7 jun 2009

Tiananmen
por Xulio Ríos (IGADI)
Xornal de Galicia, 06/06/2009.
Polémico cadro :"Discutiendo la Divina Comedia con Dante".
(Razóns en The Telegraph).



Supoñen os sucesos do 4 de xuño de hai vinte anos un punto de inflexión na recente historia chinesa? Sen dubida, tanto empeño oficial en reducir a sua trascendencia indican unha significación fóra do común que deven tanto do propio feito da rebelión estudiantil, un colectivo de especial relevancia para o réxime, como do desafío lanzado a unhas autoridades sumidas nun inusual desconcerto. No imaxinario chinés, a historia ocupa un lugar de especial relevancia. Fronte á obsesión do pasado (Mao) por asegurar a toda costa a pervivencia do seu ideario e proxecto, todas as primeiras figuras, como na China milenaria, preocúpanse de deixar a súa pegada con accións e conceptos no discurso político que lle garantan certo nivel de inmortalidade.
Por outra banda, non se acostuma axustar contas cun pasado que se vai depositando a modo de capas sen aparente contradición, incorporando feitos que só cabe “comprender” no seu contexto a fin de amortecer as súas derivas, deixando pasar un tempo para analizar a súa significación desde a distancia e nunha perspectiva de maior alcance.


No seu día, a crise de Tiananmen significou un indicio claro da perda de confianza social no proxecto inspirado por Deng Xiaoping. Reformista, Deng deixou cair en desgraza aos seus colaboradores máis estreitos (Zhao Ziyang) para afirmar a súa idea de estabilidade valéndose dos conservadores (Li Peng), condición que debía preceder a un novo impulso reformista (1992).
Ao igual que noutros episodios traumáticos da recente historia chinesa (Gran Salto Adiante, Revolución Cultural) é posible que exista unha lectura interna das responsabilidades parciais daqueles feitos, pero non se traducirá en feito público en tanto non se produza un cambio de réxime. O cal non quer dicir que non haberá empeño en reducir as consecuencias máis pronunciadas artellando medidas compensatorias que deixen entrever certa autocritica.
Semellante modo de actuar exclúe per se toda admisión pública de responsabilidade.

Escándalos
por Damián Villalaín
A Nosa Terra, 06.06.2009
Lenzo: María José Leira.
O PP deuse por aludido, aínda sen ser citado, polo bo e moi verosímil video do PSOE para os próximos comicios europeos. A ira que o clip desatou na dereita é talvez o mellor indicio de que os socialistas non picaron en óso. Tamén se escandalizou moito algún comentarista político apuntado á moda do dolorido suspirar pola volta do PSOE ás esencias perdidas.
Cada un ten dereito, sen dúbida, a escoller os seus motivos de escándalo e mesmo a dedicar esforzos a esa curiosa manía consistente en indicarlles aos outros cales son as súas auténticas esencias. Polo que a min respecta, podo dicir que xa me escandalizan poucas cousas e ademais cánsame andar todo o día coas mans na cabeza e “oteando por doquier” (que diría Jaime Mayor Oreja) esencias traizoadas.
Pero, postos a enxergar pedras de escándalo, temos perto de nós unhas cantas que, estrañamente, non parecen irritar a probidade democrática dos meus comentaristas favoritos. Estou pensando no caso do conselleiro este que certifica como rematadas unhas obras case sen iniciar para que as cobre a empresa que dirixía. Ou nas manobras perpetradas por Alfonso Rueda para conservar a súa praza na administración local ao acceder á secretaría xeral do PPdeG. E, como non, no superdelegado de Ourense, quen anda polos xulgados intentando explicar a fraude nunhas axudas europeas das que se beneficiou a empresa da que é apoderado.
E aínda menos mal que só levamos un par de meses de “rexeneración democrática”… Os nosos ecuánimes e sensatos analistas políticos teñen, en efecto, moito do que escandalizarse máis alá dos vídeos electorais. Que ninguén tema que o fagan.


