A República e as contradicións do PP ourensán
(Pan por pan mércores 12 abril)
Os Amigos da República están a celebrar un amplo programa de conmemoracións titulado “República e Liberdade”, que homenaxeou a Julio Losada e permitiu recuperar nomes esquecidos da nosa historia como Alfredo Gómez Ollero ou Blanco Dobarro. Nesta xeira de actos colabora, con outras entidades, o Concello de Ourense. O concelleiro de cultura, participou en varios deles. Eu non podo máis que felicitarme dese apoio municipal, pois entendo que Pepe Araújo representa dalgún xeito ao grupo de goberno. Pero… Velaí vai o meu pero. Un mínimo de coherencia esixe que esta xusta reivindicación das víctimas republicanas vaia acompañada da limpeza dos restos do franquismo en Auria. E seguimos pisando rúas con nomes como Coronel Ceano ou Capitán Eloy. O goberno municipal non fixo nada ao respecto e non é sen tempo: case 30 anos levamos de democracia nos concellos.
(Imaxe: debuxo de Luís Seoane, "Arriba España", no álbum Trece estampas da traición).
3 comentarios:
Tampouco lle pidas grandes avances ó PP. Agora están intentando aceptar os matrimonios entre homosexuais, parece que empezan a recoñecer as vítimas do franquismo (no programa "Hai debate" deixábase entrelucir) e así devagariño chegará a ser unha dereita moderna
Si, é certo que non se lle poden pedir demasiadas cousas. Creo que, no fondo, estes temas nin sequera lle interesan o máis mínimo: amosan total indiferencia, cambiaron os nomes máis "cantantes" (Franco, Calvo Sotelo) e acabouse o problema. Non lles custaría nada retirar os cinco ou seis nomes franquistas que quedan en Auria, pero iso son babecadas da oposición, pensarán. (Tamén é certo, en baixiño e para que non nos escoiten, que hai casos moito peores: pasear por Santander ou Oviedo é terrorífico, todas as rúas manteñen os nomes franquistas e outras simboloxías daquela hora. Non sei cómo o poden soportar os cidadáns demócratas desas cidades...)
fycfgvbhnjm
Publicar un comentario