5 dic. 2010

Pasamento de
MARCOS VALCÁRCEL

No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu o amigo Marcos Valcárcel López, despois dunha longa enfermidade.
Quen desexe darlle o derradeiro adeus pode acodir ao Tanatorio "As Burgas" de Ourense (nº 6) durante a tarde de hoxe e mañá luns día 6 durante todo o día.
Moitas grazas.

80 comentarios:

Xosé M. González dijo...

Que a terra sexa leve, capitán. En paz esteas.

Anónimo dijo...

Graciñas por existir e facer da nosa, unha historia con memoria. Terás a mellor das homenaxes, unha páxina de lembraza eterna no corazón dos que te coñecimos. Unha xornalista

Xabi dijo...

Fuches un facho de luz nos meus derradeiros anos na Carballeira, na túa biblioteca.

Xabimusic

Anónimo dijo...

Que en paz descanses.

Algún día, algunha parte de nós atoparase polos confíns do mundo.

Ovidio González.

Anónimo dijo...

Meu querido profesor,

Jamáis olvidareite, gran parte do que son e grazas a ti. Non olvidarei xamás as túas recomendacións literarias como me introduciches nos mundos de Casares,Otero,Cabanillas etc a túa amabilidade, a túa sonrisa...Eras e serás sempre o meu profesor, o mellor de todos.

Estarás cos mellores:Xeración Nós,Carlos Casares...toda a xente da que nos falabas nas clases. Estou segura que alá donde vaias estarás ben, queremoste.

Recordaremoste sempre.Grazas por todo!!

L.F.L

Merce dijo...

Permaneceras na memoria de moitos dos que tivemos a gran sorte de recibir as tuas clases, a cercania, a humanidade, o sorriso e a comprension que sempre te caracterizou, non se esquece.

Grande Marcos!!!

Graciñas.

torredebabel dijo...

Claro que quixera darlle ese derradeiro adeus a un amigo ao lonxe, un guieiro, un exemplo. Os kilómetros de mar por medio non mo permiten. Xa que logo, deito aquí a miña lembraza e a miña fonda dor pola perda que este pasamento significa para todos os galegos e as galegas do mundo que necesitan de olladas cheas de luz coma a de Marcos.

xOsse dorrío dijo...

Eu coñecín a Marcos Valcárcel a través desta bitácora persoal. Lia con atención as súas achegas, as súas recomendacións e os debates que mesta solaina se celebraban. Fai tempo que isto non é o mesmo sen el... Dente entón bótaselle de menos. Dende entón somos conscientes de todo o coñecemento que nos aportou. Grazas!

ms dijo...

Súmome aos recordos de foreiros, amigos e familiares.

Aínda que estes son momentos moi duros para os máis achegados, non conviría centrármonos na perda do noso amigo. Ao contrario: deamos grazas polos moitos momentos vividos con el.

MS

Anónimo dijo...

Nunca te olvidarei, irmán. Sempre estarás conosco, sempre, sempre.

Xerardo Méndez dijo...

Chove en Ourense. Chove desde o mediodía, unha auga mesta, fría, que cae a fío sobre a tarde. Chove, pasan os automóbiles estrando lampexos no asfalto, nos adoquíns mollados, na pedra dolorida e cansa. Chove frío na alma, unhas nubes grises, esas que sementan agoiros, van esparexendo a tristeza, e esa campá lenta, a cabalo da néboa, vai picando o corazón coa nova da ausencia.
Adeus, Marcos.

Anónimo dijo...

Que en paz descanse. Unha aperta forte a súa familia

Anónimo dijo...

Envianmos o noso máis sentido pesar á súa familia e amizades pola perda dun home tan xeneroso e bo.
Mercedes e Luís

XulioDRabal dijo...

Sempre Marcos !
Na memoria, no corazón...

Anónimo dijo...

A súa enerxía quedará para sempre formando parte da Carballeira, de tódolos seus compañeiros que tanto o queriamos.

Anónimo dijo...

