau, quince relatos sobre o mundo urbano contemporáneo, de Xosé Neira Vilas; e Bailarina, novela de ciencia-ficción ambientada no século XXII, de Manuel Seixas. (...) (...)
Unha das novas culturais do ano foi a aparición en Edicións Xerais do Diccionario dos seres míticos galegos, preparado por Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda e ilustrado, e forma magnífica, polo debuxante cubano, hoxe xa falecido, Lázaro Enríquez. Magnífica obra de referencia da nosa cultura popular e do patrimonio oral dos devanceiros. Os mesmos autores e editorial puñan ademais en marcha esa marabilla que é a serie ‘Cabalo Buligán’. No campo da lingua e literatura galegas, Henrique Monteagudo daba a luz a súa Historia social da lingua galega (Galaxia) e saía xa unha segunda edición, en poucos meses, da Historia da lingua galega, de Ramón Mariño (SB). Edicións do Cumio, dirixida por Antón Mascato, publicaba o primeiro dicionario galego en cd-rom. En Xerais aparecían dous valiosos volumes sobre a nosa lingua: Lingua e ciencia, de Luís Daviña Facal , observacións atinadas sobre o uso da lingua na terminoloxía científica, e Os sons da lingua, dun equipo coordenado por Xosé Luís Regueira, como manual para aprendizaxe e perfeccionamento da pronunciación do idioma. Na mesma editorial saía A Cantiga de amigo, de Mercedes Brea e Pilar Lorenzo GradínRicardo Gurriarán achegaba unha valiosa biografía do poeta de Valdeorras Florencio Delgado Gurriarán (Castro), con atención á súa obra no exilio mexicano e ós seus poemas satíricos contra Franco. (...) (...)
Na Historia, o esforzo editorial era enorme. Dese ano son obras como A cidade medieval galega, síntese sobre a realidade do mundo urbano da nosa Idade Media a cargo de Anselmo López Carreira, na colección de monografías de A Nosa Terra; Prisciliano. Profeta contra o poder (A Nosa Terra), de Xosé Chao Rego, achega destacada ó mundo do priscilianismo medieval; A Galicia clásica e barroca (Galaxia), da historiadora Ofelia Rey Castelao; A lume manso (Galaxia), estudos sobre a alimentación en Galicia, de Xavier Castro; e Reflexiones sobre el arte rupestre de Galicia, de Xabier Costas e J.M. Hidalgo Cuñarro. Tamén títulos de temáticas máis próximas no tempo como un volume conmemorativo de CCOO dedicado á loita sindical viguesa (A forza da palabra); Os campesiños de Lavadores (ANT), de Isidro Román Lago; Moaña nos anos vermellos (1930-1937), de Xosé M. González e Xosé C. Villaverde (Castro); O nacionalismo na era tecnolóxica (Laiovento), do catalán Xavier Durán, análise das identidades culturais e nacionais dende unha perspectiva moderna. (...)(...)