Ministros galegos en Madrid
(Andoliña mércores 27 set.)Serve para algo ter ministros galegos en Madrid? Esa era a pregunta que se facía hai uns días o editorialista de El Correo Gallego e que se repite de forma recorrente cada vez que se forma un novo goberno no Estado ou cando se discuten os seus orzamentos. A pregunta é pertinente porque sempre houbo ministros galegos en Madrid: foi así na Restauración, e con nomes de peso, e tamén na Segunda República, en todo o franquismo e logo na democracia. Nomes e personalidades moi diferentes dende líderes conservadores ata republicanos de esquerda ou socialistas, como hoxe a señora Espinosa.
A pregunta tampouco é nova. Cedereille a palabra a Unamuno, que a respondía en carta ao xornal Coruña Moderna aló por 1906. Alí facía notar que sempre houbo galegos nos gobernos españois, "pero non se coñeceu que o fosen nin lograron darlle un sentido que recoñezamos como propio deles". Os galegos egrexios, engadía Unamuno, "en canto se elevan en Madrid a postos eminentes desgaleguízanse en todo menos no acento". O autor de San Miguel Bueno, mártir non era precisamente un entusiasta dos nacionalismos periféricos. Pero tiña bo ollo para recoñecer a realidade, sen dúbida
11 comentarios:
Unamuno tivo, cando empezaba, un efémero pero entusiasta coqueteo co nacionalismo vasco. E o mesmo co socialismo pouco despois. Logo xa con ningún dos dous, claro.
Unamuno ten hoxe escaso interés, a pesar de que ainda quedan unamunistas.Un señor, retrógado, antiintelectual, que tiraba para escuridade nos momentos cruciais. Francamente un mendecato con formación e intelixente, mais mendecato. Un paiaso comico que a pesar del nunca chegou ao tráxico, como todos es españois salvo o serfardí Rojas, e o grande e extraño para castela Calderón.
Andar a estas altura a voltas con Unamumo, semella, na miña modesta opinión, até de mal gusto.
Karlos
Señor Karlos:
O seu atrevemento corre parello coa súa ignorancia.
Así de claro.
Tema vello ese dos ministros galegos. E a experiencia nos di que o feito de seren galegos non beneficiou especialmente a Galiza.
Como di un coñecido meu, Michel Salgado será un gran futbolista pero non lle serve aos equipos galegos porque xoga no Madrid. O mesmo pasa cos ministros/as. A cuestión non é tanto o lugar de nacemento senón a política que desenvolven. A que intereses políticos serven, ou de cales dependen. Valería máis un goberno en Madrid sen ningún galego/a pero que necesitase o apoio no Parlamento dun forte grupo galego que un goberno inzado de galegos sen unha forza galega premendo tras deles.
Pediría unha certa moderación nos comentarios (anónimo pc): non é necesario usar certas descualificacións, creo. E creo tamén que Karlos é demasiado contundente no seu xuízo, que sería moi discutible. O que é certo é que a figura de Unamuno tivo nos anos 30 un peso singular na nosa cultura, sorprendente en moitos aspectos: tamén en Galicia a xuzgar pola súa ampla correspondencia con escritores e intelectuais galegos, que publicou hai uns anos o Centro Ramón Piñeiro (preparado por Alexandre Rodríguez Guerra). Das ideas de Unamuno habería que falar moi de contado. Eu só quero dicir agora que me gustan algunhas das súas obras (moi singularmente ese "San Miguel Bueno, mártir") e que o seu perfil como persoa quedou depurado de toda tacha co seu comportamento heroico no paraninfo da Universidade de Salamanca diante de Millán Astray: cantos intelectuais serían quen, nunha hora desas, de amosar esa talla moral?
Totalmente de acordo co que di "Un amigo" sobre os ministros galegos: nesa liña ía o meu comentario, aínda que non o dixese de xeito explícito.
Excusas... por erro meu. Saiu antes como Usuario Anónimo un comentario meu, no que pedía moderación, etc.
Unamuno foi un pensador que influiu en toda unha época da intectualidade espanhola e tamén galega. Ainda que o seu pensamento non dice nada hoxe en día a inmensa maioria dos intelectuais, non por elo se lle pode descalificar. As súas contradicions políticas durante a dictadura primorriverista e na II República non teñen importancia ante o exemplo de valor cívico levado a acabo no paraninfo de Salamanca ante, o por certo matarife galego, Millán Astray. Quixera conocer un exemplo semellante dun intelectual galego da época que non se fora o exilio. Soamente por eso merece un sitio na memoria dos homes e mulleres que teñan referencias ideolóxicas de esquerdas. En canto o debate sobre o papel dos ministros galegos en Madrid pareceme que os intereses personais dos políticos nada teñen que ver ca súa procedencia, e sí ca súa ideoloxía. Para poñer un gráfico exemplo: Franco.
Estimado señor Valcárcel:
A petición de moderación e de que non se descualifique, na miña humilde opinión, debería dirixirse, en primeiro lugar, ao señor Karlos.
Os termos que este utiliza respecto de Unamuno son:
1. retrógado,
2. antiintelectual,
3. mentecato,
4. pallaso cómico,
E a vostede por citalo dille que é de "mal gusto".
Creo que tamén os mortos teñen os seus dereitos e, polo tanto, non é de recibo permitir tales "descualificacións".
Pola miña parte, creo só me limitei a describir a actitude amosada polo señor Karlos.
"Atrevemento" e "ignorancia", termos usados por min, non son descualificacións. Son, simplemente, a exacta descrición dunha actitude.
Dito isto, vostede pode aplicar o raseiro que estime conveniente. Non en balde, o blog é seu.
Un saúdo.
Seguimos no de sempre.....¿Realmente alguén no seu xuízo pensa que un ou dos ministros en Madrid teñen mais influencia que poñamos por caso os Presidentes de: Banco de Santander, BBVA, La Caixa, Repsol, Metrovacesa, ACS? ...... Sen instrumentos fiscais nin económicos de releve, sen estruturas sociais asentadas e sen grupos económicos-empresariais potentes (mais alá de Zara que se atopa noutra liga) que falando en clave global sexan capaces de defender as inversións e apostas estruturais que precisa o noso pais....¿que peso queredes que nos de en Madrid un ou dos ministros de agricultura, pesca ou cultura ou infraestruturas (por que...para Desenvolvemento Tecnolóxico ou Industria non damos ¿Non si?), que ademais solo funcionan en crave dos intereses dos seus partidos que, por lóxica electoral, se atopan concentrados en Andalucía, Cataluña e Madrid?? ....
Por iso é tan preciso dotar de mais instrumentos de autonomía fiscal e financeira nos novos estatutos..iso si teremos que asumir o risco...si o goberno galego non está a altura..... e non e capaz de facilitar incrementos de competitividade no marco dunha economía global que esixe redes potentes internacionais.....entón non poderemos laiarnos.... en calquera caso eu estou disposto a asumir riscos..(a pesar do nome que utilozo no blog)
Totalmente de acordo, Descrido: esa é a perspectiva correcta.
Publicar un comentario