A súa enerxía seguira para sempre na Carballeira e nos seus compañeiros que tanto o queriamos

Ramón Loureiro dijo...

Fixo Galicia máis grande nos corazóns que nos mapas.
Que Deus o teña na Gloria.

Balonga dijo...

mais o que ben quixo un día,
se a querer ten afección,
sempre lle queda unha mágoa,
dentro do seu corazón.

Manuel Ángel Candelas dijo...

Unha longa e tristísima bágoa polo amigo que se foi. Sempre haberá, Marcos, uvas na solaina.
Manuel Ángel Candelas

Daniel Ameixeiro dijo...

Fóisenos un mestre, un exemplo en compromiso e amor a Galicia. Queda a súa semente.
Que a terra sexa leve. Grazas, Marcos.

lobo neghro dijo...

A-Deus amigo.

Grazas.

Selina dijo...

Que a Nai o acolla co mesmo amor que vostede a honrou. A súa luz seguirá perenne nos nosos ollos.

Alba Cid dijo...

No contexto de centos de actos en Auria ou entre as liñas douradas das Uvas, foi fulxente a lucidez e a xenerosidade.
Graciñas por repensar a memoria e o cotiá. E grazas tamén por este espazo, núcleo e órbita de universalidade, que permitiu conxuncións, soles e eclipses. De Nós ao Mundo.

Todo o sentir, Marcos.

Anónimo dijo...

Destilaba sabiduría a súa palabra.
Non tiven a honra de tratalo persoalmente, pero gardo o pouso do seu saber e a carga de humanidade que Marcos transmitiu.
Home bo, que xenerosamente nos deixou obra e exemplo.
Que xermolen, en primavera, as túas cinzas no mar de Fisterra.

cilags dijo...

Sempre serás unha verba de esperanza. E a valentía da túa alma xemelga foi algo que tamén me encheu o corazón. Boa viaxe e ata sempre!

detective crepuscular dijo...

Hoxe á mañá pasei polo mercat de Sant Antoni e nunha das paradas, entre unha morea de libros, dei con EL PERIODISMO ES UN CUENTO, de Manuel Rivas, e automáticamente lembreime de Don Marcos, porque fora el quen falara mui ben deste libro hai tempo nestas mesmas páxinas. Non cheguei a coñecelo persoalmente nen nunca crucei unha palabra con el, aínda que o vin en varias ocasións. Para min sempre será Don Marcos, esa persoa sabia, amábel e respeitosa coa que se podía tratar en confianza e que sempre imaxinei aí, detrás da pantalla, cun xesto de comprensión para cos demais. O que si cheguei é a collerlle cariño de tanto tratalo virtualmente, ou mellor de saber que estaba aí á beira de todos nós. Un pau mui duro, a verdade. Teremos que acostumarnos a unha ausencia mais. Síntoo moito e non sei como dicerlle que para min sempre será unha amábel presenza virtual que rondará estes lares ciberespaciais nos que intentamos comunicarnos e deixar algo de nós. Unha forte aperta, Don Marcos.

paideleo dijo...

Síntoo.
Non cheguei a coñecelo persoalmente pero virtualmente tíñame enganchado.

A.V-M.F. dijo...

Que ben o dixo o Xerardo.
"Chove frío en Ourense..., chove frío na alma".
Graciñas por todo. Saúde e ata a vista compañeiro. Meu amigo.
Descansa en paz.

David Simón dijo...

Sempre recordaremos a Marcos polo seu traballo, cheo de compromiso coa cultura de Galicia.. Meu más sentido pésame á su familia.

David Simón

David Simón dijo...

Mi mas sentido pésame a la familia de Marcos. La noticia me ha pillado lejos de Ourense en estos días de puente vacacional. Nunca olvidaremos a Marcos. Nos enseñó muchas cosas de la cultura y la historia de Ourense... "Ourense, craro río, verde val"...

apicultor dijo...

Hoxe, a súa dona e os seus amigos colocaron a carón do seu cadaleito unha fermosa foto de Marcos realizada hai cousa de vinte e dous anos polo seu gran amigo, o fotográfo Eduardo Núñez.

