O blog está moi vivoO blog está moi vivo, tanto polo número de entradas diarias que se producen como pola riqueza dos debates que aquí compartimos entre todos/as. Segundo me informa o meu asesor informático, o amigo Xulio Outumuro, entre o domingo e o martes un total de 104 persoas leron ou descargaron o discurso de Beiras que aquí está aloxado (coa miña presentación). Ademais, dúas novas xeradas por este blog (a homenaxe a Beiras e as declaracións de Paco Rodríguez sobre Ferrín) tiraron de dous fíos do
foro arroutadanoticias.com, cun total dun cento de comentarios ó respecto, visiualizados ata agora por unhas mil cen persoas.
(Foto do discurso de Beiras no Ateneo, no momento da miña presentación, cedida por Dani Atanes, fotógrafo de
La Región).
7 comentarios:
E creo que eu estou en todas esas estadísticas.
O froito dun gran traballo.
Saúdos
E ben o merece.
Parabéns!!
Deberían ser mais interesantes as tertulias do liceo das que fala vostede aquí, meis témome que ten mais interés e difusión o que neste bolg acontece. Cousas de tecnoloxia. As Tertulias desapareceron funcionalmente nos anos 60, e todo intento de rescatalas é un revival nostálxico.
ánimo co blog. E xa sabe que tipo de novas colgadas son as que mais tirán do teclado....así que....aprobeite, e dealle mais ao quente.
Un saudo
Marcialg
marcialg
Case todas as mañás entro no blog de Marcos. Sempre aporta algo interesante.
Beizón.
Graciñas a todos/as polos vosos parabéns: sei que estades aí e iso me anima a seguir cada día co blog e a consultar moitos outros que leo a cotío. Creo que entre todos/as estamos a descubrir un marabilloso mundo de comunicación que tamén pode suplir as vellas tertulias -como di Marcialg- ou sequera complementalas; o ideal sería que existisen ámbalas dúas cousas. Todo o que sexa comunicarse nos enriquece.
tamén veño por aca a cotío (mais dunha vez, moitos deses días) coma quen va a unha clase que lle gusta moito moito. Graciñas Marcos!
Publicar un comentario