O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 1 día
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
9 comentarios:
É unha mágoa o falecemento de Pura Vázquez, unhas das grandes da literatura ourensá e como non galega. A súa poesía é todo sensibilidade, abranguendo todos os sentidos. O poema aquí seleccionado así o amosa. Está a orballar no tempo lento, mentres a alma pura dunha artista de versos permanece viva na Patria azul dos nosos días.
Acábome de enterar da triste nova da desaparición física (que non do resto, xa que sempre ficarán na nosa retina os seus versos e a candidez da súa voz) da grande Pura Vázquez. Coa súa morte perdemos a un ser humano excepcional e iso, por desgraza, é xa irreparable. Nestes momentos vénme á memoria a homenaxe que desde o PEN de Galicia lle tributamos en decembro en Celanova co gallo da "Afirmación da Ourensanía". Alí, na compaña da súa irmá Dora, entre amigos, xantamos xuntos e gozamos de múltiples anécdotas e da súa particular visión da vida. Era, sen dúbida, toda unha moza. Recordareina así sempre, tan coqueta e chea de vitalidade, dona dunha fermosura única, singular, eterna. Até sempre, amiga Pura.
Aínda que non a coñecía nin apenas lle tiña lido nada, súmome ás condolencias pola perda desta muller e autora tan querida.
Pura Vázquez era, foi, pura poeta. Nin nos 40, en Madrid, nin nos 60, en Caracas, nin nos 80, no seu retorno a Ourense, nunca foi ela de nada nin de ninguén. A ideoloxía de Pura era a liberdade, o seu partido, a poesía. Por iso estivo tan soa na morte, tan desamparada nunha longa vida. Pura Vázquez non foi, non, poetisa nacional. Pura foi pura poeta.
Estiven no camposanto de San Francisco, cando caía unha fortísima treboada que nos deixou a todos pingando ata a médula. Non eramos moitos, unhas 20 persoas, a familia, alcalde, presid. da Deputación, outro concelleiro do PP, Luis Menéndez, Maribel Outeiriño, Ánxeles Fdez., Sexis Bobillo, etc. No funeral houbo un cento escaso de persoas. "Parece que o ceo chora por ela", dicía un seu sobriño cando a auga nos empapaba a todos. Unha anécdota para a historia: Pura foi enterrada coa bandeira galega e o escudo. Grazas ao empeño de Luis Menéndez, parente indirecto dela, creo, que convenceu ao resto da familia. E, como non había bandeira a man, como se solucionou? Oiu o caso Baltar e aos cinco minutos había alí unha bandeira, non sei se a que ten el no despacho, coa que foi enterrada Pura. Si, ten razón Tosar, foi poeta pura, nada máis. Nada máis lle facía falla.
é unha verdadeira mágoa. Pérdese con ela un grande icono da cultura e literatura galega. :-(
Here are some links that I believe will be interested
Great site lots of usefull infomation here.
»
Hi! Just want to say what a nice site. Bye, see you soon.
»
Publicar un comentario