Nela aparece un Marcos Valcárcel con trinta anos xustos, pletórico de facultades e de ollada limpa e serena.

Que o mar che sexa calmo cando nel repouses, Marcos, amigo.

Anónimo dijo...

Ficarás sempre na lembranza e no corazón.
R.A.F.

Jonathan Domínguez dijo...

Ben querido Mestre,

Vostede fixo espertar en min ese desexo de defender a nosa cultura e "a nosa terra". Coas súas historias, co seu saber...

Sempre o terei na miña memoria e recordarei aqueles anos no IES A Carballeira.

Isto non é un adeus, só é un ata logo.f

JDR

Xoan da Cova dijo...

Frio e neve de Decembro, hoxe, en Galiza, e no corazón dos galegos.

Andrés Mazaira dijo...

Hoxe..
"TODO está roto, mutilado, mudo
caído a ciegas
desde un cielo sombrio.
nada
me alumbra a esta hora" (J.A. V.)

Grazas Marcos e unha derradeira aperta

Alberte dijo...

Dende que comecei a bloguear no campo de millo da virtualidade galega, para min Marcos sempre foi o referente máis claro, unha torre de luz. Sinto moito esta perda valiosa, mais ficamos coa obra, que non só é intelectual, senón que toca nos corazóns da xente. Até sempre, mestre!

Roberto Vázquez dijo...

Ata sempre, profesor. Pasamos polo mundo, pero ti non pasaches como un máis, deixaches un recordo imborrable nas vidas dos teus alumnos.
Que descanses en paz.

Roberto Vázquez

Mondoxíbaro dijo...

Adeus amigo, ata sempre e grazas por a túa sabiduría, polo xeito de compartila conosco.

MARIA PRIETO dijo...

Non coñecín persoalmente a Marcos Valcárcel, aínda que foi amigo do meu pai nos seus anos na Carballeira.

Mais sinto que somos amigos. Leo este blog e vexo os seus testemuños no Youtube con grande coherencia e sentimento, compartindo en pequenas doses o seu inspirador traballo histórico e docente de moitos anos.

Ser galega e galego é compartir un sentimento un modo de vivir que vexo en Marcos Valcárcel e na súa obra exemplarmente encarnado en integridade e liberdade.

alba dijo...

Para Marcos, exemplo lúcido de cidadán. Ánimo á familia!. Unha aperta. Alba Nogueira

Quando eu morrer, filhinho,
Seja eu a criança, o mais pequeno
Pega-me tu ao colo
E leva-me para dentro da tua casa.
Despe o meu ser cansado e humano
E deita-me na tua cama.
E conta-me histórias, caso eu acorde,
Para eu tornar a adormecer.
E dá-me sonhos teus para eu brincar
Até que nasça qualquer dia
Que tu sabes qual é.
F. PESSOA

alba dijo...

Para Marcos, exemplo lúcido de cidadán. Ánimo á familia!. Unha aperta. Alba Nogueira

Quando eu morrer, filhinho,
Seja eu a criança, o mais pequeno
Pega-me tu ao colo
E leva-me para dentro da tua casa.
Despe o meu ser cansado e humano
E deita-me na tua cama.
E conta-me histórias, caso eu acorde,
Para eu tornar a adormecer.
E dá-me sonhos teus para eu brincar
Até que nasça qualquer dia
Que tu sabes qual é.
F. PESSOA

Isildur dijo...

Adeus, amigo. Sempre coa túa lembranza, sempre en Auria.

All the family dijo...

Nestes tempos avoltos, nos que as árbores teiman en non deixarnos ver o bosque, en que calquera xulga e descalifica impunemente, o teu talante constructivo, o teu esprito dialogante e o teu europeísmo convencido son perdas irreparables para os que queremos vivir o galeguismo sen estar permanentemente á defensiva. Nunca esquecerei o teu 'savoir faire'. E dalle recordos a Carlos Casares cando o atopes: dille que estamos a comprobar que si, que a historia se repite. E disfrutade da tertulia; nós ficamos aquí, a pé de obra. Tamén por fidelidade á túa memoria.

