![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhUDdTChQcSlgG6LDppLBqARYlRhym9xbf1YgVEryNt_ymcr24reNH7GXMTr7mc9hWrvjZblGJrVg_aCiXLEXgcaUCx9y2vcD6TChjbAZAwxYgakpnalx7KuImkTXocvy7mnCM3aw/s320/bardem+en+nunca+mais.jpg)
Felicitaciónssss
Polo que xa todos saben, as miñas felicitacións ben sinceras ó da segunda fila, aquí de pancarteiro de Nunca Máis (a foto está colgada en Arroutadas: non sei quen é o autor). Cal é a película en que máis lles gustou como actor? (contesten, se lles parece).
Javier Bardem. Pan por Pan 27 febreiro
Chamou a atención dende o principio pola súa versatilidade como actor: dende que o vimos facer esa especie de chulo hispano de “Jamón, jamón”, de Bigas Luna. Reencarnouse logo no poeta cubano Reinaldo Arenas; no Ramón Sampedro que loita por unha morte digna; nun parado vigués da reconversión (“Os luns ao sol”); nun perturbador inquisidor en “As fantasmas de Goya”, de Milos Forma
n, e nese tipo sórdido e criminal de “Non é un país para vellos”, papel co que gañou o Oscar. Un grandísimo actor: ninguén o discute xa. E tamén amigo, con moitos amigos aquí, de Galicia. Algo de acenos galegos hai en “Mar adentro” e tamén en “Os luns ao sol”. E anda por Internet (tamén no meu blog) unha súa foto de hai anos, ó carón de Luís Tosar e outros artistas, na marcha de Madrid de Nunca Máis: un dos pancarteiros que berraban a súa xenreira polas esquinas, lembran?
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhdKeVGYnNeFiyVOJ1-rx5w9qOYSEA525bSSnJ6TccERDzB0LyRgXC7EWz7jXApDaVoEGhWWaGRXRdDROQHeUnGE4o3rHuppCS0VPppoNYjtuaCUWg1iWvgYNRzfEyN-EMauwN53A/s320/imagenesbardem.jpg)