Leo Bassi. "Revelación” é a miña maneira de dicir alto e claro que amo o laicismo e que son fillo da Ilustración, así se manifestaba o artista Leo Bassi despois de estourar un artefacto no Teatro Alfil, onde se exhibía o seu espectáculo “Revelación”.
Imos ter que refundar unha Liga de Librepensadores que reivindique os valores da Ilustración e da Revolución Francesa. Fanáticos hainos en todas partes e de todos os colores, aquí e nas madrasas de Paquistán.
(Delacroix, "A liberdade guiando o pobo", 1830. O propio artista incluiuse neste retrato épico da Revolución de 1830, nas barricadas que querían botar fóra o último Borbón: en Francia, claro).
3 comentarios:
O cadro, en si mesmo, é impresionante. Tan xigantesco de tamaño, tan cheo de simbolismos, que cando un o encontra no Louvre queda absolutamente absorto en tal marabilla.
Un dos problemas dos libros de arte son as súas reproducións. Moitas veces de mala calidade cromática, e ademais case nunca poñen os datos das dimensións reais dos cadros, polo que o lector moitas veces non se pode dar conta da súa magnificencia.
Así, resulta que cando un os ve directamente en persoa, pode quedar entusiasmado ou defraudado.
Cadros aos que apenas se lle prestara atención cando se ollan nos libros, adquiren en directo unha dimensión descoñecida. E tamén o contario: ás veces un desexa non telos visto en persoa, porque a alma se lle cae aos pés.
Certamente hai cadros que un prefería non ter visto.
Hai uns meses, na National Gallery de Londres, vin un cadro de Van Gogh, xunto pegadiño a uns dos seus famosos xirasoles titulado "The carbs", (os centolos) do que nunca oíra falar e que se o venden no mercado de Sabarís un lus calquera do verán, non ía topar compardor por 10 Euros.
Pero é o que hai.
Saúdiña polo blog, Marcos.
Ese é moi malo, por certo. Pero os dos tornasoles son inmellorables, tan "cárnicos" que dan gañas de botarlle o dente.
Excepcionais son os pasteis de Turner, tamén na National. Ou os de Leonardo, tamén na idem. Por non falar dos de Gauguin ou dos Toulousse, ambos no Orsay, absolutamente maxistrais.
Un lévase grandes e moi boas sorpresas, e tamén fortes decepcións. Co de van Gogh que vostede cita a min pasoume o mesmo.
Publicar un comentario