LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
4 comentarios:
O PP sempre ten de dar a nota, chamar a atención da súa "superioridade pensante".
Por certo, Marquiños: Moitas grazas pola túa mensaxe no post sobre Cortázar. É ben certo que os xenios sempre destacaron noutras artes. Agrádame que cites, como non, ao ourensán Eduardo Blanco Amor. Tamén foi "un mago" que fotografiaba cos seus sensibles dedos boca abaixo, boca arriba ou incluso dende o aire.
Unha aperta entre tinta, acuarelas
e obxectivos de cámaras inquietantes.
Yoli :-)
Súmome ao desexo do señor Marcos de que o proceso de paz remate ben. A posición do PP non é só un erro histórico, que sería o de menos. O peor é que farán todo o que estea na súa man para que fracase, de feito xa o están a facer. Andan a usar todo o seu aparello de comunicación e todas as súas organizacións afíns para pór paus na rodas do proceso.
Ninguén sabe cando, e sobre todo como, vai ser o fin, sen ameazas de retorno, da violencia no conflito vasco. O que hai que facer é intentalo, e para eso o goberno Zapatero conta co apoio de todos os grupos políticos agás o Partido Popular. En calquera caso a actual tregua, e os máis de tres anos sen vítimas é un primeiro paso no camiño da eliminación da violencia, situación que dificilmente se tería dado de seren as responsabilidades de goberno do PP.
É moi forte o que vou dicir, pero teño a convición de que o que máis desexaría a dirección do PP é algún morto de atentado etarra que parase o proceso de paz. Para a súa estratexia de recuperación do goberno canto peor mellor.
Tristemente, eu tamén creo, como "Un amigo", que a algúns lles beneficiaría un atentado de ETA: ó cabo sobre iso basearon a súa estratexia moitos anos e moito rendemento electoral lles deu. Iso non quita que o proceso sexa moi difícil (como foi e é en Irlanda e noutros lugares) e que haxa que ter un especial cuidado cos que máis o sufriron, as vítimas do terrorismo. A reconciliación en Euskadi (tamén por parte das familias dos presos e mortos etarras) tardará, de seguro, cando menos unha xeración. Ou máis. Pero ogallá os nenos que agora inicien a súa vida escolar non teñan xa que vivir a tolemia do terror e poidan aprender a pensar libremente, sen ser vítimas do odio e o desespero.
Amén.
Publicar un comentario