31 may 2006


Zapatero e os profetas do non
(Andoliña mércores 31 maio)
Hai uns anos a dereita gobernante en Galiza adoitaba alcumar os nacionalistas do Bloque como os "profetas do Non". Daquela estes eran un partido antisistema, que non podía aínda nin soñar con chegar ao poder e que seguía, xa que logo, unha estratexia maximalista á agarda de tempos mellores. Lembreime onte deste alcume no Debate do Estado da Nación, pois, sen usar esa expresión, iso mesmo foi o que lle chamou Zapatero ao xefe da oposición, Mariano Rajoy.
Ao líder socialista bastáronlle uns minutos para tirar por terra o discurso "catastrofista" do seu adversario: unha posición negada pola propia realidade e carente de propostas que remata por ser cómica, dixo Zapatero ("patética", diría eu). Zapatero foi contundente nas súas afirmacións: "Vostede non ten nin idea do que é verdadeiramente España", espetoulle a Mariano Rajoy. Así, o presidente do Goberno consolida un liderado gañado por propios méritos, defendendo unha imaxe dunha España plural na que collen todos os territorios e cidadáns do Estado. É a dereita a que segue sen encontrar o seu papel na función.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa polo artigo, é a realidade do país, a realidade que nos toca sufrir e queda verdadeiramente plasmada. Eu non creo que a dereita non atope o papel na función, senón que non o quere atopar, esqueceuse de esquecer.

Esta mañá Miguel Bosé no programa da cadena ser HOY por HOY decía que a dereita estaba no xogo da democrácia porque senón non podería estar, pero ainda así está para dinamitala dende dentro.

Anónimo dijo...

Paréceme moi bo ou artigo, coido que non pp teñen un problema de renovación interna pendente, que non saben superar, resolvéndoo todo dende unha posición estentórea fóra de lugar.
Unha aperta

Anónimo dijo...

Really amazing! Useful information. All the best.
»