A Igrexa contra a Educación para a Cidadanía(Pan por Pan, mércores 21 xuño)A xerarquía eclesiástica non deixa de sorprendernos. Un día reúnese para afirmar a unidade de España (tema teolóxico clave, non?), outro proclama que a materia de Educación para a Cidadanía é un ataque á familia: palabras do arcebispo de Toledo. Esta materia debe promover unha reflexión ética en pro dunha educación sentimental do individuo (saber xestionar as súas propias emocións) e da súa participación na vida política. Todo ben necesario no mundo no que vivimos. Díxoo moi clariño
José A. Marina: “
A educación para a cidadanía pretende ensinar a convivir. Tamén a convivir en familia. Quere ensinar que a democracia é un proxecto ético, que todo dereito implica un deber, que debemos buscar a xustiza en todas as relacións –incluídas as familiares- e que debemos respectar as crenzas doutras persoas, sempre que se manteñan no marco ético”. Nin máis nin menos.
(Imaxe: Lucas Cranach, The Adoring Husband, 1530)
8 comentarios:
Amén!
Historicamente a Igrexa ten atacado a calquera ensinanza ou ferramenta que axude a formar xentes máis libres. Porque canto máis libre, menos temerosos. E canto menos temerosos, menos influintes. E canto menos influintes, menos relixiosos...
"Con la iglesia hemos topao, amigo Sancho..."
Don Quijote de la Mancha
"Coa Inquisición seguimos topando, amiga honestidade"
Xa sei que todo o mundo ten dereito a opinar de todo, pero moléstame que a Igrexa sempre ande dando voltas sobre a sociedade civil. Que coiden das almas dos seus fregueses e deixen ao resto en paz.
Foi a institución máis perniciosa para a sociedade no mundo contemporáneo: algo así de contundente dixo esoutro día Alonso Montero en Auria, falando da Igrexa. E ás veces creo que imos cara atrás: aos tempos da persecución de Curros, do nacionalcatolicismo franquista, etc.
Por fortuna, tamén hai xente católica, e dentro do clero, que realiza trabalhos humanitários e sociais por todo o mundo. Ainda asi, seica as responsabilidades penais dalgúns membros da xerarquia en matéria que afecta a menores non invalidan a sua misión docente e evanxelizadora.
Pregovos que non sexades moi duros neste tema, mais que nada porque a nosa Nicole voltou ó seo da igrexa católica, apóstolica e romana ,e non vaia ser que se nos enfade...
Publicar un comentario