A Santa Enquisación

Conste, para empezar, que me parece lexítimo que o Goberno consulte calquera cousa que queira aos pais sobre os seus fillos. Só faltaría. É máis, creo que debemos deixar de darlle voltas ao tema -non é decisión nosa realizar a consulta ou non, independentemente da valoración que fagamos- e debemos centrarnos en facer o que estea da nosa man para resolvela positivamente. Ou sexa explicarlles aos pais que non hai ningunha circunstancia estraña nos centros de ensino e que é sumamente razoable e positivo que os seus fillos, todos xuntos, sen separación de linguas, teñan a metade, máis ou menos, das materias en cada unha das oficiais para que adquiran, como están facendo sen problema, habilidades en ambas. E cando se poida ir introducindo inglés noutras -a medida que o profesorado se prepare- pois que sexa bilingüe con calquera das dúas linguas oficiais. E insistirlles que moitos dos nosos fillos xa non teñen aldeas familiares de fin de semana nas que escoitar a lingua de Rosalía, pero teñen agora a sorte de ter unha escola que axude a aprender o que nós aprendemos por inercia e incluso algo da súa literatura. E todo o demais é bla bla bla.
Pero permítanme e perdoen, señores, botar unhas risas cunha pequena fábula de terror amable, pois non debemos tomar nada tan en serio que non poidamos rir nesta perra vida. Velaí a vai: Chegan os pais e nais ao IES. Tal o día da Santa Enquisación. Sepáranos por sexos. As nais, cun sorriso malicioso do Enquisador Maior, son conducidas fóra do salón de actos e enviadas para casa. Os pais, un pouco asustados, son sentados a distancia suficiente para que non copien uns doutros. E o Enquisador pasa a explicarse: ‘Meus queridos señores, para garantir que vostedes son conscientes e competentes na cuestión que se lles vai plantear, ou sexa sobre as linguas e a escola, ímoslle facer unhas preguntas previas. E dado que é algo orientativo para o Alto Lexislador, non é preciso que computemos todas, senón que só o imos facer con cen de cada centro, de entre os que superen as preguntas previas de información. ¿Comprendido? Pois imos alá. Primeira pregunta: Nome do fillo ou filla’. Os pais todos sorrín e escriben debruzándose sobre o pupitre e sacando a punta da lingua de lado, como cando eran pequenos. ‘Que fácil’, pensan. ‘Segunda pregunta, ¿en que curso estuda o seu fillo ou filla?’. O dezaoito por cento dos pais rañan a cabeza indecisos. Tres son reprendidos por preguntarlle ao do lado polos cursos nos que van as súas fillas, pois saben que son amigas e deben estudar xuntas. Terceira pregunta. ‘Cite por orde, nunha columna vertical, o nome de todas as materias que ten o seu fillo ou filla’. A maioría poñen cara de susto. Algúns teñen a boca entreaberta e empezan a contar polos dedos. Os menos, voluntariosos, empezan a escribir: matemáticas, lingua española, galego, ximnasia e... e... e.... por aí empezan a engarrar case todos. A uns pais saenlle seis. A outros doce. A un trece. Súan xa pensando no ridículo do suspenso. O Enquisador Maior dispara a última munición: ‘Póñan ao lado do nome de cada materia, a lingua na que hoxe están recibindo esas clases, G para galego e C para castelán. E cando rematen, por último, fagan un comentario razoado dos motivos polos que queren continuar ou cambiar en cada unha das materias a lingua na que hoxe se imparte.
En fin, se alguén opina que as cousas van indo razoablemente ben como están e non quere que lle corrixamos a proba, pode romper o papel e marchar’.
O Enquisador Maior aínda sorría cando o último pai escapaba, ás présas, do salón de actos. Outro centro máis no que os pais confiaban no sentido común.
E agora, fóra bromas, cando lles pregunten, contesten con xeito. Graciñas.

Afonso Vázquez-Monxardín (La Región:06-06-2009)



Rouco va a votar mañana. ¿Te vas a quedar con los brazos cruzados?

Antonio Rico, La Trinchera Digital, 06/06/2009

Antonio María Rouco va a votar mañana. Y su papeleta apoyará a quienes buscan imponer su moral de sacristía, a quienes se oponen a que haya un salario mínimo y unas pensiones dignas, a quienes consideran a los inmigrantes carne primero de explotación y luego de expulsión, a quienes apoyan guerras ilegales, a quienes equiparan el aborto y la pederastia, a quienes pretenden que los trabajadores financien a los ricos, a quienes provocaron la crisis económica, a quienes se aprovechan del caos financiero, a quienes amparan a los corruptos, a quienes viven instalados en la hipocresía y el doble rasero.
Rouco no es el único que va a votar mañana. También se pasará por las urnas José María Aznar. Y Jaime Mayor Oreja. Y Manuel Fraga. Y…
La certeza de que la derecha extrema acudirá en tropel a las urnas puede generar desazón, pero también puede ser un estímulo para movilizarse. Porque la grandeza de la democracia está precisamente ahí: por mucho poder que tengan los Roucos, los Aznares y los Orejas, su voto puede ser compensado por el sufragio del más humilde de los ciudadanos.
El amigo que me sugirió esta columna, Miguel Ángel, acude alegre a las urnas pensando que su voto “anula” la papeleta del cardenal. Pero cada lector puede buscar a su demonio particular porque la lista de nominados es, sin duda, amplísima.
Así que, si en tus planes no figura ir al colegio electoral, piensa que Rouco votará para imponerte la Europa que no quieres. ¿Te vas a quedar con los brazos cruzados?