Pero Meogo, Ursula Andress, Uma Thurman
(Pan por pan venres 2 xuño)
No coñecido poema de Pero Meogo, o trobador amósanos á amada nos verdes prados lavando os seus cabelos (“E con sabor d’ elos/ lavei meus cabelos, meu amigo”) e logo facendo trenzas con esta fermosa imaxe da súa cor loura: “Des que los lavei, / d’ ouro los liei, meu amigo”. Os cabelos de ouro seducen tamén ao protagonista dos “Xoguetes pra un tempo prohibido” de Carlos Casares, que usa como símbolos de beleza a a Ursula Andress e a a Marilyn Monroe. Pero o poder de atracción das louras non será eterno: un amigo conta no meu blog que por causa dos xenes dominantes só lles quedan uns poucos centos de anos. Do cruzamento de loura e moreno dá moreno case sempre, igual que retroceden os ollos claros. Nunha sociedade mestiza, os louros teñen, pois, data de caducidade. E, no futuro, será como nas películas de ciencia-ficción: mulleres calvas de grandes cranios? (Imaxe: Uma Thurman)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
3 comentarios:
Nesta liña de erudición é por onde ía o comentario noso na bitácora anterior.
Graciñas por vencellar aos nosos devanceiros do medievo coa realidade de hogano.
Ten vostede un excelente gusto estético para as mulleres louras. Tamén se lle podía pedir a Uma que protagonizase a campaña.
Your are Nice. And so is your site! Maybe you need some more pictures. Will return in the near future.
»
Publicar un comentario