Dolores Vilavedra

Oscar Sánchez... dijo...

Foi o meu mestre de galego do 87 o 92,e curiosamente o único mestre do que me lembro desa etapa na Carballeira, un forte abrazo a sua muller e maila sua filla, hoxe é un dia triste para min, ate sempre camarada...

Catarina L.F.T dijo...

Adeus querido profesor e amigo,
todos os que tivemos a boa oportunidade de coñecerte, é seguro que non te esqueceremos.
Cun gran sorriso seguirei a lembrar cada historia que cheo de emoción nos facías chegar e que tanto nos ensinaban da literatura e en especial da vida. Unha aperta ben grande e gracias por todo. Ata sempre! :)

Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía…

Ela fía i eu confío
no albor do novo día.

Celso Emilio Ferreiro

Lizgairo dijo...

Un aperta fonda à familia do grande e sinxelo galego.
Que a terra che sexa leve, amigo Marcos

Anónimo dijo...

Grazas polas palabras. As uvas na solaina fíxome boa compañía.
Descansa en paz.

Lorena Meno dijo...

Onte,
un anaquiño do IES a Carballeira desaparecía, deixando ó mesmo desamparado de tantas boas historias, palabras e en xeral grandes momentos que Marcos adicou sempre ós seus alumnos...
Unha luz se apagou nesta cidade á que tanto él quería, pero na que sempre perdurará a súa lembranza...
Marcos, un gran mestre, un gran historiador, un mellor escritor... Pero por encima de todo iso, unha gran persoa que loitou ata ó final e da que xamais nos esqueceremos...

Unha última aperta Marcos.

Anónimo dijo...

Ogallá que a túa elegancia (personal, moral e intelectual) sexa un exemplo neste Ourense –neste mundo- de pacotilla, pavoneos e apariencias.
Si, como penso, ser diferente é ser existente, existirás sempre.

Outra xornalista

Anónimo dijo...

Descubrín este blog buscando un compañeiro e amigo de Cou dos Maristas no google(Jaime Barros)que aparece nas fotos de Marcos,e xa non poiden deixar de visitalo.Grazas polas lembranzas e por facernos sentir importantes ós ourensans e ás ourensás.Ata sempre, Marcos!Eterna e feliz estanza, onde queira que te atopes.
Isabel Sánchez.

José Luis Fernández Díaz dijo...

Por sempre te levaremos no nosso corazom. Sempre em Auria co teu pam por pam.
Carnicero

Mr Tichborne dijo...

As augas da blogosfera baixan tristes, elas tamén perderon un irmán, un pai. Descansa en paz, amigo.

As miñas condolencias á familia e achegados.

Cruz Martínez dijo...

É unha triste noticia a do seu pasamento.
Mais a súa palabra segue moi viva,impresa nas uvas da solaina, da súa, nosa...grazas!
O meu máis sentido pésame para a familia.

amauta dijo...

ogallá o seu ronsel sexa guieiro dos moitos que o reclamamos...

Xil dijo...

Permanecerás na miña memoria pola cita cun dia fixeches nun mitín, lembrando a un poeta mozambiqueño, decía algo asi... "se queres escribir un pobo, aprende primeiro a lelo".
Ata sempre.

xulio dijo...

Unha aperta para a familia de Marcos dun compañeiro de estudios dos Maristas de Ourense. Estivemos xuntos moitos anos. Os maiores recordos son de cando estabamos en 3º e 4º.Eu era interno e tiñamos una boa amizade.
Unha aperta moi grande tamen para os seus compañeiros.
Jose Manuel Alonso Muñiz.

Anónimo dijo...

Moitos recordos do meu paso pola Carballeira inundan meus pensamentos,dos mais importantes as horas nas que o noso querido profesor facianos soñar con Galicia,introducindo as suas historias coa frase de "vouvos contar unha anecdota" e contaxiandonos esa paixón pola nosa terra. Gracias por todo o que nos tramitiches.

