LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
5 comentarios:
Non conhecia o debuxo e mais que xenial a min semellame orixinal e impresionante.
Teño unha sorte moi grande e -pola xenerosidade da escritora galega-arxentina María Rosa Lojo- vou falar un pouquiño o mércores sobre o Día das Letras galegas no Centro Galicia. Este post regaloume o comenzo do que vou decir. E será en galego, ainda que o meu é terriblemente malo. Pero se imos repensar a data, que sexa falando dela en galego.
Gracias!!
Alégrome moito desa túa conferencia no Centro Galicia, Torre de Babel. Encantaríame poder escoitarte: algunha vez será. E sen medo polo galego: escribes de marabilla e a forza da vontade derruba todos os muros.
Para acedre: todos os debuxos do Diario 1921 de Castelao son magníficos e moitos deles serían despois reelaborados e darían lugar a novas imaxes presentes nos álbums da guerra e noutros traballos. Das opinións de arte de Castelao nese libro, tan discutíbeis, falaremos outro día.
Na Rede estamos en melhor situación que noutros ámbitos.
Campanhas no ensino a prol da criación de blogues en galego e a agrupación nun blogomilho ben xestionado poden ser positivos para potenciar a língua.
Para Gustavo Peaguda: Castelao non entendeu as vangardas nin a Picasso nin ao surrealismo nin ao expresionismo ruso nin outras moitas tendencias daquela: o Diario 1921 é explícito ao respecto. O seu modelo de arte popular comunicaba cos xeitos dos canteiros galegos ou co xeito de ver a realidade dos primitivos flamencos (Brueghel, etc.). Certo que aprendeu técnicas e formas dalgún expresionista alemán, sobre todo no gravado. Certo que tampouco quixo facer carreira artística e que na súa teoría da arte o vencellamento co pobo era prioritario a todo o demáis. Mentres Risco se abría as vangardas e comunicaba con Manuel Antonio ou con Euxenio Montes, Castelao defendía modelos formais máis tradicionais e convencionais.
Publicar un comentario