10 may 2006


Pouca xeografía, tamén, nos Estados Unidos
(Pan por Pan mércores 10 maio)
Andou estes días por Internet e por algúns xornais un informe que afirma que a metade dos mozos dos EEUU non saben situar Nova York nun mapa. É unha enquisa da National Geographic que demostra tamén que, despois do que choveu en Iraq, xa me entenden, máis do 37 por cento dos mozos menores de 24 anos non son quen de situar no mapa ese país mesopotámico onde teñen instalado medio exército imperial. Moitos deles sitúan países como Sudán en Asia ou mesmo non saben dicir onde está Luisiana, despois do furacán Katrina do ano pasado. Os datos non me sorprenden. Pero non botemos nós foguetes. Os coñecementos xeográficos no alumnado español tamén son moi escasos e creo que a última xeografía que se estudou en serio foi aquela do vello bacharelato que algúns padecemos, pero non tanto. E despois din que o mundo está a globalizarse: permítanme un sorriso irónico. (Imaxe: detalle do "Baño de Diana" de Parmigianino).

1 comentario:

acedre dijo...

Eu poderia contar anecdotas dos estadounidenses e os mexicanos. Anque tamen tenho un vecinho galego universitario que colocaba Brasil na America do Norte.