ISRAEL dijo...

Mentres viva, levareite sempre comigo.

Xesús Veiga Buxán dijo...

Algo de nós morreu con Marcos.Apertas solidarias para a familia.

Clara Flor dijo...

Unha fonda aperta para súa familia e amigos, home sabio que levavas na fronte unha estrela e no bico un cantar e os fios invisibles que nos conectaron a tanta xente grazas a ti pola rede. Sempre vas estar en Galiza, Marcos, na que ti axudaches a recontruir.

Xoán dijo...

A súa viaxe deixa xérmolos que traeran tanta fartura como él deixou.
Moitas Grazas.

Anónimo dijo...

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada
E xa podes namorala…
Meu amigo!!!

Maruxa Guitián

juan l. blanco valdés dijo...

Vai en paz, amigo

Anónimo dijo...

A tristura deste días é grande, porque enorme foi a ledicia de poder compartir as uvas na solaina. Apertas á familia e ánimo aos amigos de Marcos.

mandacaralho dijo...

Unha mágoa. Vaia ano que levamos. Pecha Vieiros e A Nosa Terra, e agora vaise o Marcos. Un fondo pesar, e máis señardade.

SANTIAGO PROL dijo...

En marzo de 1997, Marcos axudounos a levar adiante a homenaxe a Benigno Álvarez e aos caídos e represaliados do 36 en Maceda coa elegancia que o caracterizaba. Fíxo o propio en 2007 co poeta galeguista Xosé Loís Parente. As xentes de ben de Maceda sentimos profundamente o pasamento de Marcos Valcárcel. Unha mágoa!

lourixe dijo...

Até sempre, Marcos.

filomeno2006 dijo...

D.E.P.

Anónimo dijo...

Ata os que non tiñamos o pracer de te coñecer en persoa te botaremos de menos.

Loureiro.

Anónimo dijo...

Meu mais sentido pesame.

Xacobo dijo...

Grazas po-los grandes momentos que nos fixeche pasar nas tuas clases. Ti non eras un mestre, eras un amigo. Nas historias que nos contabas habia un anaco de amor a Galiza, e ese amor que ti sentias po-la tua terra, transmitiasnolo a nos. Sempre te admirei e agora que te vas sinto que un anaco de min marchou contigo. Es o exemplo que me gustaria que seguira toda a xente que realmente ama a nosa terra, tan elegante, tan intelixente, sen facer ruido. D.E.P Amigo MARCOS, nunca te esqueceremos.

Laura dijo...

Ata sempre, Marcos!!! A Historia de Ourense perdeu a un dos seus mellores notarios... A túa obra queda, convertida en espello para nós os historiadores novos... Que a terra te sexa leve!

Unha garimosa aperta a familia, esposa, filla e amigos

Anónimo dijo...

Sempre formaras parte da miña vida, deica logo Marquiños.
Unha grande aperta para Eire e Maria.Animo.
Pilar Meilan

Anónimo dijo...

Coñecín a Marcos cando era pequeno e ao seu irmán maior Fiz do que fun compañeiro de estudante e amigo. Que irmáns! O que tiña arte na man, Fiz, e o que ía para sabio, Marcos. Xa daquela vía nil un neno que era maís home que moitos adultos. A vida equivocouse en non darlle máis tempo para continuar a exercer a súa xenerosidade e querencia polo país.

Luis Cachafeiro

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Sempre quedará en nós unha pegada túa, adeus

Doniña dijo...

As pessoas não morrem, ficam encantadas.
(Guimarães Rosa)

Xosé Manuel Carreira dijo...

Aínda que nunca cheguei a coñecelo fisicamente sempre me lembrarei dos seus apontamentos neste blog. Deica sempre.

Anónimo dijo...

81 comentarios

sam rock dijo...

Gracias, Marcos, polo que diches.

O ZORRO dijo...

sempre en Galiza...fúcheste levado pola enfermedade e agora foise tamén Benito. Dous grandes de Galicia.