27 oct 2006



Pastor de cabras.

Así o chamaba Pablo Neruda no emocionado poema “A Miguel Hernández, asesinado en los presidios de España”. Poeta campesiño, poeta pastor, de orixes ben humildes. Como Serguei Esenin (na imaxe), tamén neno campesiño na Rusia soviética: “La casucha sin mí se encorva,/ el perro viejo estiró la pata./ Por lo visto habré de morir/ en las calles tortuosas de Moscú”. Tamén no noso país houbo escritores de raíces ben campesiñas: como Manuel García Barros ou o Balbino-Xosé Neira Vilas. Pero a maioría procedían, proceden, da pequena burguesía vilega e do mundo funcionarial. Aínda que houbo algunhas excepcións. Citemos agora dúas: Xesús San Luís Romero, autodidacta e só con estudos primarios no seu Carballo natal; emigrou, aprendeu o oficio de zapateiro, escribiu teatro social e anticaciquil. Ou o Antón Avilés de Taramancos, a servir unhas cuncas na súa taberna de Noia...


Un poema de S. Esenin

Hasta luego, querida, hasta luego.
Dulce mía, te llevo en el pecho.
Esta despedida inaplazable
nos promete un encuentro en el futuro.

Hata luego, querida, sin manos, sin palabras,
no te aflijas, no entristezcas las cejas.
En esta vida no es nuevo morir,
pero vivir tampoco es más nuevo.

(S. Esenin. El último poeta del campo, traducción directa do ruso de José Fernández Sánchez. Prólogo de Máximo Gorki. Visor, Madrid, 1974).
Autor de curta vida, sobre a obra de Esenin escribiu Trotsky un interesante texto.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

A ver se algúns seguen a poñer aquí (como fixeron noutros posts) os apuntes de literatura española de COU, ó que son tan aficionados.

Anónimo dijo...

Non, ho, que en COU só lles deron ao de Orihuela, non a Esenin e os rusos.

Marcos Valcárcel López dijo...

Se vai por min, que non creo, dicirlles só que na Literatura Española que eu daba (por aí anda o vello libro de texto) creo que nin se citaba ó de Orihuela. E de García Lorca viñan catro liñas e unha biografía de dúas que remataba así: "Murió en 1936" (sic). Había en cambio varios poetas falanxistas e católicos ben reseñados dos que xa ninguén se acorda.

Anónimo dijo...

Non ía por vostede, penso.

Anónimo dijo...

Como ironizaba O. Mandelstam (o escritor e poeta xeorxiano)cando se enteraba da morte dalgún escritor (referindose á Unión Sovietica): ¨Non hai que queixarse. Este é o uneco país que respeta á poesia. En ningún outro lugar acontece esto...¨. Morreu camiño de Kolyma (Siberia) en 1938.

Anónimo dijo...

Esqueceuse algo, repito:¨Non hai que queixarse. Este é o uneco país que respeta á poesia: Matan por ela. En ningún outro lugar acontece esto...¨.

Marcos Valcárcel López dijo...

Magnífica cita, señor Roi Queimado, como é habitual nas súas intervencións.

Anónimo dijo...

Mandelstam escolleu o seu destino. Recitou nas reunións un poema contra Stalin, consciente de que un delator acabaria por traizoalo. O poema non existira nunca no papel, estaba na cabeza de Maldelstam. Morreu camiño do Auschwitz comunista, unha fabrica de morte coma Kolyma (recomendo o escrito de Kapuscinski sobre Kolyma no seu libro ¨O Imperio¨). Mentres Gorki insistía: "hai que exterminar ó inimigo sen cuartel nin piedade, sen prestar a menor atención ós xemidos e suspiros dos humanistas profesionais"

Anónimo dijo...

Celebro que Roi Queimado faga mención a un aspecto fundamental do estalinismo e do que (qué curioso) ninguén fala en Galicia: as purgas do "Gran Terror" en xeral, e a dos intelectuais en particular.

Boto man de tres libros fundamentais ao respecto.

O de Vitali Chentalisnki, "De los archivos literarios del KGB" (Madrid, Anaya & Mario Muchnick, 1994), de onde tiro o dato de Manddelshtam: "Detido en 1933, deportado, desterrado despois a Vorónenezh... detido de novo en 1938, morreu nun campo siberiano" (p. 505).

O de Anne Appelbaum, "Gulag. Historia de los campos de concentración soviéticos" (Barcelona, Debate, 2004), de onde copio que "Desde 1929, ando comezou a gran expansión do Gulag, até 1953, ano en que morreu Stalin, as estimacións máis precisas indican que uns 18.000.000 de persoas pasaron por este sistema masivo. Perto de 6.000.000 foron enviadas ao exilio, deportadas aos desertos de Kasaj ou aos bosques siberianos" (p. 21).

O de J. Arch Getty e Oleg V. Naumov, "La lógica del terror. Stalin y la autodestrucción de los bolcheviques, 1932-1939" (Barcelona, Crítica, 2001), de onde copio: "As secuelas do terror, que se prolongaron durante moitas décadas, constitúen unha catástrofe humana... Os supervivintes dos campos estalinistas nunca volverían ser os mesmos... Unha xeración enteira de cidadáns soviéticos non soubo que pasara cos seus amigos e familiares; unha xeración enteira de nenos preguntarían toda a súa vida polo destino dos seus pais" (p. 471).

Marcos Valcárcel López dijo...

Interesante achega, APC. Quedan incorporadas as miñas fichas bibliográficas sobre o estalinismo. Grazas.

Anónimo dijo...

Non me lembro niste intre, mais lin nalgures cunha das primeiras detencións de Maldelstam foi porque no seu libro Viaxe a Armenia non facia ningunha mención a grande obra de Stalin. E dicir non había eloxios e ningunha glorificación dos logros do socialismo.

Anónimo dijo...

Por certo, sempre me extranou que todo o mundo coñece Auschwitz e poucos Kolyma... Sera ise silencio interesado dos intelectuais ¨progresistas¨ que non piaron durante moito tempo .... Como dicia Stalin: ¨Un morto é unha traxedia, millóns de liquidados unha estatística¨