Podería, polas trazas, ser unha foto dos anos 40, pero xa sabemos que non o é. En todo caso, é un nacional-catolicismo moderno e vaticanista. Ata o xornal ABC, onde saiu a foto, destaca en titulares a "poco laicista felicitación navideña de Francisco Vázquez". A min lémbrame un pouco A familia de Carlos IV, de Goya, e creo que o exalcalde coruñés debía buscar un gran pintor que os inmortalizase para o futuro: imaxinen a cantidade de estudos que se chegarían a parir desta imaxe e dos seus significados simbólicos, ata algunha tese doutoral de seguro...
DISERTO AO ABRENTE
-
O día
No peirao da paciencia
chega o día
lonxe da noite melancólica.
A miña vida é unha terminación
sobre a que diserto ao abrente
e non sei en qu...
Hace 4 días


