11 jul 2006


Sentido común.
Hai ideas tan lóxicas, tan de sentido común, que o único estraño é saber por qué non se poñen antes en práctica. Como a que anunciou esta semana a Xunta, a través da Consellería de Política Territorial: o Noitebús, unha posibilidade de transporte barato que permitirá aos mozos no verán facer os seus traxectos ás zonas de lecer nun transporte público e sen coller o automóbil propio. Por 1,5 euros poderá moverse, entre as dez da noite e as oito da mañá, en roteiros de marcha como Baiona-Vigo, Pontevedra-Sanxenxo, Ribeira-Padrón ou Malpica-Santa Comba, entre outros. A inmensa traxedia que o alcohol e o automóbil deixan cada fin de semana nas estradas galegas esixe algo máis que o laio repetido e as condolencias inútiles. A iniciativa da Xunta é de sentido común e pode aforrar moitas vidas: con que salvase só a un só dos nosos mozos xa merecería o noso aplauso.
(Imaxe: aínda que non veña a conto, a fermosura sublime de Juliette Binoche)

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois a verdade é que non, non vén moi a conto. Calquera se pon a ler un post despois de mirar a mirada sutil da Binoche. Estou atónito, perplexo...os rapaces, o alcohol, os accidentes o noitebús, a Binoche, a Binoche, a Binoche...

Anónimo dijo...

Oxalá que serva para algo... porque, como hoxe recolle a prensa, o famoso carnet por puntos non fixo que diminuísen os mortos nas estradas.

Anónimo dijo...

Ti ante A Binoche ou calquera outra beleza sublime, quedarías sen os puntos nada máis arrancar o coche...mágoa que nunca o collas, do contrario xa estarías na tumba, ou en augas fisterrás!

Anónimo dijo...

Non si basta poñer unha beleza indiscutibel, como para non darse conta que nos plans da xunta, o oriente galaico non existe. E que os mozos de Ourense e Lugo non morren nas estradas?

Marcos Valcárcel López dijo...

Eu pensei o mesmo que o último usuario anónimo: todos coñecen os roteiros de marcha do interior do país e aí hai mortes de seguido. Haberá que protestar para que nos teñan en conta na Xunta?