LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
9 comentarios:
Na miña discutible opinión, o nacionalismo galego está, hoxe, sen discurso. Nin bo nin malo, simplemente sen discurso.
Cunha parte centrada en administrar –ben, mal e regular- a parcela de poder que lle corresponde, con outra parte pasivamente dedicada a velas vir e con outra parte –unha sorte de heteroxéneo “sindicato de resentidos”- volcada na conspiración, o nacionalismo galego, politicamente visto, dedícase tan só a administrar o existente, sen apenas proxectos que vaian alén da retórica baleira, das promesas adiadas ou incumpridas. Non hai folgos nin ideas de longo alento. E o nacionalismo, en tanto que organización, sinxelamente non existe, áchase nun estado de hibernación ao que foi conducido conscientemente pola actual cúpula gobernante: a inestable coalición interna Quintana-UPG.
Ora ben, e tamén na miña discutible opinión, nin Beiras nin Nogueira están en condicións de subministrar os alicerces dese novo discurso que necesita o nacionalismo. Ninguén lles discute –non se debería discutir- a súa relevancia no pasado, o papel histórico que xogaron na configuración do nacionalismo galego moderno.
Pero, dito isto, o(s) seu(s) discurso(s) está(n) esgotado(s), carece(n) de prospectiva, tan só provee(n) unha cansina sonsoneta en negativo –á contra da actual cúpula dominante- que apenas aporta nada que abra horizontes de futuro. Non é que estean na historia. É que son xa historia: reliquias dun pasado que xa pasou.
ainda así, a min gustaría moito escoitar tanto a conferencia de Beiras coma a presentación do señor Valcárcel. E se o señor anonimo politico-cultural ten razon no que expon, eu me pregunto que é o que sae mal cando unha forza non ten xente nova que sexa capaz de ocupar o lugar dun lider claro e trazar un discurso no que se vexan a meirande parte dos seguidores.
Non, se está ben ir escoitar unha conferencia de Beiras. Sobre todo a xente nova. Sempre se aprende algo de calquera conferencia. Anímoa a que vaia, claro que si.
Verbo da súa segunda parte, pois qué quere que lle diga. Eu non teño unha bola de cristal que adiviñe o futuro. E sobre do que seica vai mal, prefiro que opinen os demais contertulios, que seguro que teñen moito máis coñecemento de causa. Eu xa falei de abondo e non quixera monopolizar esta entrada. Un saúdo.
Pois, amigo APC, vai ser difícil que asista Torre de Babel porque tería que vir dende Bos Aires e xa non lle dá tempo. Por certo, preparei un discurs(iño) abondo traballado que é todo un repaso pola historia de Galicia dende tres datas: 1936, 1963 e 1982. Xa se poden imaxinar por onde van "os tiros". E por desgraza, no da renovación, teñen razón os dous amigos: onte presentou en Ourense un libro Francisco Rodríguez, máximo dirixente da UPG. Polas fotos que veñen na prensa, asistiron arredor de vinte e poucas persoas. E case todas elas, recoñecidas, estaban xa na UPG ou no nacionalismo hai 25 anos: pouco avanzamos. Ó mellor sucede o mesmo hoxe no acto de Beiras e estamos tamén os mesmos de sempre ???
Eu animo a que se vaia ás conferencias, a (case) todas as conferencias.
Beiras, desde logo, ten unha grandísima experiencia como conferenciante, é unha persoa brillante e sabe, normalmente, conquistar o auditorio. É todo un espectáculo, no mellor senso do termo. Ha ter máis xente que Paco Rodríguez.
O que eu dixen, como vostede comprende perfectamente, amigo Valcárcel, referiame ao plano estritamente político e, moito máis indirectamente, ao intelectual.
E, polo que vexo, considero aínda moito máis atractivo o que vostede vaia dicir que o que poida dicir Beiras. As cousas como son.
Pero haberá de desculpar a miña ausencia. Diversos motivos impiden que me achegue ao Ateneo desa fermosa cidade súa.
Que lle parece se cola aquí a súa intervención? Moitos lectores deste blog agradeciamolo.
Un saúdo.
Para APC: o certo é que é un pouco longa para incluíla aquí (6-7 folios). Quizais nunha web propia que conto ter en datas próximas, onde incluirei textos máis longos (discursos, ponencias en Congresos, etc.)
Eu tampouco poderei achegarme a Ourense. Por iso, aínda que poida ser un pouco longo, tamén animo ao señor Vacárcel a que poña aquí o seu texto. E tamén o de Beiras, se é que o ten escrito, cousa que dubido.
Supoño que o libro de Francisco Rodríguez presentado en Ourense é o das súas conversas co xornalista Xosé Mexuto. Eu estouno lendo. Xa lles comentarei algo cando o remate.
Un saúdo.
Pois agradeceriase un comentario dese libro de conversas pola súa parte, don Leituga 1. Seguro que había tirar conclusións ben interesantes (e quizais nos aforrase o trago de lelo).
O texto de Beiras non estaba escrito: só traía un guión en tres folios, que foi desenvolvendo. O meu buscarei a fórmula de difundilo, pero creo que é moi excesivo para o blog e tamén é difícil de parcelar. Tereinos informados ó respecto.
Publicar un comentario